Autor/a

Prehistoriador, escritor e colaborador xornalístico. Membro do Consello do Foro Social Galego. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

A democracia burguesa fronte ao poder do pobo
A democracia burguesa fronte ao poder do pobo

Fronte o discurso dominante, que insiste en que vivimos nun ‘Estado social e democrático de Dereito’, así o establece o artigo 1.1. do texto constitucional de 1978, o certo é que mentres o sistema económico dominante sexa o capitalismo, a non ten posibilidades de desenvolverse no seu sentido máis básico, aquel que sinalaba o Zêca en Grándola, vila morena: “o pobo é quen máis ordena”. Eís o sentido fundamental da democracia, da soberanía popular: o poder do pobo. Unha tese que poderíamos resumir deste xeito: a democracia e o capitalismo son incompatibles.

A historia ofrécenos numerosos exemplos desa incompatibilidade. Velaí van algúns.

  • Xullo de 1936, logo dun proceso democrático exemplar, o que levara á Fronte Popular ao goberno da República, as forzas do capital, aliadas cunha parte do exército e coa Igrexa, truncaron brutalmente, mediante a forza das armas, a expresión da vontade popular.

Máis exemplos:

  • golpe de Estado contra o presidente guatemalteco Arbenz en 1954;
  • o golpe de Estado do xeneral Suharto en Indonesia en 1965;
  • o golpe de Estado dos coroneis en Grecia en 1967;
  • o golpe de Estado contra o presidente venezolano Hugo Chávez en 2002 –afortunadamente frustrado polo pobo-;
  • o golpe de Estado ‘constitucional’ que apartou da presidencia de Honduras ao liberal Manuel Zelaya en 2009, no momento en que comezaba a aplicar políticas de benestar social traizoando así ás clases dominantes que o apoiaran;
  • o golpe de Estado ‘parlamentario’ contra o presidente Fernando Lugo no Paraguai no ano 2011…;

pasando polos intentos de desestabilización en países como Ecuador ou Bolivia, onde a democracia avanza no sentido ‘democrático’ –perdoade a redundancia- e popular, ou mesmo as actividades da rede Gladio, que actuou en diferentes países de Europa para impedir que os comunistas chegasen ao poder por medios democráticos, ou inclusive a ilegalización dos partidos comunistas en países de ‘fonda tradición democrática’, como a República Federal Alemá.

Con todo, o maior exemplo desta incompatibilidade ofrécenolo un ilustre demócrata do mundo libre: o que no seu día foi secretario de Estado norteamericano, Henry Kissinger, quen xustificou o golpe de Estado contra a democracia chilena en 1973 alegando que “se hai que escoller entre sacrificar a economía ou a democracia, hai que sacrificar a democracia”, entendendo por economía, a economía capitalista, non calquera economía.

Alguén, quizais de xeito ben intencionado, retrucará que na segunda posguerra mundial si foi posible a convivencia entre democracia e capitalismo: velaí os Estados do benestar. Porén, fronte esa alegación cómpre responder que esa democracia só foi posible:

  • primeiro, como consecuencia da correlación de forzas entre as clases populares e as clases dominantes, que lles fixo imposible someter o Estado aos intereses debido á fortaleza do movemento obreiro e, en xeral, dos movementos sociais;
  • segundo, debido á presenza dun potente bloque socialista que exerceu unha poderosa influencia no mantemento do Estado do benestar nas ‘democracias occidentais’, tan só hai que constatar o feito de que o colapso histórico dese bloque derivou no esmorecemento progresivo do Estado do benestar; e,
  • terceiro, grazas á dependencia dos países da periferia capitalista, nos que a democracia apenas era un soño… -lembremos as ditaduras da periferia europea: España, Portugal…, e mundial: Arxentina…

Neste sentido, para non enganarnos, deberiamos botar unha ollada analítica ao pasado para comprobar que cando a burguesía gozou dunha posición hexemónica –ben como consecuencia do escaso desenvolvemento da conciencia de clase do proletariado ou ben como consecuencia da súa brutal represión-, a súa estratexia política nunca foi democrática, oscilando entre a democracia dos señores, o bonapartismo ou o caciquismo, formas que supuñan a exclusión da participación política do pobo, e a súa supresión: velaí os fascismos e as ditaduras de antano e hogano.

Daquela, perante esta evidencia, cómpre reflexionar en serio sobre a razón da incompatibilidade evidente entre democracia e capitalismo. Quizais non sexa este final de artigo o momento máis axeita para reflexionar sobre esta cuestión, deixarémolo para outra ocasión, pero si que se poden mencionar algunhas razóns: o capitalismo, aínda que non creou as desigualdades –que teñen a súa orixe na formación das primeiras sociedades tributarias trala revolución neolítica-, precisa desas desigualdades preexistentes para desenvolverse e reproducirse:

  • das desigualdades sociais, que fan imposible a existencia do ‘libre mercado’, un dos piares fundamentais do liberalismo económico: o acceso ao mercado vén determinado pola nosa pertence a unha clase social determinada: posuidoras dos medios de produción ou desposuída dos medios de produción;
  • das desigualdades de xénero, visibles aínda en tantos aspectos na sociedade: na desigualdade salarial, no teito de cristal, na invisibilación da muller en tantos ámbitos da sociedade, na infravaloración do traballo doméstico…
  • das desigualdades entre o centro e a periferia, tanto na escala internacional como na escala estatal, rexional ou local.

Desigualdades que apancan a explotación de clase, a explotación de xénero, a división internacional do traballo e a explotación da natureza e dos recursos naturais…; desigualdades nas que está profundamente a crise sistémica que estamos a padecer…; desigualdades que provocan exclusión, marxinación, pobreza, fame, guerras e destrución… morte! O capitalismo é un sistema económico criminal!

Obviamente, un sistema que se fundamenta na desigualdade, nos desequilibrios, na explotación para reproducirse e sobrevivir é completamente irredutible a un sistema político que defenda o poder do pobo, a igualdade –non só xurídica- do pobo, o control activo das actividades económicas, o sometemento das actividades económicas ás necesidades do pobo… O capitalismo non precisa dun sistema así, pero –polo de agora, no estado actual de desenvolvemento político das sociedades-, non pode prescindir dunha faciana democrática para garantir os seus intereses. Velaí a razón pola que se esforzan en manter as aparencias dun sistema democrático representativo baleirado de calquera exercicio de soberanía popular.

O capitalismo, non o dubidemos, tan só pode coexistir coa democracia cando esta sirve aos seus intereses –ou a correlación histórica das forzas populares non lle permitía outra posibilidade-, polo que cómpre concluír que actualmente vivimos nunha ilusión democrática, na que os nosos dereitos rematan cando entran en contradición coas leis do capital, velaí están a precarización laboral (recortes salariais, despido libre…), a dificuldade para acceder a unha vivenda digna, a privatización dos servizos sociais e públicos…

En definitiva, a democracia precisa cidadáns; pola contra, o capitalismo precisa de proletarios e de proletarias, de homes e mulleres libres para vender a súa forza de traballo a calquera prezo e en calquera condición, de cidadáns desposuídos e de cidadás desposuídas de todos os seus dereitos democráticos: do dereito a un traballo digno, do dereito a unha vivenda digna, do dereito a unha educación e sanidade públicas, de calidade e gratuítas… en fin, do dereito a ser donos de seu, a ser plenamente libres.

Daquela, nun momento como o actual, no que estamos a asistir a unha violenta intensificación da loita de clases que a burguesía está a aproveitar para someter ao seu ditado os gobernos electos –inmersos plenamente nunha tarefa de desmantelamento do estado do benestar e fortalecemento dos privilexios das grandes empresas- e someter á súa vontade ás clases populares –extremadamente debilitadas como consecuencia da súa capacidade mobilizadora-, cómpre unha alternativa capaz de penetrar nas institucións de poder -político e económico- para transformalas en institución democráticas, ao servizo do pobo e controladas polo pobo. Velaí o que segue a ser o desafío permanente da : artellar un proxecto político e económico que sexa quen de organizar o descontento e transformar a realidade.

Share
TAGS:  ,
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning