Plan Director de Acuicultura Litoral, Lei de Costas, Plan Sectorial de Actividades Extractivas, Lei de Montes, Lei de Augas, cultivos enerxéticos, transxénicos, xeoenxeñería… Barra libre.
Plan Director de Acuicultura Litoral, Lei de Costas, Plan Sectorial de Actividades Extractivas, Lei de Montes, Lei de Augas, cultivos enerxéticos, transxénicos, xeoenxeñería… Barra libre.
Eu podería facer unha listaxe moito máis ampla en extensión que o ridículo e asemade indignante comunicado que Núñez Feijoó tirou logo de seren publicadas as fotos do seu ‘affaire’ co narcotráfico galaico aló polos anos noventa. De feito, é unha listaxe que levo impresa nos meus miolos dende novo, demasiado novo, cando un ía vendo, emprazado na privilexiada lingua de terra que ampara polo norte a ría de Arousa, como ían caendo, un tras outro e sen paranza, amigos, veciños, familiares e ao cabo toda unha xeración de vítimas, inocentes e desinformadas, da boa vida que se daban Marcial Dorado e acompañantes.
Son importantes as eleccións galegas? Hai posibilidades de mudar o goberno? E as políticas? Cal debería ser o papel dos movementos sociais de contestación? Hai que votalos?
En febreiro de 2009, durante o Foro Social Mundial en Belem do Pará (Brasil), tiven a sorte de formar parte da delegación internacional nun acto organizado polo Movemento dos Traballadores Rurais Sem Terra (MST) no ximnasio da Universidade Estadual Paraenese. Tratábase dun encontro de movementos sociais cos presidentes do Ecuador, Paraguai, Bolivia e Venezuela. Faltaba un quinto, o presidente Lula da Silva, excluído publicamente do antedito acto polo MST, por mor das políticas contrarias á reforma agraria que el mesmo prometera en chegando ao Planalto en 2002. Meses máis tarde, o movemento camponés, que agrupa a centos de milleiros de familias labregas en loita, decidía apoiar a Dilma Rouseff, aposta persoal de Lula, para a presidencia do país.
Laiábanse estes días atrás pensadores tan respectábeis como Carlos Taibo, Joan Martínez Alier ou Serge Latouche do erro que supón poñer á cidadanía na disxuntiva de aceptar ou ben o axustamento das dispoñibilidades económicas da señora Merkel, isto é, os recortes que empobrecen todos os dominios sociais para cobrar “o que nos deben eses cidadáns malgastadores”; ou ben o crecemento do emerxente Hollande, como se non existisen outras opcións.
Segundo Alberto Garzón, en 2010 Repsol –con YPF no bandullo– pagou ao Estado español a abraiante cifra de 949 millóns de euros en impostos. A este ritmo, en pouco máis de 10 anos a exemplar compañía estaría en disposición, por exemplo, de financiar os 10.000 millóns de euros que o goberno de Rajoy acaba de acernar da educación e da sanidade públicas. Ou podería, por si mesma, deixar sen efecto os 900 millóns que se calcula reducirá o Estado en Axuda ao Desenvolvemento neste ano. Velaí a súa vital importancia para o futuro do Reino.
O oxímoro do título ben podería mudar por “historia dunha derrota”, que diría o mesmo Manuel M. Barreiro ao que aludía Caetano Díaz, director deste apesarado conto, no epitafio “A sangue frío” o pasado martes 28 de xuño, xusto 75 anos despois do glorioso plebiscito que, para a nosa desgraza, nos deu o enganoso apelativo de nacionalidade histórica. Ao cabo, outra derrota. Morría Galicia Hoxe e o propio Barreiro escribía que habería que apuntalo no calendario… de derrotas. Eu teño unha enciclopedia. Coido que todos a temos.
“En balde os homes, amontoados por centos e milleiros sobre unha estreita extensión, procuraban mutilar a terra sobre a cal se amoreaban; en balde cubríana de pedras a fin de que nada puidese xerminar nelas; en balde arrincaban todas as chiscas de herba e enlixaban o aire co carbón e co petróleo; en balde cortaban as árbores e puñan en fuga animais e paxaros; a primavera era a primavera mesmo na cidade.”
Así comeza a Resurrección (1899) de León Tolstoi, derradeira novela do xenio e motivo fundamental para a súa excomuñon pola Igrexa ortodoxa rusa, hai agora 110 anos.
Foron 644 páxinas de xornal. 4 anos. 70 números en dúas etapas, unha mensual e outra semanal, que comezaron a se editar o 20 de Maio de 2007, recén chegado Xosé Manuel Beiras do Foro Social Mundial de Nairobi. Con iso comezamos. Hoxe, co peche de Galicia Hoxe pechamos tamén esta etapa marabillosa, na que de xeito insólito a prensa galega contou co único suplemento, se cadra a nivel mundial, dedicado aos movementos antiglobalización e antisistémicos, ao altermundismo no seu sentido máis amplo. Resucitaremos nalgures, porque hai demasiadas cousas que contar, demasiadas inxustizas que denunciar e demasiada dignidade que transmitir. Graciñas aos centos de persoas que escribíchedes nestas páxinas.
Se lle facemos caso a Naomi Klein concluiriamos que, neste incerto período sociopolítico que estamos a vivir, no que a crise é o eixe reitor de discursos, accións e inaccións, asistimos á aplicación no eido global da doutrina do shock. Esta trata de crear un estado de confusión-conmoción nos do común, que inactiva calquera conato de rebelión grupal, para así instaurar moreas de contrarreformas impopulares e darlle aire a un sistema con evidente fibrose.
O resultado dos comicios municipais que se veñen de celebrar na Galiza –e a análise, con salvedades, podería servir tamén para case todo o Estado español, Euskal Herria á parte– confirma fundamentalmente dúas cousas.
Hai unhas semanas escribía aquí sobre as dúas eivas, ou ausencias, que eu detectaba nas propostas de movementos como o 12 de Março portugués, o Uncut británico ou o 15M no Estado español. Todos nacen contra a ineficacia política, os recortes e esa ditadura dos mercados que crea lexións de precarios e precarias con mínima capacidade decisoria. De aí o de "Democracia Real Xa!". Porén, por agora afondan pouco en cuestións como a xustiza social co Sur e a xustiza ambiental, piares primordiais para a mudanza social do sistema-mundo.