Autor/a

banner_consello_peq

Categorías

A seguridade alimentaria, en mans de quen?
A seguridade alimentaria, en mans de quen?
Ecologistas en Acción reclama no Día Mundial da Alimentación a reorientación do sistema agroalimentario cara a unha produción de alimentos saudábeis e para todas as persoas, que contribúa á conservación do medio ambiente e a manter unha poboación campesiña.

[Ecologistas en Acción. Traducido por altermundo.org]

Ecologistas en Acción reclama no Día Mundial da Alimentación un apoio decidido e urxente de todos os gobernos para reorientar o sistema agroalimentario cara a unha produción de alimentos saudábeis e para todas as persoas, que contribúa á conservación do medio ambiente e a manter unha poboación campesiña cuxo saber e xestión da contorna e da biodiversidade é crucial para o futuro da alimentación.

Todos os anos, a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación () celebra o 16 de outubro o Día Mundial da Alimentación. O lema escollido para este ano é “Investir na agricultura para lograr a seguridade alimentaria”. Cabe preguntarse con todo, de qué seguridade alimentaria falamos. Unha seguridade alimentaria baseada nun sector agrícola que produce alimentos sans sen danar o medio ambiente, ou unha seguridade alimentaria en mans da industria agroalimentaria?

Nos últimos anos estamos asistindo a un alarmante proceso de concentración da agroindustria. Nun chicote da cadea alimentaria, máis do 70% do mercado mundial de pesticidas está en mans de 6 xigantes agroquímicos e prevese que dentro duns anos só quedarán 3. Estas mesmas compañías agroquímicas acaparan gran parte das vendas mundiais de sementes, tendo conseguido un lucrativo mercado cativo coa venda de variedades transgénicas resistentes aos seus propios herbicidas (máis do 80% dos cultivos transxénicos do mundo son variedades resistentes a un herbicida); o seu obxectivo é agora consolidar este mercado, desenvolvendo unha segunda xeración de sementes manipuladas para “se suicidaren” que obrigarán ao agricultor a mercar semente todos os anos, ou cuxas características “vantaxosas” só se expresarán cando se apliquen determinados produtos químicos nos campos de cultivo. No outro extremo da cadea, as 10 maiores empresas do sector da alimentación controlan unha cuarta parte do negocio da bebida e dos alimentos elaborados, e 10 grandes cadeas de distribución a cuarta parte das vendas de alimentos no eido mundial.

De seguir así, nuns poucos anos media ducia de empresas transnacionais controlarán a produción de alimentos dende a semente á mesa. No seu informe “Situación da Inseguridade Alimentaria, 2004”, a FAO recoñecía o risco de marxinalización dos agricultores e de aumento da pobreza que supón este monopolio mundial, no que a industria non só vende os insumos (sementes e agroquímicos) e fixa as condicións de produción, senón que ademais queda coa maior parte dos beneficios da venda de alimentos. En España, por exemplo, o agricultor en moitos casos só percibe o 25% do prezo de venda ao público dun produto. Os riscos deste monopolio para o consumidor e para a seguridade alimentaria do mundo son obvios.

Por outra banda, a investigación agrícola está pasando a ser controlada crecentemente polo sector privado. Consecuentemente, unha crecente proporción do I+D público, tradicionalmente máis preocupado polas necesidades do agricultor, estase orientando cara a tecnoloxías relacionadas co procesamento dos alimentos e cara a unha mellora xenética dos cultivos dominada polos intereses da agroindustria, e vencellada a un sistema de produción agrícola enormemente destructivo, non só a nivel ecolóxico, senón en termos de saúde humana e de seguridade alimentaria. Unha investigación cativa, cuxas prioridades veñen fixadas por intereses industriais e cuxa dependencia do financiamento privado é cada vez máis acusada, resulta así mesmo unha evidente ameaza para a seguridade alimentaria.

En consecuencia, Ecologistas en Acción reclama neste Día Mundial da Alimentación un apoio decidido e urxente de todos os gobernos para reorientar o sistema agroalimentario cara a unha produción de alimentos saudábeis e para todas as persoas, que contribúa á conservación do medio ambiente e a manter unha poboación campesiña cuxo saber e xestión da contorna e da biodiversidade é crucial para o futuro da alimentación. Denuncia así mesmo, unha vez máis, a permisividade do goberno e o respaldo do Ministerio de Agricultura ante a invasión do campo español e a alimentación por uns cultivos transxénicos que supoñen gravísimos riscos para o futuro da agricultura, e se solidariza coas persoas acusadas en Cataluña da destrución de campos experimentais de transxénicos ilegais.•

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning