Autor/a

Creado en 1991, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é unha entidade independente e sen fins de lucro que ten por obxecto principal a investigación dos problemas internacionais e a activación de estratexias que favorezan unha maior proxección de Galicia no mundo en tódolos dominios.

banner_consello_peq

Categorías

Arquivo de autores
muro_altermundo

A pronunciada viraxe que marcou 2013 será nos vindeiros anos o crisol que reflicte a crise dos poderes dominantes tradicionais que deberán optar entre o arbitrio de políticas de compromiso que teñan en conta a pluralidade non só de intereses senón tamén de culturas ou primar unha rivalidade á defensiva que non exclúe o agravamento dunha tensión desprazada dos escenarios habituais a esa Asia emerxente onde se disputa o liderado do século XXI.

Xulio Ríos, director do IGADI
Share
 
Uh! Ah! Chávez no se va!

A desaparición física do presidente Hugo Chávez Frías, acaecida o pasado 5 de marzo, abre inevitablemente unha nova etapa política en Venezuela e, de forma tanxencial, en América Latina. Este escenario non significa, cando menos a curto e medio prazo, a eventual desaparición do seu legado político precisamente porque o  “chavismo” seguirá a constituír, con toda probabilidade, a forza motriz do proceso revolucionario e a tendencia política hexemónica en Venezuela.

Share
 
colombia_paz

As expectativas por alcanzar un acordo de paz duradeiro tras medio século de conflito en Colombia comezarán a traducirse a partir do próximo 8 de outubro en Oslo (Noruega), coa primeira rolda de negociacións entre representantes do presidente  colombiano Juan Manuel Santos e comisionados das dúas principais guerrillas dese país, as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Exército Popular (FARC-EP) e o Exército de Liberación Nacional (ELN). Posteriormente, estas negociacións se trasladarán á capital cubana, La Habana.

Share
 
biodiversidade

Dúas décadas despois do primeiro Gran Cumio da Terra celebrado en Río de Janeiro en 1992, a cidade brasileira acollerá do 20 ao 22 de xuño a Conferencia das Nacións Unidas para o Desenvolvemento Sostible, mais coñecida como Cumio de “Río+20”. Coa anunciada presenza de máis de 170 xefes de Estado, de Goberno e representantes diplomáticos, este cumio terá dous eixes principais de discusión: o primeiro, enmarcado na iniciativa da “economía verde” que implica o desenvolvemento sostible e a erradicación da pobreza; e o segundo, a potenciación dun marco institucional adecuado para alcanzar o desenvolvemento sostible.

Share
 
grecia_mani

As eleccións lexislativas celebradas o pasado domingo 6 de maio en Grecia confirmaron o anunciado escenario de fragmentación política nun país sumido na súa máis grave crise socioeconómica desde que en 2010 fora obxecto do rescate financeiro propiciado pola “troika” conformada pola Comisión Europea, o Banco Central Europeo (BCE) e o Fondo Monetario Internacional (FMI). Os comicios gregos expresaron unha forte contestación social non só cara a súa clase política tradicional senón contra os programas de austeridade económica impulsados dende Bruxelas e Berlín.

Share
 
sarkozy_hollande

O próximo domingo 22 de abril, Francia celebrará a primeira volta das súas eleccións presidenciais nun contexto de atomización política e coa eventual perspectiva dun cambio de goberno. Paralelamente, estes comicios son relevantes para dirimir a actual xeopolítica europea, principalmente ante a posibilidade de que a non reelección do actual presidente Nicolás Sarkozy (Unión por un Movemento Popular, UMP) signifique o retorno ao poder do Partido Socialista (PS), desta vez da man do seu candidato François Hollande.

Share
 
islandia_protest

Silenciada e escasamente atendida polos mass media, a peculiar revolución popular que vive Islandia a resultas da crise financeira de 2008 desenvolveuse a través dunha masiva e pacífica rebelión cidadá destinada a reconducir os poderes públicos nacionais e sanear a súa economía mediante a nacionalización do seu sistema financeiro, a negativa a pagar a débeda externa e a vontade de reescribir a Constitución nacional.

Share
 
Ennahdha

Como unha auténtica “revolución política” na dinámica de cambios derivada da “Primavera árabe”, o ascenso ao poder dos partidos islamitas no Magreb confirma un novo escenario, principalmente tralas súas recentes vitorias electorais en Tunisia e Marrocos, así como o seu previsible ascenso no prolongado proceso electoral constituínte en Exipto e a posibilidade de inserción de elementos islamitas, algúns deles de carácter máis radical, na Libia post-Gadafi.

Share
 
kishner

O próximo domingo 23 de outubro celebraranse comicios presidenciais en Arxentina. As enquisas practicamente amosan un consenso sobre a eventual reelección da actual presidenta Cristina Fernández de Kirchner, quen gobernaría así nun segundo período presidencial, 2011-2015. A única incógnita electoral céntrase en coñecer se a anunciada vitoria de Cristina K se realizará con maioría absoluta, evitando a celebración dunha segunda volta electoral prevista para o próximo 20 de novembro.

Share
 
palestina

O próximo 23 de setembro, o presidente da Autoridade Nacional Palestina (ANP), Mahmud Abbas, elevará ante a ONU a lexítima petición palestina de ser recoñecida como unha entidade estatal independente e con asento permanente na ONU “dentro das fronteiras de 1967”, neste caso os territorios de Xerusalén Oriental, Cisxordania e Gaza. O momento, por tanto, anúnciase histórico para Palestina.

Share
 
11S

Un balance da primeira década dos atentados terroristas acaecidos o 11 de setembro de 2001 en Nova York transmite un resultado contraditorio, especialmente para os dous principais actores implicados, a rede terrorista Al Qaeda e EEUU, país que sufriu uns atentados que transformaron o panorama internacional.

Share
 
fame_africa

A sorprendente retirada militar da milicia islamita Al Shabaab a comezos de agosto, tras fortes combates polo control da capital somalí Mogadiscio enmarcada dentro dunha conxuntura que fortalece a autoridade do Goberno Federal de Transición (GFT), engade un factor político inédito ao inestable escenario somalí e do Corno de África, determinado pola oficialización por parte de Nacións Unidas da peor crise humanitaria das últimas décadas, e que afecta ó redor de 13 millóns de persoas, produto das secas, da fame e da inestabilidade política e militar.

Share
 
kishner

As vitorias da oposición nas eleccións das provincias de Bos Aires e Santa Fe, celebradas o pasado 31 de xullo, alteran inesperadamente o atomizado mapa político arxentino de cara ás eleccións presidenciais previstas para o próximo 23 de outubro.

Share
 
fmi_fora

A dimisión de Dominique Strauss-Khan o pasado 19 de maio como director do Fondo Monetario Internacional (FMI), tras ser acusado dun presunto escándalo sexual, deu paso a que o principal organismo financeiro internacional elixira o pasado 28 de xuño á ministra francesa de Finanzas Christine Lagarde (55 anos) como a primeira muller en dirixir este organismo creado en 1946.

Share
 
erdogan

A incontestable vitoria do islamita moderado Partido da Xustiza e o Desenvolvemento (AKP, polas súas siglas en turco) nas eleccións lexislativas celebradas o pasado 12 de xuño, confirman a hexemonía política do seu líder e actual primeiro ministro Recep Tayyip Erdogan, quen alcanza así tres vitorias electorais consecutivas (2002, 2007 e 2011) por maioría absoluta, un feito histórico que marca decisivamente o curso da política turca no último decenio.

Share
 
passos_portugal

A vitoria da dereita nas eleccións lexislativas portuguesas celebradas o pasado 5 de xuño, proxectando ao líder do Partido Social Demócrata (PSD), Pedro Passos Coelho cara a xefatura do goberno en Lisboa, remata o ciclo de dominio do Partido Socialista (PS) iniciado en 2005 co ata agora primeiro ministro José Sócrates, desta vez varrido polos efectos da crise económica e dun rescate financeiro internacional valorado en 78.000 millóns de euros.

Share
 
humala_keiko

Por vez primeira na historia electoral peruana, un candidato vencedor na primeira volta volve a impoñerse no ballotage dunha segunda volta. Foi o caso do candidato Ollanta Humala Tasso (48 anos), da tolda política “Gana Perú”, quen co 51,18% dos votos venceu o pasado 5 de xuño a súa contrincante Keiko Fujimori Higuchi, do movemento “Fuerza 2011”, segundo datos oficiais da Oficina Nacional de Procesos Electorais (ONPE).

Share
 
saldmond_alex

As eleccións municipais celebradas o pasado 5 de maio en Gran Bretaña e autonómicas en Escocia, Gales e Irlanda do Norte, abriron un novo panorama político que, no caso escocés, suxire importantes cambios políticos.

Share
 
cuba_pcc_sexto

A recente celebración do VI Congreso do Partido Comunista de Cuba (PCC), realizado entre o 16 e 19 abril de 2011, marcará o futuro do acontecer político e económico da illa caribeña. Tras o último congreso do PCC celebrado en 1997, onde se institucionalizou a sucesión política a favor do actual presidente Raúl Castro, (certificada oficialmente despois da renuncia do seu irmán Fidel en xullo de 2006 e coa posterior elección presidencial de Raúl en febreiro de 2008 por parte da Asemblea Nacional do Poder Popular), o contexto actual sinala varias expectativas sobre a posibilidade de reformas políticas e económicas en Cuba aínda que, polo momento, sen notorio relevo político e xeracional.

Share
 
fukushima

Igadi-. A persistencia dunha fuga radioactiva na central nuclear de Fukushima, tras o terremoto de 9 graos na escala Richter que azoutou Xapón o pasado 11 de marzo, así como as tensións no mercado enerxético internacional ante a crise en Libia, inseriu subitamente na axenda pública a discusión sobre a viabilidade e os riscos da enerxía nuclear como fonte de subministro enerxético futuro.

Share
   

 A dura represión do goberno de Alán García contra a negativa indíxena a ceder as súas terras ás transnacionais do cru, deriva nun terríbel masacre.

Share
 

Igadi-.Consecuencias mundiais da expansión da virus A/H1N1

Share
 

Gustavo Duch-. Resultou decepcionante seguir os debates de Roma respecto da alimentación.

Share
 

 Nova Guía Exterior do Igadi. Entre o 3 e o 5 de xuño celebrarase en Roma o Cumio da Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO). A convocatoria do evento denomínase “Conferencia de Alto Nivel sobre a Seguridade Alimentaria Mundial: os desafíos do Cambio Climático e a Bioenerxía”.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning