Autor/a

Licenciado en Estudios Internacionais pola Universidade Central de Venezuela e Magíster en Ciencia Política pola Universidade Simón Bolívar. Analista do IGADI. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

A era da protesta
A era da protesta

As inéditas protestas e mobilizacións sociais que actualmente sacoden a dúas “potencias emerxentes” como e Turquía permiten inferir ata que punto a crise económica está dando paso a unha inesperada era da protesta “popular”.

Ambos casos, determinados por   causas aparentemente insignificantes como un proxecto urbanístico en Istambul ou un evento futbolístico en Brasil, identifican puntos de inflexión de heteroxéneas rebelións sociais con efectiva capacidade de proliferación noutros contextos a nivel mundial.

Os casos turco e brasileiro poden ser emblemáticos neste sentido. Semanas de disturbios con epicentro na praza turca de Taksim, mobilizados pola construción dun centro comercial nun céntrico parque de Istambul tiveron a súa reprodución en varios días de protestas en Brasil contra o elevado custe público da celebración da Copa FIFA de Confederacións.

Ó mesmo tempo, están as protestas e mobilizacións sociais que desde 2010 se reproducen case diariamente nunha Europa sumida na cruenta austeridade fiscal e na destrución do Estado social do benestar, símbolo real de medición da unión e prosperidade europea da posguerra, cuxa paulatina desaparición deu curso no pasado recente á creación do movemento dos “indignados”. 

A “globalización” da rebelión urbana

Detrás das mesmas, as explicacións mais frecuentes identificarían unha resposta cidadá contra a imparable dinámica dun capitalismo neoliberal imperante na globalización nas derradeiras tres décadas e portador de enormes desigualdades socioeconómicas.

Curiosamente e aínda que probablemente por distintos motivos e intereses, a preponderancia deste modelo do capitalismo neoliberal globalizado asistiu a dúas revolucións que adquiren un indiscutible carácter histórico: a de 1989 en Europa do Leste e na ex URSS, celebrada polos “gurús” da globalización neoliberal como un “triunfo da liberdade e da democracia”; e a incerta Primavera árabe iniciada en 2011, cuxas causas e consecuencias aínda non logran ser explicadas, acaecida baixo un contexto de crise dese modelo económico.

 En todo caso, esta vaga dunha rebelión con consecuencias aínda incertas afirma un perfil particularmente homoxéneo: corresponde á protesta dunha xeración xoven, profesional e de clase media e popular globalizada, constituída ao amparo do modelo neoliberal pero visiblemente afectada pola crise actual. A rapidez e intensidade da mobilización popular se acelera ante a eficaz proliferación de medios de comunicación “globalizados” polas redes sociais, un resgo distintivos destes tempos.

Paralelamente, a desproporcionada e brutal represión policial contra os manifestantes principalmente pacíficos (tal e como se veu en Turquía e Brasil) revela igualmente cómo o “poder”, incapaz de entender a magnitude destas protestas, reacciona inmediatamente botando man do autoritarismo e da represión para silenciar as mesmas, afirmando así malos tempos para os dereitos humanos.

Se este perfil da protesta pode considerarse parcialmente acertado, estaríamos asistindo a unha dinámica nula ou escasamente asociada a imperativos de carácter  ideolóxico ou político. O “rebelde do século XXI” mobilízase polas dificultades da vida cotiá, cuxo impacto teñen unha repercusión moito máis inmediata na súa vida social que calquera consideración de índole ideolóxico. Aínda así, estas protestas teñen un síntoma común: revelan o descontento contra un sistema de elites enriquecido e beneficiado pola globalización neoliberal, coas súas perniciosas consecuencias en canto ás desigualdades socioeconómicas e o déficit de democracia e de participación política.

Non obstante, este perfil da protesta non oculta as características arraigadas dos conflitos inherentes en cada sociedade ou comunidade. O mundo parece agora coñecer que Turquía, unha nova “estrela emerxente” no panorama internacional, en realidade é un país fortemente polarizado por unha complexa amalgama de sectores laicos e seculares, islamitas e relixiosos, progresistas, ecoloxistas, etc. Pola súa banda, as manifestacións nos arredores dos estadios de Brasilia, Río de Xaneiro ou Săo Paulo parecen querer explicarnos que non todo é tan festivo nun país tradicionalmente estigmatizado pola samba e o fútbol, chamado a constituírse nun polo alternativo no mundo multipolar igualmente globalizado do século XXI.

Unha “revolución das clases medias”?

Se a protesta cidadá estase impoñendo a nivel mundial, ¿pódese considerar que estamos ante a “revolución das clases medias”? ¿Estamos falando de clases populares e pobres que na derradeira xeración logran ascender no estrato social, ata constituírse en “clases medias” profesionais e urbanas, progresistas e “globalizadas? Estamos ante unha hipótese tan complexa como contraditoria, tomando en conta que este estamento socioeconómico (a clase media) constitúe tradicionalmente un segmento conservador, dinámico pero aparentemente receoso da protesta, aínda que actualmente “pauperizado” pola crise, os salarios precarios, os deficientes servizos públicos, a falta de oportunidades laborais, a indignación ante o poder das elites e a baixa calidade dos mecanismos de participación política.

Por tanto, ¿pode esta situación dar curso a unha rebelión “contra o sistema”? ¿Ou é que máis ben podemos inducir que xa non existen “clases medias” senón mais ben clases populares empobrecidas pola crise? É posible que tres décadas de preponderancia dun ficticio modelo de prosperidade socioeconómica derivada nunha “economía de casino” estean provocando unha inesperada ola de protestas e mobilizacións de colectivos que aparentemente nunca se plantexaran seriamente a posibilidade da rebelión e da protesta.

Estamos, por tanto, ante outra consecuencia dunha crise que, en perspectiva histórica, explica a aparición de fenómenos sociais que marcan o final dunha era e as incertezas propias da asunción dun novo ciclo.

Share
TAGS:  ,
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning