O titulo podería ser máis ben, “O mito moderno do ‘sustentábel’ e a seguir destruíndo o planeta.
EN PORTADA: O SON DUN MUNDO QUE SE DERRUBA
|
EN PORTADA: O DECRECEMENTO NON É UNHA OPCIÓN
|
Carlos Taibo fala con Pedro Maceiras sobre "Que non se apague a luz. Un diario de campo do 15M" (Catarata, Madrid, 2012)
EN PORTADA: POLA CREBA DEMOCRÁTICA
|
EN PORTADA: DE AZUL, VERDE O MARRÓN…
|
EN PORTADA: O ANO DAS CEN PRIMAVERAS
|
Christos Kefalis-. As eleccións lexislativas do 6 de maio produciron un resultado sensacional, abrindo un novo capítulo na historia política de Grecia. Así mesmo, repercutirán significativamente na situación política europea.
Entrevista feita por Miguel Pardo (Praza)-. Xavier Simón dirixiu a investigación sobre o impacto económico da enerxía eólica en Galicia elaborada polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (Gieea) da Universidade de Vigo. No seu último informe queda clara a escasísima renda que os parques eólicos deixan no medio rural do país. Os propietarios dos montes onde se asentan estas instalacións perciben tan só un 1,4% da facturación total das compañías. O economista galego acusa o marco regulador e á escasa información que os donos das terras recibiron desde que as firmas enerxéticas chegaron a Galicia para quedar de vez.
Vén de se celebrar o 40 aniversario do libro The Limits to Growth (Os límites do crecemento), obra de referencia da literatura ambiental. Utilizando a teoría da dinámica de sistemas e a modelización informática, un grupo de investigadores do Massachusetts Institute of Technology (MIT) desenvolveron entre 1970 e 1972, por encargo do Clube de Roma, un proxecto para analisar as causas e as consecuencias a longo prazo do crecemento da poboación e da economía material no noso planeta. O resultado sería The Limits to Growth.
Onte, en coincidencia co arranque da reunión cimeira do G-20 que se realiza en Cannes, Franza, cuxa axenda foi practicamente monopolizada pola crise en Grecia, o primeiro ministro deste país, Giorgios Papandreou, decidiu dar marcha atrás na súa intención de realizar un referendo sobre o rescate aprobado a semana pasada polos gobernos da Unión Europea, o cal supostamente salvaría á nación mediterránea da quebra económica, e chamou á oposición conservadora, articulada no partido Nova Democracia, a integrar un goberno de unidade que impulse unha solución á crise.
Entrevistado por Kostis Damianakis, columnista da axencia brasileira Carta Maior, o deputado grego polo partido da Esquerda Radical, Michalis Kritsotakis, destacou a importancia dos movementos que xurdiron nos últimos meses no país, mais dubida que eles substitúan o potencial dunha esquerda unificada. Para o membro do Foro Social grego, os ajustadores do sistema ultraliberal usan a Grecia como o coello de indias para avaliar o comportamento e resistencias das sociedades nunha crise sistémica como a actual.
Quen camiñe os últimos 20 días o centro de Atenas atópase cun fenómeno que chama a atención: varias manifestacións, pequenas na súa maioría (de 100, 200, 500, dúas mil persoas) percorren as rúas principais a cada intre, crúzanse entre si, saúdanse combativamente e continúan a súa marcha. Se alguén segue algunha delas para descubrir o seu destino, chegará a algún ou outro ministerio, edificio público e/ou municipal coa súa fachada adornada por unha manta enorme: "OCUPADO".
Editorial de Gara-. Nunha declaración histórica na que mostra o seu compromiso "claro, firme e definitivo", ETA decidiu pechar a súa actividade armada.
REVOLUCIÓN GLOBAL! Organiza a túa rabia, é a hora de facer política contra os políticos. É a hora da democracia real, horizontal, pacífica e de consenso. Mensaxes de Eduardo Galeano, José Luís Sampedro, Federico Mayor Zaragoza e Carlos Taibo.