Autor/a

Xornalista brasileiro

banner_consello_peq

Categorías

Cando os soldados prefiren morrer
Cando os soldados prefiren morrer

En xullo pasado, revelan fontes oficiais, matáronse 38 militares norteamericanos. Un incremento de máis do 100% sobre os casos de suicidio do mes anterior. Vinte e dous deles atopábanse de servizo. Os demais volveran para a casa, mais xa non se sentían nos seus lares. Eran outros homes, desfeitos e refeitos polo horror.

Probabelmente xa non se sentían combatentes pola súa patria ou as súas ideas, e, si, meros mercenarios, enviados para asasinar en nome de intereses que nada teñen que ver cos do seu pobo. Salvo nas dúas guerras mundiais, cando xusta era a loita contra os alemáns e o nazismo, os soldados ianquis loitan por Wall Street. O xenocidio inútil de Hiroxima e Nagasaki, ao manchar coa desonra o combate polos valores humanos, confirmou os exércitos dos EUA como bandos de pistoleiros do imperialismo.

Os EUA nunca tiveron que loitar no seu solo, a non ser na da Independencia. Sempre invadiron solo alleo, a partir da contra México, en 1846, cando anexaran máis do 40% do territorio do país vencido. A da Independencia, ben antes, trabárase contra homes iguais, da mesma etnia, da mesma fe, e poderiamos dicir, case das mesmas ideas. O mesmo veu acontecer no conflito interno, o da da Secesión, a pesares da crueldade dos combates e a bandeira ética do Norte contra a escravocracia do Sur.

Ese enorme privilexio –o de non coñecer as botas dos ocupantes estranxeiros– mudou en maldición. Os militares ianquis xa non atopan na alma, desde a derrota no Vietnam, ningunha razón para a loita. Están corroídos pola depresión, ou se transforman en animais, como os que se deixaran fotografar en Abu Ghraid, con seus cans. A depresión lévaos a desertar, de forma absoluta, e a estourar a cabeza ou o corazón coas súas propias armas.

O filósofo español Ortega y Gasset ten unha tese interesante sobre os militares e as guerras. Considera o cerco de Granada, polos Reis Católicos, en 1492 –o mesmo ano do descubremento da América por Colón– como o fin do soldado que combatía con honra, e o inicio do soldado "técnico", que actúa como simple extensión da súa arma. No cerco de Granada, e na vitoria que seguiu, os casteláns usaran a planificación táctica e estratéxica, superando, en moito, aos gregos e romanos no proxecto das súas operacións. Segundo Ortega, alí morreu a bravura, e naceu o combatente moderno, simple máquina de matar, sen honra e sen sentimentos, a non ser os do odio inducido.

Os soldados americanos que se matan, torturados polo remorso, talvez sigan o lema que os xaponeses inscriben nos sabres destinados ao harakiri: saiba morrer con honra quen con honra non soubo vivir.•

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning