Hai nada menos ca tres decenios -no vindeiro mes de xullo fará esactamente trinta anos- escribira eu un artigo que daquela titulara "A espoliación de Galiza" e dedicara ao meu entrañábel amigo Luis Mariño cun enigmático envío que dicía: "a conta dunha débeda".
En recentes entrevistas motivadas polo seu merecido Premio Trasalba, o meu vello amigo e en tempos camarada de "noviciado" universitario, Ramón Lorenzo, referiuse con certa insistencia ao "gran mal que lle fixo á lingua" galega o profesor Ricardo Carvalho Calero no período auroral da Autonomía, mesmo até consideralo "o culpable deste tremendo problema que tivemos co galego" -por mor da lea antre "oficialistas" e "reintegracionistas" acontecida nos anos oitenta verbo da normativización do noso idioma.
A partir deses postulados 1, a descentralización, no proceso discursivo de Brañas, vaise convirtir nun a xeito de talismán ou panacea para a solución terapéutica, non só de todas e cada unha das variantes morfolóxicas da crise, senón mesmo das diversas eivas e malformacións do sistema económico e social daquela vixente. E primordialmente, ou como modelo canónico, a "descentralización rexional", ou sexa, a que adopta a "rexión", e singularmente a "rexión natural", como unidade modélica de referencia macroeconómica, sociocultural e sociopolítica. Mais neste punto quero facer unha miña derradeira consideración, como pontualización semántica, encol deste texto de Brañas.
A segunda e breve pincelada só tenciona sinalar que o fenómeno da chamada "finanzarización" non é de ningún xeito peculiar da crise actual: lonxe diso, é característico -como incidentalmente adiantei máis arriba- da potencia hexemónica en declive, precisamente na etapa de crise da sua hexemonía e correlativamente á sua perda da hexemonía na esfera da produción -ou sexa, na economía real.
II
A "crise económica da época presente" que Brañas analisa e tenta diagnosticar no seu extenso discurso académico de 1892 non é outra que a famosa "crise finisecular" do XIX, que se desencadea a partir do 1873, vaise prolongar durante decenios, e atravesar inclusive os "felices" anos da belle époque, deica acadar o seu primeiro desenlace en forma de conflito bélico mundial, a Gran Guerra de 1914-18
III. A AUGA CONFISCADA







Xavier Simón


















