Autor/a

Nado en Lyon (Francia), 16 de febreiro de 1970. Licenciado en Filoloxía Románica pola USC. Na actualidade docente de lingua francesa no CPI Pontecesures. Especialista na lírica dos trobadores románicos. Activista político e social, milita no Partido Comunista de Galicia, sendo membro do Comité Central; é igualmente membro da executiva de Esquerda Unida, onde desenvolve a responsabilidade de Secretario de Movementos Sociais; coordinador comarcal de Esquerda Unida en Compostela. É membro do Foro Galego de Inmigración e do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

A estratexia neoliberal na educación
A estratexia neoliberal na educación

Artigo escrito a dúas mans por Alfredo Iglesias Diéguez e mais Xabier Ron, traballadores do , militantes comunistas e membros do Consello Editorial de Altermundo.

CARA A UNHA XESTIÓN EMPRESARIAL DO PÚBLICO

Que é ou debe ser a educación?

A tradición da democracia ilustrada considera a educación como unha ferramenta fundamental na transformación das sociedades en tanto que cumpre os seguintes requisitos:

  1. o pleno desenvolvemento das capacidades físicas, psíquicas e emocionais do individuo, garantindo a plena formación de cadaquén dentro dos seus límites físicos ou intelectuais;
  2. a formación de cidadáns e cidadás capaces de construír xuízos de valor propios, con capacidade crítica e autonomía persoal (emancipación);
  3. finalmente, como consecuencia do anterior, exerce un papel de primeira orde na eliminación das desigualdades sociais de orixe.

Por iso, acollendo eses principios defendemos unha escola pública universal, coeducadora, democrática, integradora, de calidade, participativa, laica, galega, científica e diversa, que é a única que pode satisfacer o obxectivo que se pretende coa educación nesa tradición política.

Cal é, en realidade, o seu rol?

Acertaba o sociólogo francés Pierre Bordieu, ao identificar a misión da educación, moi diferente ao enunciado anteriormente: a reprodución do sistema social, que no capitalismo é un sistema de clases antagónicas, a burguesía e o proletariado. A educación, ao longo dos últimos 200 anos, sinalaba como propios os seguintes obxectivos:

  1. formar a persoas aptas para ocupar un lugar activo na vida económica, social ou cultural;
  2. formar cidadáns capaces de contribuír á consolidación das modernas sociedades democráticas;
  3. asegurar a igualdade de oportunidades para todas as persoas; e,
  4. promover o desenvolvemento individual de cadaquén.

Os catro obxectivos son complementarios e, como ben ten observado Nico Hirtt no seu libro Os novos amos da escola (2003), agochan catro funcións fundamentais: a función laboral, a función ideolóxica, a función de reprodución social e a función de socialización, que, obviamente, teñen unha historia propia e se mesturan en diferentes combinacións ao logo do tempo, sempre como resultado do equilibrio de forzas, entre o capital e o traballo, no campo de batalla que é a sociedade.

A esencia da escola capitalista

Agora mesmo estamos en tempos de crise, sobre todo no noso país. Pouco hai que dicir que non se teña dito ao respecto; non obstante, queremos salientar que a esa situación de crise non se chegou por unha casualidade. A crise é a escusa perfecta que as clases dominantes: a burguesía financeira e os seus aliados de clase, fomentaron para lograr a derrota definitiva das clases populares, cada vez máis desmobilizadas e desideoloxizadas. Só dende esta perspectiva se pode entender que a burguesía estea a conseguir que a educación se reduza ao exercicio das dúas funcións que máis lle benefician como clase social. A primeira, a función reprodutora, lógraa afondando as desigualdades sociais, fomentando dúas redes educativas paralelas: unha privada –incluíndo aquí a rede concertada–, que recibe todos os apoios do Estado, e outra pública, que sofre todos os desinvestimentos e recortes de persoal. A segunda, a función laboral, lógraa transformando a escola nun centro de formación de traballadoras e traballadores, desatendendo cada vez máis outros aspectos formativos, relacionados co desenvolvemento integral, físico, intelectual e emocional do alumnado.

Para este éxito da burguesía foi preciso que os axentes do sistema educativo fixesen seu o “discurso do cambio”. Un discurso que se inscribía no sendeiro da “necesidade” de adaptar a educación e o sistema escolar ás novas condicións, sempre modernas e anovadoras, proclamadas polo capital para os restantes eidos da vida en sociedade. De forma moi meticulosa, coma o certeiro xesto de cirurxán, ía construíndo, difundindo e inoculando un sistema normativo de conduta e pensamento. E isto, no noso país, despois, xusto despois, da longa noite de pedra. Ademais, non o esquezamos, a oligarquía española non gañou unha guerra para logo perder na Transición, polo que, se ben aceptou algunhas condicións dos de abaixo –democratización do ensino, por exemplo–, non estaba disposta a renunciar ao seu obxectivo de clase: a derrota das clases populares, para o que precisaba difundir un discurso favorable aos seus intereses e desmantelar a función democratizadora do ensino.

Triunfo das leis da competitividade

Así, pódese explicar que se “normalizara” a xerga que antes só era común para definir o sistema económico imperante. A educación convertíase nun produto máis do sistema económico. Mercantilizáronse o discurso e as funcións da educación –aí están os limiares das leis de educación e as que rexen o sistema universitario para probalo– e a actividade docente pasa a ser vista desde os parámetros da individualidade, da concorrencia polos recursos –as certificacións de excelencia son un mecanismo de diferenciación educativa que recorre ao parámetro economicista–, en definitiva, a actividade educativa pasa a ser definida en función das sacrosantas leis capitalistas da competitividade. O coñecemento debe ser tratado como unha mercadoría máis. E, para encamiñar os cambios de forma correcta, foi preciso que a xerga se tecnificara ao redor da lóxica da competencia e da lóxica da innovación. Déuselle un manto de suposta pedagoxía para que penetrasen de forma acrítica no tecido organizativo, pedagóxico e didáctico. A organización das materias ao redor de competencias obedece a esta perspectiva utilitarista –instrumentalista– que elimina toda forma xenuina de pensamento crítico. Estas lóxicas explican, en última instancia, que coñecementos son útiles, en tanto que rendibles por servir para a “empregabilidade” –e explicaría a caída en desgraza das Humanidades por “inservibles”, “inútiles”.

Os sistemas educativos son tamén o escenario da loita de clases. O proceso de mutación non é irreversible, mais cómpre ter en conta que a ideoloxía e a política son necesarias para recuperarmos o carácter da educación como emancipación da persoa. E nesa ideoloxía e nesa política entran responsables políticos, administración pública, grupos profesionais –docentes, sindicatos,…–, familias e estudantado. En todos estes grupos sociais está o freo-impedimento da deriva neoliberal da escola ou, pola contra, a aceleración da penetración da educación no mercado e a garantía do seu naufraxio.

Existen, claro está, procesos de resistencia. Porén, cómpre afirmar que no noso país, onde existe unha poderosa rede de centros privados con subvención pública, que compite directamente polos recursos cos centros públicos da contorna, o ensino público coñece un enorme proceso de degradación. Isto último responde á estratexia neoliberal seguida polos propios Estados –por moi debilitados que se lles presupoña, participan, ás veces con efusiva alegría, do festín neoliberal–: por unha banda, privatización e, pola outra, xestión empresarial do público. Estas dúas vías son as que, na actualidade, explican o proceso de deformación que padece o sistema educativo e que fai imposible o rol emancipador da educación. A estratexia neoliberal non supón outra cousa que a mercantilización da educación que, ao mesmo tempo, representa:

  1. a elitización do ensino, pois a burguesía xa non precisa dunhas clases traballadoras instruídas e altamente cualificadas: a burguesía quere pobres que lle permitan acumular máis riquezas;
  2. a extensión da proletarización de todo o profesorado, como unha garantía da súa explotación e do sometemento aos intereses ideolóxicos da patronal.

Os recortes na educación

Os coñecidos recortes en educación –tamén en sanidade–, non son unha medida inevitable en tempos de crise, son o mecanismo do que se está a servir a burguesía para lograr o seu obxectivo: degradar e desmantelar o ensino público, que, malia todas as eivas, permitiu que as clases populares mellorasen as súas condicións de vida nos últimos anos; e garantir que a reprodución dos axentes que han protexer a supervivencia do sistema, que se educan nas súas escolas privadas. Neste sentido, temos que ter ben presente que a burguesía española actual non precisa cidadáns e cidadás libres, con autonomía e criterio propio; precisa traballadores e traballadoras que se deixen explotar doadamente, consumidores e consumidoras que estean dispostos a endebedarse por manter un nivel de vida que o salario non lles permite, crentes fieis a unha doutrina alienante que pense por eles e por elas.

Ora ben, cando falamos de recortes, de que estamos a falar? En primeiro lugar, da redución de persoal docente; en segundo lugar, do incremento das rateos, facendo que sexa maior o alumnado presente nas aulas; para seguir con: desmantelamento da escola rural con agrupamentos imposibles, redución de optativas, non cobertura das baixas con persoal substituto dende o primeiro día…, que só servirán para empeorar a calidade do noso sistema educativo público. A estes recortes debemos unir unha notable perda de dereitos laborais do profesorado: eliminación de dereitos adquiridos como as licenzas por estudos, e dos dereitos salariais –redución da contía dos complementos específicos, modificación dos sexenios…–, que significan unha clara perda de masa salarial por parte do profesorado e precarización da situación do colectivo de interinos e interinas.

Con todo, as agresións tamén veñen dende outras partes: segue a presenza da Igrexa nos centros educativos públicos, introdución da empresa privada nos centros educativos públicos, reconversión de contidos de determinadas materias nun sentido claramente adoutrinante –apoloxía do mercado libre, da libre competencia, do self-made-man…–, eliminación das axudas ás familias –gratuidade dos libros de texto… En fin, un ‘regreso ao futuro’ que só poderemos frear coa loita.

Unha outra escola é posíbel

En pleno “desarrollismo” dos anos da década de 1960, o goberno español puxo en marcha unha Lei Xeral de Educación (1970) que situaba nos 14 anos a obrigatoriedade da educación, pois o Estado debía “atender a la preparación especializada del gran número y diversidad de profesionales que requiere la sociedad moderna”, que se garantiría por medio da FP, á que se accedía logo de rematar os estudos obrigatorios e que se “reservou” para a formación de man de obra cualificada, e o BUP, ao que tamén se accedía ao rematar os estudos obrigatorios e que se “reservaba” a quen buscase acceder á universidade e, xa que logo, destinado á promoción social das clases máis favorecidas. De aí que coas sucesivas reformas educativas promocionasen as xeracións mellor preparadas e formadas da historia española.

Hoxe, debido ao modelo de crecemento económico dos últimos anos –baseado nos salarios de miseria, no endebedamento familiar e no desenvolvemento do sector da construción e dos servizos–, pónselle fin a un modelo educativo que xa non cadra cos seus intereses inmediatos.

Para ter argumentos sólidos fronte á estratexia neoliberal na educación son dunha gran axuda algúns libros aparecidos na última década. Velaí están os libros de Jurjo Torres Santomé, Educación en tiempos de neoliberalismo (2001) e La nouvelle école capitaliste (2011), de Christian Laval, Francis Vergne, Pierre Clément e Guy Dreux, que denuncian as tráxicas consecuencias que se derivan das políticas neoliberais na educación. Tamén Nico Hirtt, Los nuevos amos de la Escuela. El negocio de la enseñanza (2003), analiza a mercantilización e a privatización da educación na Unión Europea e conclúe que se acrecentan as desigualdades sociais dentro dun contexto de perda de dereitos sociais e laborais. Así mesmo, no libro colectivo La Escuela en Europa Occidental. El nuevo orden y sus adversarios (2009), atopamos unha análise das profundas modificacións que se están a desenvolver en Europa ao abeiro da privatización, a descentralización e a reforma dos contidos, que alteran o valor e os obxectivos da educación.

Finalmente, Samuel Johsua en Une autre école est possible! Manifeste pour une éducation émancipatrice (2003), di que unha outra escola é posible, pero temos que salvala da depredación neoliberal en que está situada. Temos que recuperar as súas tarefas iniciais dentro dun marco de cooperación e colectividade. O dereito universal á educación pasa necesariamente pola defensa das traballadoras e dos traballadores da ensinanza, obxecto dos ataques por parte dos estrategas neoliberais.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning