Autor/a

Nado en Lyon (Francia), 16 de febreiro de 1970. Licenciado en Filoloxía Románica pola USC. Na actualidade docente de lingua francesa no CPI Pontecesures. Especialista na lírica dos trobadores románicos. Activista político e social, milita no Partido Comunista de Galicia, sendo membro do Comité Central; é igualmente membro da executiva de Esquerda Unida, onde desenvolve a responsabilidade de Secretario de Movementos Sociais; coordinador comarcal de Esquerda Unida en Compostela. É membro do Foro Galego de Inmigración e do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

A paixón do capitalismo polas armas
A paixón do capitalismo polas armas

Esta nota pode valer para responder á cuestión que lle formulaba aos lectores e lectoras. O quere . En perfecta consonancia co discurso do medo e securitario que se implantou desde o 11 S de 2001, os orzamentos destinados a gastos armamentísticos non deixaron de medrar de forma insultante… sobre todo se o comparamos en como ese aumento vai en detrimento das partidas sociais.

Un suplemento, ademais, que supón un aumento de golpe do 28%, sobre material recibido polo ministerio, segundo parece no 2010 e no 2011 (segundo o xornalista Isaac Campos, en artigo publicado en esHORA, p. 7, do 14 de setembro de 2012) [Repárese ben no detalle de quen gobernaba e quen goberna para darse conta de que as dúas moedas do capitalismo se dan a man de forma moi entusiasta a este respecto].

Unha guinda máis púxoa o desastroso goberno de Rajoy co Real Decreto-Lei 26/2012 de 7 de setembro, polo que se concede un crédito extraordinario no orzamento do ministerio de defensa para "atender al pago de obligaciones correspondientes a programas especiales de armamento por entregas ya realizadas"…

Cales son esas obrigas?

  • avión EuroFighter-2000 => 1.171.607,69 €
  • helicóptero Tigre => 76.267,14 €
  • Obús 155/52 => 16.065,97 €
  • Misil SPYKE => 27.824,41 €
  • Buque BAM => 187.800,00 €
  • Carro de combate LEOPARDO => 242.337, 28 €
  • Misil IRIS-T => 38.968,56 €
  • Helicóptero UME => 21.181,31 €
  • Sistemas CIS UME => 718,53 €
  •  
  • un total de 1.782.770,89 €

Vemos como o negocio da é moi rendible…

e a desfachatez, a desvergoña do PP (sen esquecernos dos de antes), xa que o actual ministro de Defensa, o gran beneficiado, foi Conselleiro entre 2005 e 2009 da empresa Instalaza SA, principal fabricante de bombas de racimo…

Xa non abraia o intercambio de cromos entre altos cargos públicos e empresas privadas. Sabemos dos favores que estas lles deben aos primeiros. O importante é que se saiba. Que a xente tome verdadeira dimensión de a onde se destina o diñeiro. O noso diñeiro. Ademais, non podemos deixar de mencionar o feito de que ese crédito vaise pagar con débeda pública. De novo, socialización das perdas e privatización dos beneficios.

Cómpre poñerlle fin a este tipo de noxento mercadeo. Limpar ben os ollos. Lavar ese pó que impide unha clara visión dos feitos. Informarse de forma plural e logo facerse unha boa panorámica dos sucesos actuais. E votar en consecuencia.

Cómpre recuperar aquilo de que hai que botalos votando… Porque, como iremos documentando ao longo de todos estes días, hai moitas probas de como o diñeiro de todas as persoas se destina a intereses que van precisamente contra o benestar de todas esas persoas.

 
miroir_rougeb
Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning