Autor/a

Esther Vivas é ativista política e social dos movimentos a favor da soberania alimentar e consumo crítico. Participou dos movimentos altermundialistas, em várias edições do Fórum Social Mundial e nas campanhas contra as mudanças climáticas. É integrante da Izquierda Anticapitalista.

Categorías

Antisistema? Por suposto
Antisistema? Por suposto
Josep Maria Antentas e Esther Vivas-. Por mor dos incidentes acontecidos en Barcelona o 29-S, a crítica aos "antisistema" alagou o debate nos medios de comunicación asociando, dexeito  reducionista e descontextualizado, o concepto antisistema e a violencia urbana.

Lonxe desta imaxe interesada, a práctica cotiá dos "antisistema" atópase nas federacións de veciños opostas á especulación inmobiliaria, no sindicalismo alternativo, no activismo contra a mudanza climática, nos , na defensa do territorio fronte ás grandes infraestruturas, nos centros sociais autoxestionados, na xeración de experiencias de consumo alternativo e de promoción da agroecoloxía, ou nos intentos de abrir unha fenda no sistema político impulsando candidaturas alternativas. Os alternativos caracterízanse por ser motores da mudanza social, xerar propostas rachadoras  e fomentar novas formas de sociabilidade, de pensamento crítico e de creación artística, liberando a creatividade humana presa  nas rutinas cotiás.

Nun contexto no que a credibilidade e a lexitimidade do actual modelo económico están en dúbida, a pesares de que os seus valores penetraron profundamente nas conciencias dos de abaixo, o poder establecido loita para evitar que descrédito e malestar muden en mobilización. Para conseguilo é preciso que os traballadores pensen que esta non serve para nada e que todo está perdido de antemán. De aí os discursos oficiais sobre a imposibilidade de practicar outra política, de ir contra os mercados internacionais, da inevitabilidade das reformas anunciadas, e as tentativas de fabricar unha mensaxe mediática de fracaso do 29-S con fins desmoralizadores.

Requírese tamén desacreditar ao anticapitalismo emerxente e aos movementos sociais. Os intentos de criminalizarlos e estigmatizarlos pretenden abrir unha fosa insalvábel entre as minorías activistas e o groso dos sectores populares. Vímolo a comezos de século no momento da auxe do movemento "antiglobalización" e vémolo agora no medio das resistencias á crise.

O sensacionalismo ao redor da violencia do 29-S buscou descualificar directamente á folga, no caso dos sectores reaccionarios opostos á mesma, ou aos movementos sociais alternativos, no caso da institucional, favorável á convocatoria, pero contraria a unha perspectiva de ruptura coa presente orde de cousas.

O tratamento mediático das accións violentas cando teñen lugar en manifestacións e actos de contrasta crudamente co da violencia de todo tipo que emana das relacións de poder, dominación e explotación do sistema actual, a miúdo invisibilizada e naturalizada. Así, por exemplo, a énfase esaxerada nas desfeitas en inmobles o día da folga serve para esconder violencias moito máis graves sobre persoas ocorridas durante a mesma, como a represión policial aos piquetes sindicais e, sobre todo, as coaccións empresariais aos traballadores para que non secundasen a folga.

Ante un sistema sombrío e violento, incapaz de satisfacer as necesidades básicas da maioría de seres humanos e responsable dunha crise ecolóxica global que ameaza á propia supervivencia da especie, somos moitos quen sen dúbida nos consideramos antisistema, aínda que lle vexamos pouca utilidade en utilizar un concepto fabricado polos mass media e de claras connotacións peyorativas. Se o sistema ao que nos opomos é o , nada mellor que definirnos simplemente como anticapitalistas.

A pesar do seu aparente carácter negativo, o anticapitalismo, tal e como o entendemos, desemboca directamente na formulación de propostas alternativas que apuntan cara a outro modelo de sociedade. ?A indignación é un comezo. Un indígnase, levántase e despois xa ve?, sinalaba o filósofo francés Daniel Bensaïd. Do rexeitamento inicial ao existente pásase despois á defensa doutra lóxica oposta á do capital e á dominación.

Os límites do termo son, en certa forma, os límites do período actual, aínda de resistencia e de (re)construción, marcado pola dificultade para expresar unha perspectiva estratéxica en positivo e para afirmar tanto unha perspectiva revolucionaria de transformación, como un horizonte de sociedade alternativo. Os grandes conceptos da historia do movemento obreiro, como ?socialismo? ou ?comunismo?, teñen hoxe un significado equívoco debido ao fracaso dos proxectos emancipatorios do século XX. Precísanse aínda novas experiencias fundacionais para impor novos termos ou recuperar os antigos.

En vistas de como vai o mundo, o anticapitalismo é hoxe unha aposta perfectamente razoable e un verdadeiro imperativo moral e estratéxico. Non parece que sexan os antisistema quen deban xustificarse, senón os prol-sistema quen deberían facelo. ?Non se pode ser neutral nun tren en marcha?, recordábanos o historiador Howard Zinn na súa autobiografía, e menos nun tren desbocado cara ao precipicio como o é a humanidade, retomando a lúcida metáfora de Walter Benjamin. Hai que escoller entre dúas lóxicas antagónicas, a da competencia e do todos contra todos ou a dos bens comúns e a solidariedade. Este é o dilema exposto polos movementos anticapitalistas e antisistémicos de hoxe en día.

Share