Autor/a

Esther Vivas é ativista política e social dos movimentos a favor da soberania alimentar e consumo crítico. Participou dos movimentos altermundialistas, em várias edições do Fórum Social Mundial e nas campanhas contra as mudanças climáticas. É integrante da Izquierda Anticapitalista.

banner_consello_peq

Categorías

A economía e o capitalismo tínguense de verde
A economía e o capitalismo tínguense de verde

O verde vende. Dende a revolución verde, pasando pola tecnoloxía verde, o crecemento verde até chegar aos "abrollos verdes", que nos tiñan que sacar da crise. A última novidade: a economía verde. Unha economía que, contrariamente ao que o seu nome indica, non ten nada de "verde", máis aló dos dólares que esperan gañar coa mesma aqueles que a promoven.

E é que a nova ofensiva do capitalismo global por privatizar e mercantilizar masivamente os bens comúns ten na economía verde ao seu máximo expoñente. Xustamente nun contexto de crise económica como o actual, unha das estratexias do capital para recuperar a taxa de ganancia consiste en privatizar os ecosistemas e converter "o vivo"? en mercadoría.

A economía verde vai ser, precisamente, o tema central da axenda do próximo Cume das Nacións Unidas sobre Desenvolvemento Sustentábel Río+20, a celebrarse do 20 ao 22 de xuño en Río de Xaneiro, vinte anos despois do Cume da Terra da ONU que en 1992 tivo lugar na mesma cidade. E dúas décadas despois, onde nos atopamos? Onde quedaron conceptos como "desenvolvemento sustentábel" -acuñados noantedito cume? Ou a ratificación da Convención sobre o Cambio Climático, que sentou as bases do Protocolo de Kyoto? Ou o Convenio sobre a Diversidade Biolóxica que se lanzou daquela? En papel mollado, nin máis nin menos. Hoxe estamos moito peor que antes.

Nestes anos non só non se conseguiu frear a mudanza climático, a perda de biodiversidade, parar a deforestación… senón que, pola contra, estes procesos non fixeron senón agudizarse e intensificarse. Asistimos, pois, a unha crise ecolóxica sen precedentes, que ameaza o futuro da especie e da vida no planeta, e que ten un papel central na crise de civilización que enfrontamos.

Unha crise ambiental que evidencia a incapacidade do sistema capitalista para sacarnos da "ruela sen saída" á que a súa lóxica do crecemento sen límites, do beneficio a curto prazo, do consumismo compulsivo…nos conduciu. E esta incapacidade para dar unha "saída" real, vímola claramente tras os errados cumes do clima de Copenhaguen (2009), Cancún (2010), Durban (2011) ou no cume sobre biodiversidade en Nagoya (Xapón en 2010), etc., onde se acabaron antepondo intereses políticos e económicos particulares ás necesidades colectivas da xente e ao futuro do planeta.

Nos ditos cumes expuxéronse falsas solucións á mudanza climática, solucións tecnolóxicas, desde nucleares, pasando polos agrocombustíbeis, até a captura e almacenamento de CO2 baixo terra, entre outras. Medidas que tentan agachar as causas estruturais que nos conduciron á crise ecolóxica actual, que buscan facer negocio coa mesma e que non farán senón agudizala.

Os vínculos estreitos entre aqueles que ostentan o poder político e o económico explican esta falta de vontade para dar unha resposta efectiva. As políticas non son neutrais. Unha solución real implicaría un cambio radical no actual modelo de produción, distribución e consumo, enfrontarse á lóxica produtivista do capital. Tocar o núcleo duro do sistema capitalista. E quen ostentan o poder político e económico non están dispostos a iso, a acabar coa súa "galiña dos ovos de ouro".

Agora, vinte anos máis tarde, quérennos "vender a moto" da economía verde como saída á crise económica e ecolóxica. Outra gran mentira. A economía verde só buscar facer negocio coa natureza e a vida. Trátase da neocolonización dos recursos naturais, aqueles que aínda non están privatizados, e busca transformalos en mercadorías de compra e venda.

Os seus promotores son, precisamente, aqueles que nos conduciron á situación de crise na que nos atopamos: grandes empresas transnacionais, co apoio activo de gobernos e institucións internacionais. Aquelas compañías que monopolizan o mercado da enerxía (Exxon, BP, Chevron, Shell, Total), da agroindustria (Unilever, Cargill, DuPont, Monsanto, Procter&Gamble), das farmacéuticas (Roche, Merck), da química (Dow, DuPont, BASF) son as principais impulsoras da economía verde.

Asistimos a un novo ataque aos bens comúns onde quen saímos perdendo somos o 99% e o noso planeta. E especialmente comunidades indíxenas e labregas do Sur global, coidadoras dos ecosistemas, quen serán expropiadas e expulsadas dos seus territorios en beneficio das empresas transnacionais que procuran facer negocio cos mesmos.

Co cume de Río+20 búscase crear, o que poderiamos chamar, "unha nova gobernanza ambiental internacional" que consolide a mercantilización da natureza e que permita un maior control oligopólico dos recursos naturais. En definitiva, despexar o camiño ás empresas transnacionais para apropiarse dos recursos naturais, lexitimando unhas prácticas de roubo e usurpación. A resposta está nas nosas mans: dicir "non" e desenmascarar a un capitalismo e a unha economía que se tingue de verde.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning