Autor/a

Ecoar Vigo

banner_consello_peq

Categorías

Alternativas e resposta social
Alternativas e resposta social

A crise do capitalismo e o capitalismo mesmo, a privatización dos servizos públicos e a fin do estado do benestar, a ofensiva neoliberal e o desemprego, as deficiencias democráticas e a corrupción, a Europa dos mercados e a pobreza, o consumismo e o deterioro do medio ambiente… Vivimos tempos de crise. Tempos en que se fan evidentes as relacións entre “fenómenos” até entón disimuladas, tenues ou incipientes. Neste contexto, iniciouse un proxecto que busca facer posible a necesaria relación entre a indignación política e a tensión na rúa, coa construción de respostas e alternativas sociais e a defensa dos dereitos e as liberdades.

))), “Espazo de (Contra)discurso, Construción e Coordinación de Alternativas e Resposta social”, é unha nova plataforma onde conflúen persoas e colectivos da comarca de con distinta traxectoria e diferentes eidos de especialización na resposta social, que teñen como obxectivo activar e dinamizar a acción política e social popular. ))) é independente, autofinanciada, asemblearia e conta cuns principios metodolóxicos e ideolóxicos definidos. Despois de meses de construción, ))) fixo o seu acto de presentación á cidadanía o pasado xoves 21 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Ensalle de Vigo.

Esta plataforma é un espazo aberto no que cada persoa ou colectivo pode achegar as súas propostas e iniciativas. ECOAR))) busca analizar, denunciar e criticar a tiranía dos antisociais, desa pequena parte da poboación que quere converter en mercadoría ao resto da xente (e ao planeta mesmo!); pero tamén busca xerar un espazo no que propor e construír a resposta solidaria e iniciativas concretas, para acadar unha sociedade inclusiva, diversa, horizontal, non violenta e sostible.

Os principios ideolóxicos de ECOAR))) son froito das inquedanzas sociais e políticas dos seus integrantes. Baixo estas ideas a plataforma pode desenvolver unha acción colectiva congruente e efectiva. Os puntos ideolóxicos básicos da plataforma son: anticapitalismo, antiglobalización, consumo responsábel, defensa do público, defensa dos dereitos humanos, ecoloxismo, estado social e laico, horizontalización da sociedade, multiculturalismo e non violencia.

Os principios metodolóxicos de ECOAR))) procuran que a vida da plataforma, dos seus membros e da sociedade na que se integran sexa “saudable”, democrática e independente, sen manipulacións e instrumentalizacións. Todos/as sumamos, fraternidade e transparencia son os principios xerais de funcionamento da plataforma, ao tempo que o asindicalismo, apartidismo e aconfesionalismo aseguran a súa independencia como colectivo social.

A participación en ECOAR))) é aberta e flexible. Cada membro, individual e colectivo, é libre de participar nas iniciativas que queira, sexan de ECOAR))) ou non. Cadaquén escolle o seu nivel de compromiso na vida da organización: dende a colaboración puntual até a integración nalgún dos Grupos Estruturais –grupos autónomos que sosteñen as accións e ferramentas da plataforma.

Un novo sistema só é posible mediante o traballo de toda a cidadanía. Por esta cuestión ECOAR))) comeza agora unha nova etapa na que espera que todas as persoas participen na construción dunha nova realidade social.

ECOAR))) é un espazo que busca o funcionamento conxunto e a converxencia entre colectivos e cidadanía, entre accións e alternativas… Por esta cuestión, unha das tarefas que vertebra este proxecto é a xeración de ferramentas sociais. Actualmente ECOAR))) conta con catro ferramentas.

As ferramentas

A primeira delas é a Asemblea. É o lugar onde se propoñen, debaten e deciden as iniciativas a través do consenso. Pero a finalidade última da plataforma é unha contorna dinámica. Que unha acción non se desenvolva “nominalmente” dentro de ECOAR))), non significa que moitos dos/das seus/súas membros non participen no proceso da creación, construción e desenvolvemento dunha iniciativa.

A segunda ferramenta son as Mesas informativas. Co obxectivo de achegar á cidadanía a temática social de xeito directo, as mesas informativas móntanse varias veces ao mes na vía pública. Distribúense textos informativos, transmítense convocatorias de mobilizacións e campañas…; pero tamén son lugar para que os/as cidadáns/ás participen activamente no movemento social (asinar, denunciar, involucrarse no traballo de colectivos e campañas…). Por outra banda as mesas buscan ofertar un espazo a todos aqueles colectivos e iniciativas individuais que, por cuestións estruturais, non poden estar na rúa.

Unha terceira ferramenta é a Web. O portal www.ecoar.eu busca converterse nun punto de converxencia e coordinación entre colectivos e entre colectivos e cidadanía. Cada colectivo a través dunha clave “sube” os seus propios contidos: manifestos, convocatorias, vídeos… A web está pensada de xeito útil (dispón dun almanaque onde centralizar e “publicitar” as convocatorias do movemento social vigués, apartados onde consultar cuestións de tipo legal, estratexia social…).

E por último, a Revista. “A Boia. Contracultura dende a Ría”, é outra canle de comunicación da cidadanía vencellada a ECOAR))). Trátase dunha publicación mensual sen ánimo de lucro, que incluirá materiais achegados por individuos, colectivos e o Grupo de (Contra)discurso de ECOAR))). Centrada en asuntos sociais e políticos, busca a converxencia destes coa cultura popular e alternativa. N’A Boia confluirán o informativo co artístico. Cada mes A Boia sairá á rúa a un prezo de 0’50 euros e poderá atoparse en kioskos, centros sociais, bares e cafés da Ría de Vigo e a súa contorna. Os puntos de venda poderán atoparse na páxina web e o primeiro número sairá en Abril.

Share

2 Comentarios
  1. […] ALTERMUNDO. VENRES 16 DE MAIO […]

 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning