Autor/a

banner_consello_peq

Categorías

A “primavera” árabe convoca ao movemento altermundista
A “primavera” árabe convoca ao movemento altermundista

As mulleres darán o puntapé "oficial" anticipando coa súa asemblea mundial a apertura da 12ª edición do (FSM) este 26 de marzo.

Horas despois, a tarde do mesmo martes, unha manifestación na capital tunisiana marcará, como é xa habitual nestes eventos, o arranque da cita altermundista. A marcha iniciarase na Praza 14 de xaneiro, data emblemática que lembra o inicio, en 2011, da Revolución dos Xasmíns.

Mulleres en acción e mobilización de rúa, no marco da transición democrática, subliñan os aspectos esenciais deste primeiro FSM no Magreb, 12 anos despois de Porto Alegre 1.

Nun contexto político complexo e desafiante. No cal, logo da insurrección do 2011 que volteó a Ben Alí, as tensións crecentes entre islamismo radical no goberno e forzas democráticas opositoras acaparan o escenario político deste país de dez millóns de habitantes.

O Foro Social Mundial coa súa concorrencia prevista de milleiros de participantes -entre 30 e 50 mil de 127 países diferentes, segundo as estimacións dos organizadores- poderá significar unha bocanada de aire fresco para o país. Apenas sete semanas despois do asasinato do recoñecido dirixente opositor de esquerda Chokri Belaid, acto criminal que fixo explotar a carraxe popular.

"Esta cita en reviste unha importante capital. Pode axudarnos a rachar a espiral do medo e servir de barreira extraordinaria de contención da violencia" enfatiza en diálogo con este corresponsal Basma Khalfaoui, militante feminista e viuda de Belaid.

Serviranos -enfatiza- a aprender doutras experiencias. A inspirarnos noutros procesos. A intercambiar coas representantes de forzas democráticas do mundo enteiro.

Unha forma concreta de abrir a dinámica tunisiana -e da rexión- á solidariedade internacional, nun intre de encrucilladas, labirintos e saídas de difícil pronóstico.

Os esforzos organizativos preparatorios do FSM foron impecábeis. E as case 5 mil organizacións inscritas -das cales unha boa parte nacionais- animarán máis de mil actividades autoxestionadas no enorme campus da capitalina Universidade El Manar. O programa das actividades coñecíase por Internet desde varios días antes desta edición do Foro. E a versión impresa do mesmo circulou sen demora.

Por outra banda, nas últimas horas o FSM comeza a perfilarse, lentamente, na capital. Cos afiches de rúa chamando ao "Foro da Dignidade"; espazos mediáticos até agora non demasiado abundantes; unha rechamante carpa de información e acreditación na céntrica avenida Burguiba e a chegada dos primeiros participantes estranxeiros.

Tres compoñentes serán decisivos para o éxito desta 12ª edición. A capacidade real de convocatoria dos movementos sociais máis dinámicos do país, en especial das Mulleres Democráticas, a Unión Xeral de Traballadores e o Movemento de Diplomados Desempleados. A resposta da sociedade civil tunisiana en xeral. E a participación da sociedade civil internacional.

Un reto enorme para a militancia democrática de Túnez e do Magreb, subliña Fathi Chamkhi, profesor universitario, membro de ATTAC e do Comité pola Anulación da débeda Externa/África e un dos dirixentes nacionais da opositora Fronte Popular.

E un exercicio de solidariedade concreta, enfatiza, nunha conxuntura delicada da vida do país. Na cal o proceso popular que estoupou con toda a súa virulencia en xaneiro do 2011 está en disputa, ameazado, e necesitado do apoio dos demócratas do mundo enteiro, conclúe.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning