Fronte o discurso dominante, que insiste en que vivimos nun ‘Estado social e democrático de Dereito’, así o establece o artigo 1.1. do texto constitucional de 1978, o certo é que mentres o sistema económico dominante sexa o capitalismo, a democracia non ten posibilidades de desenvolverse no seu sentido máis básico, aquel que sinalaba o Zêca en Grándola, vila morena: “o pobo é quen máis ordena”. Eís o sentido fundamental da democracia, da soberanía popular: o poder do pobo. Unha tese que poderíamos resumir deste xeito: a democracia e o capitalismo son incompatibles.







Xavier Simón



















Alfredo I. Diéguez-. Hai uns días a ministra de Economía, Elena Salgado, insistiu nunhas declaracións en que subirlles os impostos ás persoas coas rendas máis altas de España apenas incidiría no incremento da recadación polas arcas do Estado.
Alfredo Iglesias Diéguez-. Neste sentido, estamos a asistir a un golpe de Estado dos xigantes financeiros, os mesmos que tras a supresión da convertibilidade do dólar en ouro decidida unilateralmente por Nixon en 1972 estableceron o novo sistema Wall Street (NSWS) -ao que se referiu por primeira vez Gowan, ao que aludía antonte Beiras ao lembrar as figuras xa falecidas de Gowan e Arrighi-
Alfredo I. Diéguez-. No momento actual son posibles dúas solucións para saír da crise: a vía socialista e a neoliberal.
Alfredo I. Diéguez-. …para saír da crise cómpre redistribuír a riqueza, favorecendo a recuperación do poder adquisitivo da clase traballadora mediante o incremento salarial e instauración dunha renda básica universal…