Máis eólicos, menos protección ambiental, máis lixo na Areosa, menos bosques autóctonos, máis verteduras, menos abellas… Cada mañá dos dous últimos meses, as (malas) noticias ambientais viñeron petar a miña porta. E eu negueime a abrirlle.
Marcho un mes e resulta que España entra en déficit ecolóxico. Dende as 16 horas e 50 minutos do martes 19 de abril, o conxunto dos habitantes que compoñen este Estado comezamos a consumir máis espazo do que somos capaces de xerar. Segundo as cifras que elabora cada ano a Global Footprint Network, os españois consumiron en 2007 -último ano do que se ten datos- unha media de 5,42 hectáreas por habitante fronte ás 1,8 globais… e as 6,6 galegas.