Autor/a

Nado en Lyon (Francia), 16 de febreiro de 1970. Licenciado en Filoloxía Románica pola USC. Na actualidade docente de lingua francesa no CPI Pontecesures. Especialista na lírica dos trobadores románicos. Activista político e social, milita no Partido Comunista de Galicia, sendo membro do Comité Central; é igualmente membro da executiva de Esquerda Unida, onde desenvolve a responsabilidade de Secretario de Movementos Sociais; coordinador comarcal de Esquerda Unida en Compostela. É membro do Foro Galego de Inmigración e do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Carlos Taibo
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

A fábula do Deus-Mercado
A fábula do Deus-Mercado

Todo acontecera un venres. Todo se fixo para honrar ao Deus e aos seus profetas. Son poucos, pero a súa caste domina o mundo. Entraron no xogo democrático para desvirtualo, para dominar á súa vontade á masa. E puxeron o diñeiro necesario para construir imperios mediáticos e financeiros quen de dominar os escenarios de decisión supostamente democrática.

O sacrificio tivo lugar na cova central. Ao redor dun altar de metacrilato conectado ao Deus Mercado, unha cohorte de adoradoras e de acólitos, ornados coas mellores garabatas e portadocumentos de marca e cos mellores bolsos de pel natural e zapatos de marca, brandían extasiados, un coitelo chamado Reforma Laboral. Sobre o altar, atados e indefensos, dous corpos ben seleccionados, o dunha traballadora e o dun traballador. Lanzando vivas ao Deus Mercado, unha tras outra, diferentes rostros que representaban ao BCE, ao , ao BM, á , aos países poderosos da UE, á CEOE, á Banca, en definitiva á dereita e á oligarquía financeira, e realizando o conxuro do eloxio ao coitelo Reforma Laboral asestaban por turnos unha coitelada sobre o traballador, sobre a traballadora. Do altar o sangue fluía a través de tubos cara a unha pantalla de índices de competitividade e acumulación de capital e volvíase de cor verde.

Mentres iso acontecía, en directo a través da rede óptica, millóns de persoas, de xeonllos, observaban o espectáculo. Os profetas dispuxérono todo para que detrás de cada espectador houbese un látego inmaterial: "ou aceptas con abnegada resignación ou 'iso' é o que che agarda. Tes que escoller entre vivir de xeonllos ou morrer desangrado nas oficinas de culto do desemprego".

Algúns xa foran rodeados polos garantes dos profetas e a cada movemento sospeitoso recibian unha descarga de paos. Sempre os alcumaran antisistema e eran seres 'perigosos' para o mantemento da orde mundial.

Outros, menos dos que se pensaría, ousaron erguerse e negáronse a aceptar a chantaxe dos profetas. Ao día seguinte, foron expulsados do 'paraíso' laboral de forma procedente e conforme á norma que emanaba do coitelo do Deus Mercado.

Os demais, dubidaron nun inicio entre erguerse ou seguir de xeonllos. Finalmente, o peso das ataduras económicas de todo tipo, o sentimento de medo ante a morte laboral, provocaron unha aceptación en masa das novas condicións de traballo e que representan unha nova forma de escravitude.

Todo acontecera un venres de febreiro, segundo me contou meu avó. Non acerta, debido ao alzheimer, a dicirme que sucedeu nos meses que seguiron á presentación do sacrificio humano. Díxome que algúns antisistema e contestatarios se uniran, pero non aclarou se os profetas retrocederon ou non. Terei que agardar a medrar un pouco e desfacer a censura que impide a libre información en internet para enterarme.

Tirado de Galicia Confidencial
Share
Deixa un comentario