O mundo móvese. A descarnada imposición da utopía ultraliberal iniciada nos tempos de Reagan e Thatcher enfronta obstáculos: a democracia resiste, a historia prosegue e fálase xa de desmundializar a economía como alternativa.
Afortunadamente, a minguante democracia do sistema de institucións internacionais é xa obxecto dunha campaña mundial a prol da súa profunda reforma e foi tamén o tema tratado pola VII Asemblea da Conferencia de Nacións sen Estado de Europa (CONSEU), reunida no Val de Aosta o 12 e 13 de outubro.