Autor/a

Profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Madrid. Membro do Consello Editorial de Altermundo

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Arquivo de autores
autogestion

Defendo desde moito tempo atrás a idea de que a construción de espazos de autonomía nos que procedamos a aplicar regras do xogo diferentes das que se nos impoñen debe ser tarefa prioritaria para calquera movemento que poña mans á tarefa de contestar o capitalismo desde a dobre perspectiva da autoxestión e a desmercantilización.

Share
 
sampedro

Quen escribe estas liñas carece, por desgraza, de aptitudes para xulgar a obra literaria de José Luís Sampedro. Leu, si, varias das novelas de José Luís pero admite sen rubor que sería unha frivolidade pola súa banda entregarse á tarefa de glosar virtudes ou defectos.

Share
 
espabilemos

A idea de que o momento presente, sexa cal for este, é o acaído para repensar a condición do movemento do 15 de maio e dispor o seu futuro leva camiño de se converter nun xenuíno lugar común. Repítese unha e outra vez, de calquera xeito, neste tórrido verán de 2012, cando se dan cita as inercias que, no que fai ao movemento, veñen do pasado e a infinidade de agresións que o propio 15-M padece.

Share
 
25s_horreo

Sobran as razóns para saír á rúa mañá, 25 de setembro. As principais refírense, claro, ao triste escenario no que nos atopamos.

Share
 
silencio

O intre no que nos atopamos é singularmente delicado para o ensino público, en xeral, e para o ensino público universitario, en particular.

Share
 
mineria_15m

Aínda que, como o personaxe de Melville, preferise non facelo, volvo sobre a disputa que, aos ollos dalgúns, enfrontaría ao 15M e ao movemento mineiro.

Share
 
taibo_carlos2

Dentro do movemento do 15 de maio -e dentro doutras moitas iniciativas- hai, se así se quere, dúas grandes posicións. A primeira entende que o labor principal do movemento estriba en elaborar propostas que se espera sexan escoitadas, nun grao ou outro, polos nosos gobernantes. A segunda, moi diferente da anterior, aspira, así a todo, a crear espazos de autonomía nos cales procedamos a aplicar regras do xogo diferentes das que nos impón o sistema que padecemos. E a facelo, por riba, sen agardar nada deses gobernantes que veño de mencionar.

Share
 
taibo_carlos2

Entrevista de Pedro Maceiras a Carlos Taibo sobre "España, un gran país. Transición, milagre e quebra" (Catarata, Madrid, 2012).

Share
 
caracol_decrecemento

Como a miúdo acontece, a lóxica argumental do sistema obríganos a escoller entre dúas opcións que non poden ser as nosas. Se a primeira -falo do principal debate que se revela hoxe nos países que teñen o euro como moeda- sinala que non queda máis remedio que asumir recortes dramáticos do gasto público, a segunda entende que o anterior é un erro e que eses recortes deben limarse para permitir que as economías recuperen a senda do crecemento. Mentres a señora Merkel abrazaría a primeira posición, o recentemente escolleito presidente francés, Hollande, postularía a segunda. Entrampados como estamos entre esas dúas opcións, parece coma se non houbese ningún horizonte diferente.

Share
 
caracol_decrecemento

É difícil que desde o outro extremo do Mediterráneo teñamos algo que ensinar a quen, en Grecia, padecen algúns dos maiores efectos da ignominia do capitalismo contemporáneo.

Share
 
15m_sol

Se nas filas do 15M hai unha figura persoal que me amola, esa é a do agoireiro: a de quen non ve senón problemas e insuficiencias nun movemento que, ao meu entender, é o mellor, e o máis esperanzador, que tivemos en decenios. A pesar de todos os efectos que podamos atribuírlle, as súas virtudes despuntan con claridade: propiciou a forxa dunha nova identidade contestataria, deu ás a moitas iniciativas afíns, colocou na axenda debates que o sistema intentara esquecer ou agachar, conferiu dignidade á perspectiva da asemblea e da autoxestión, e, por riba de todo, permitiu que moitas xentes descubran que poden facer cousas que parecían non estar ao seu alcance.

Share
 
15M_policia

Aínda que a realidade hoxe é máis complexa, e as diferenzas non faltan segundo os lugares, no seu intre inicial o movemento do 15M mostrou dúas almas diferentes. Se a primeira achegábana o que seica con pouca fortuna chamamos "mozos indignados", a segunda configurábana as xentes dos movementos sociais alternativos. Mentres na primeira dábanse cita máis ca nada integrantes das clases medias en activo proceso de desclasamento, na segunda facíanse valer realidades moi dispares, e entre elas moitas das vencelladas coas loitas obreiras de sempre.

Share
 
15m_sol

As eleccións xerais españolas previstas para o 20 de novembro son, en principio, un agasallo para o movemento 15M. E o son por unha razón doada de entender: están chamadas a permitir que se recree un escenario similar ao que permitiu o nacemento do movemento en maio, cando xurdiron manifestacións e acampadas ao abeiro dunhas eleccións autonómicas e municipais lastradas pola sordidez e a tristeza.

Share
 
taibo_obradoiro

Estas liñas recollen que é o que, desde o punto de vista do autor, debería ser a esquerda. Nelas elúdese unha discusión tan confusa como necesaria -a relativa ás virtudes e desvantaxes do termo esquerda-, á vez que se toma, en moitos sentidos, como modelo o que supón o Movemento do 15 de maio dos "indignados". Este converteuse nun referente material ao que vincular moitas ideas, e en singular a de que movementos como el son realidades plenas.

Share
 
united_for_global_change

Xulgar a vitalidade dun movemento social sobre a base do número de manifestantes que consegue sacar á rúa foi sempre tarefa delicada. Aínda con todas as cautelas, o 15M saíu airoso, con todo, dunha convocatoria, a realizada entre nós o 15 de outubro, que moitos agoreiros anunciaban ía ser un sonoro fracaso. O retroceso imparábel que tantos atribuían ao movemento non se viu confirmado. Aquel parece saír fortalecido, así a todo, para facer fronte aos envites que se anuncian.

Share
 
taibo_obradoiro

Entrevista de Diego Cobo (Periodismo Humano) a Carlos Taibo, catedrático de Ciencias Políticas e autor do libro "O 15M en sesenta preguntas". "A esquerda tradicional non entende o que é un movemento asembleario".

Share
 
anarcosindicalismo

A extensión da contestación ao mundo do traballo non é unha necesidade só para o 15M: é unha demanda xeral entre quen aspiran a mudar radicalmente as regras do xogo. E o é con máis motivo que o capitalismo que padecemos está retornando a moitas das fórmulas máis abrasivas que utilizou no pasado. Calquera proxecto consecuentemente anticapitalista ten que facerse valer entón, en lugar central, no mundo do traballo, no que neste intre, e ao amparo do que fan os sindicatos maioritarios, falta dramaticamente o espírito de rebelión que nace dun impulso como o do 15 de maio.

Share
 
taibo_obradoiro

Nalgún intre sinalei que, en termos xerais, as xentes da esquerda tradicional portáronse decentemente en relación co movemento 15M: participaron nas asembleas, fuxiron das identificacións partidarias e decatáronse do significado do que estaba a acontecer. O anterior é verdade aínda cando non faltasen nalgúns lugares problemas que cualificarei de menores –intentos, por exemplo, de manipulación e control– e aínda cando algún responsábel político –así, o candidato de IU á alcaldía de Madrid, Anxo Pérez, ou o outrora máximo dirixente de Esquerra, Josep-Lluís Carod-Rovira– realizase declaracións impresentábeis.

Share
 
taibo_obradoiro

Palavras no Obradoiro de Compostela, após a manifestação convocada por Democracia Direta Já, o 19 de junho de 2011.

Share
 
palestina

A ministra espanhola de Negócios Estrangeiros, a senhora Jiménez, tem-se permitido assinalar que a flotilha de Gaza nâo é a maneira ajeitada de resolver os muitos problemas que se revelam nos territórios que Israel ocupa de forma ilegal desde há mais de quarenta anos. A ministra tem agregado que a diplomacia oferece à respeito possibilidades sensivelmente superiores.

Share
 
15m_sol

Vaia por diante que o título deste texto non incorpora ningunha metáfora. Nada máis lonxe da miña intención que suxerir que o movemento do 15M entrou nunha etapa de declive. Quero dedicar estas liñas, así a todo, a examinar unha puñada de datos que, nun grao ou outro, marcaráninevitabelmente o camiño dese movemento unha vez chegue setembro e -cabe supor- retome con radicalidade e forza as iniciativas. Dígoo porque, vexamos as cousas como as vexamos, parece inevitábel que nos meses de verán se rexistre un refluxo naquelas.

Share
 
15M_policia

No transcurso do último mes o movemento 15M foi obxecto de dúas grandes operacións de acoso artelladas nos circuítos de poder político, económico e mediático.

Share
 
15M_man

Escoitei a miúdo, en acampadas e manifestacións do movemento 15M, que este último non pode queixarse do tratamento, razoabelmente xeneroso, que recibiu dos medios de comunicación. Semellante afirmación, un tanto sorprendente, encaixa á perfección coa condición dun movemento que, saudabelmente crítico con tantas cousas, parece pouco interesado en contestar unha das fontes principais de miseria que atenazan ás nosas sociedades.

Share
 
15m_sol

Malia que pensei que co paso dos días as augas ían baixar máis a modo, o certo é que non remitiu a discusión relativa a un suposto programa do movemento 15M que se concretaría en catro puntos: reforma do sistema electoral, loita contra a corrupción, melloras en materia de división de poderes e control sobre os responsábeis políticos.

Share
 
banqueiros

O movemento 15-M -falo en exclusiva da miña experiencia madrileña- tivo un eco inesperado por varias razóns: a habilidade dos seus organizadores, o seu designio de fuxir das siglas, o descontento xeral, o caos que Bolonia profundou nas universidades, a oportunidade queofertaban unhas tristes eleccións, o eco da revolta árabe -xunto coacontecido en Grecia, Portugal e Islandia-, e, en suma, o traballo de anos dos movementos sociais críticos.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning