Autor/a

Prehistoriador, escritor e colaborador xornalístico. Membro do Consello do Foro Social Galego. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

25S: o goberno conservador de Rajoy liquida os derradeiros vestixios de democracia no Reino de España
25S: o goberno conservador de Rajoy liquida os derradeiros vestixios de democracia no Reino de España
A Miguel Quinteiro –a quen aprecio persoal e intelectualmente-
e ás demais persoas detidas o ,
así como ás compañeiras e aos compañeiros do
partido,
entendendo por
partido a facción do pobo
que está a loitar por unha transformación radical da sociedade.

O Reino de España, mesmo o que se instituíu trala coroación do rei Xoán Carlos I –lembremos que o nome oficial do Estado español dende o 18 de xullo de 1947 é a de Reino de España, aínda que a xefatura de Estado recaía nun non-rei: Francisco Franco, segundo o artigo 2º da Lei que proclamaba a España reino- e se dotou da Constitución de 1978 como máxima norma xurídica, nunca foi unha exemplar, sobre todo na medida en que os seus fundamentos políticos chantan nunha tremenda desigualdade.

Efectivamente, malia que a propia Constitución española de 1978, no seu artigo 14º establece que “os españois –as españolas non son visibles neste texto-, son iguais ante a Lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”, o certo é que o mesmo texto constitucional establece unha discriminación profunda e radical entre todo o corpo da ‘Nación española’ –axiña retomaremos estoutra desigualdade-, e os membros e membras dunha familia: a dos Borbón, na que recae o privilexio de ser os únicos candidatos –tampouco no seo desta familia se cumpre o principio de igualdade que di rexer o ordenamento xurídico español a Constitución de 1978, pois as mulleres están excluídas do dereito á sucesión no caso de existir un home entre os descendentes directos do Rei-, a ocupar a xefatura do Estado. Quere dicir, o acceso á máxima autoridade política do Estado –a xefatura do Estado-, é un privilexio recoñecido a uns poucos e negado á inmensa maioría do pobo, que en condicións democráticas debería ter libre acceso a postularse para ocupar esa institución política e debería, tamén, ter o dereito lexítimo a elixila periodicamente.

Do mesmo xeito, malia que a propia Constitución española de 1978 recoñece no seu artigo 2º “o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que integran” a ‘Nación española’, o certo é que o mesmo feito de recoñecer a existencia dunha ‘Nación española’, que segundo ese mesmo artigo é “a patria común e indivisible de todos os españois”, supón, de feito, negar a existencia nacional dos pobos peninsulares (galego, catalán ou vasco), que, como por outra parte recoñece a mesma Constitución, non gozan dos mesmos dereitos que a ‘Nación española’: lembremos, por exemplo, o deber constitucional de coñecer o castelán fronte ao dereito constitucional a coñecer outras linguas do Estado (galego, catalán…).

Non esquezamos, por outra banda, que o feito de non ter recoñecida como oficial ningunha relixión, non implicou unha retirada dos privilexios dos que gozou a Igrexa católica durante o franquismo; ao contrario, foron ratificados polos Acordos coa Santa Sé do 3 de xaneiro de 1976 –asinados nesa data para darlle aparencia de constitucionais.

Ora ben, nos últimos anos –dende 1984 ou 1992, segundo se mire-, asistimos a un proceso de liquidación dos escasos dereitos conquistados polo pobo no marco da democracia burguesa española e recollidos, entre outros textos, na Constitución española de 1978, que recoñece un número importante de dereitos á igualdade civil (dereito ao matrimonio con plena igualdade xurídica para a muller –superando así etapas anteriores nas que a muller estaba xuridicamente sometida ao home-, dereito ao divorcio –regulado por lei en 1981-, igualdade da poboación estranxeira residente en España –agás no referido ao dereito á participación política-…), de dereitos políticos e liberdades civís (liberdade ideolóxica e persoal, dereito á intimidade e a inviolabilidade do domicilio, liberdade de residencia e circulación, liberdade de expresión, dereito de reunión, dereito de asociación, dereito de participación e ao sufraxio universal…), de dereitos sociais (educación, vivenda, sanidade, acceso á cultura, fomento do deporte, medio ambiente e calidade de vida…) e económicos, aínda que sempre dentro do marco do capitalismo, sistema desigual onde os haxa, e no Estatuto dos Traballadores –as traballadoras non estaban visibilizadas nesa norma legal-, de 1980.

Efectivamente, se entre 1982 e 1992 asistimos a un proceso de desmantelamento da capacidade mobilizadora do movemento obreiro –azoutado pola reconversión, o desemprego e a precariedade laboral-, a unha farsa democrática –o referendo pola permanencia de España na OTAN de 1986- e ao inicio da cesión da soberanía nacional en mans de institucións políticas europeas, o certo é que dende 1992 estamos a sufrir un brutal recorte dos nosos dereitos e das nosas liberdades en beneficio, exclusivamente das clases dominantes. Velaí están, xa que logo, a modo de ilustración os seguintes feitos:

  • as sucesivas contrarreformas laborais, que converteron o dereito ao traballo no exercicio dunha actividade completamente precarizada (contratos lixo, despedimento case-libre, recortes salariais, prolongación extenuante da xornada laboral…) na que a traballadora ou o traballador cada vez está máis soa ou só ante o patrón (nesa dirección camiñaron todos os intentos por recortar a celebración do dereito a un convenio colectivo);

  • a fiscalidade regresiva, que supón o maior transvase de riqueza dende as clases populares cara ás clases podentes –lembremos, neste sentido, que as rendas do traballo representan cada ano unha porcentaxe menor do PIB que as rendas do capital e lembremos, tamén, que as desigualdades sociais están ampliándose nestes anos de crise-;

  • a burbulla inmobiliaria, que converteu o dereito á vivenda nun privilexio en mans duns poucos e, sobre todo, nun mecanismo para endebedar as familias das clases populares e enriquecer á patronal dos sectores da construción, inmobiliario e financeiro –a través das hipotecas-;

  • os recortes en educación, que están a converter o dereito á educación nun privilexio ao que teñen acceso uns poucos, en tanto que se están a degradas as condicións obxectivas para dar un ensino de calidade como consecuencia da alta concentración de alumnado na aula, da imposibilidade de exercer un ensino individualizado…;

  • os recortes en sanidade, que xa están a provocar un retroceso da esperanza de vida entre as clases máis desfavorecidas e que está a deixar fóra do sistema sanitario público a milleiros de persoas aos que se lles nega o dereito ao acceso á sanidade;

  • os recortes nos servizos de atención á persoas dependentes, que están a provocar un retroceso nos dereitos de igualdade de oportunidades e na integración social, así como unha volta á reclusión na casa das persoas dependentes e das persoas que están ao seu cargo;

  • a manipulación informativa, que fai imposible a existencia dun dereito a información verza e fidedigna;

  • a externalización dos actos administrativos, que se deixan en mans de empresas privadas;

  • a crecente presenza na esfera política da Igrexa católica, que está disposta a deixar fóra da legalidade a quen non comparta os seus mesmos principios doutrinais (ilegalizar o aborto –ou revisar ese deiro á baixa-, significa deixar fóra da lei a quen aborte, así de simple!);

  • o recorte do poder dos concellos pequenos en mans das deputacións, uns organismos opacos e escasamente democratizados;

  • a redución das persoas liberadas da súa actividade laboral para dedicarse a tarefas sindicais (ben sabe a patronal que é difícil negociar unha orde, un decreto, unha medida tomada na empresa…, se non se ten tempo para analizar a fondo a proposta; ben sabe a patronal que para construír alternativas fan falta persoas con ideas e con tempo para expresalas en proxectos e programas alternativos; ben sabe a patronal que coas cifras na man pódense dicir cousas ben distintas e que para contrarrestar o discurso da patronal é necesario analizar os datos con calma…);

  • o incumprimento das promesas electorais, sen que iso supoña ningunha consecuencia política para quen accedeu ao goberno cun programa diferente do que está desenvolvendo dende o poder….

Aos que se deberían sumar outras contrarreformas, como a concentración de concellos (presentada como unha medida que suporía un grande aforro, realmente o que está detrás é o intento por dificultar o acceso da oposición ao goberno: velaí está o exemplo de Compostela, gobernada polo PP por unha presada de votos, quere concentrarse co concello de Boqueixón, un bo celeiro de votos conservadores, pero non con Teo ou Ames, que poderían apartar para sempre ao PP do poder local…), a diminución de cargos electos nas cámaras de representación política (unha medida que dificultará o acceso da oposición a esas cámaras e cargará de traballa a quen acceda a unha representación política en solitario…)… medidas, todas, pensadas para reducir a democracia a un envoltorio baleiro de contidos políticos.

Feitos, xa que logo, que reducen á cidadanía á diversas condicións: súbditos e súbditas, crentes, traballadores e traballadoras, clientes, consumidoras e consumidores…, pero non cidadás e cidadáns, o que mostra que os gobernos do Reino están e estiveron nos últimos anos ao servizo das clases dominantes, lonxe, xa que logo, de servir ao pobo.

Non obstante, a estratexia deste goberno –e dos seus voceiros nos medios de comunicación-, de criminalizar a oposición política –lembremos que non houbo ningunha persoa imputada en relación coa rebelión cidadá do , malia que os que agora gobernan así o pedían-, supón a definitiva liquidación dos derradeiros vestixios de democracia: o exercicio do dereito á manifestación, o dereito á liberdade de expresión…, en tanto que se quere imputar ás persoas detidas no exercicio das liberdades civís e dereitos políticos o delito de sedición, rompendo dese xeito as regras básicas da democracia, aquelas que din que a oposición non é nin inimigo –así foron cualificados os e as estudantes dun instituto de Valencia por un mando policial- nin traidor á patria –que é o que significa imputar o cargo de sedición-.

Ah! É certo, aínda nos queda o dereito ao sufraxio universal para exercelo no que se vén chamando ‘a festa da democracia’, na que ‘libremente’ eliximos ás persoas que queremos que nos representen no Parlamento, ‘o sancta sanctorum da democracia’ –esta idea, nesgada no sentido do xénero, tense escoitado en moitas ocasións a dirixentes de diferente condición ideolóxica-. Porén, esas mesmas persoas non din que ese Parlamento está secuestrado, no sentido de ocupado, polos representantes do gran capital e intervido polas forzas do capital internacional (FMI, BCE e Comisión Europea); como tampouco nos din que esa liberdade de elección é limitada e está completamente mediatizada polos medios de comunicación –que son empresas privadas que teñen intereses privados- e polo capital investido nas campañas electorais –que é un capital prestado por grupos financeiros que teñen intereses privados-….

Daquela, fronte a esta situación cómpre abrir un proceso constituínte que culmine coa proclamación dunha república democrática… e nesa tarefa non sobra ninguén.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning