banner_consello_peq

Categorías

Categoría: Destacados
tunisia2015

Sergio Ferrari-. Todos os camiños altermundistas conducen a unha Túnez “golpeada” e na rúa. A conta regresiva do inicio do Foro Social Mundial (FSM) 2015 está en marcha. O vindeiro martes 24 de marzo, milleiros de representantes da sociedade civil planetaria daranse cita na capital de Túnez para protagonizar unha nova edición deste proceso a favor dun “Outro Mundo Posíbel”, que adquire agora un significado político aínda máis importante.

Os acontecementos sanguentos –ataque terrorista no Museo Bardo con varios mortos e feridos– na capital tunisiana o mércores 18 reforzou a convicción dos organizadores. Nun comunicado de prensa poucas horas despois dos sucesos subliñan que: “o FSM e o conxunto das súas actividades son confirmadas”.

“Máis ca nunca, a ampla participación ao FSM 2015, será a resposta apropiada de todas as forza de paz e da democracia que militan no seo do movemento altermundista por un mundo mellor, de xustiza, liberdade e coexistencia pacífica”.

O éxito deste FSM, será a “vitoria da loita civil e pacífica contra o terrorismo e o fanatismo relixioso que ameazan a democracia, a liberdade, a tolerancia e o vivir xuntos”, subliña Abderrahmane Hedhili en nome do equipo de Coordinación.

15 anos de construción cidadá

Será o décimo “conclave centralizado” desde o seu nacemento en 2001 en Porto Alegre do orzamento participativo. Dende aquela, realizáronse cinco edicións en Brasil: 2001, 2002, 2003, 2005, en Porto Alegre e en 2009 en Belém de Pará; unha na India, en 2004; e tres en África (Kenya en 2007, Senegal en 2011, e Túnez 2013).

Só tres lustros nos cales centenas de Foros descentralizados, rexionais, continentais, nacionais e temáticos, multiplicaron este esforzo de procura de alternativas ao modelo dominante. E que irá achegando os seus froitos na consolidación de redes e movementos sociais globais. Así como na práctica dos movementos e actores sociais na disputa do poder político: gobernos progresistas latinoamericanos e novas forzas políticas europeas como Podemos, nacida do “Movemento dos indignados”.

Tunisia 2015

Unha manifestación popular, como é xa costume na historia do Foro, dará o sinal de partida desta nova edición a tarde do 24, percorrendo desde o Teatro Municipal até a Praza dos Dereitos Humanos, en pleno centro da capital tunisiana. Catro días máis tarde, a tarde do 28 de marzo, outra manifestación cidadá, marcará a clausura. No marco dun clima máis xeral de manifestacións populares contra a violencia desatado logo dos feitos do Museo Bardo.

Aínda que os organizadores prefiren non cuantificar anticipadamente os posíbeis participantes, máis de 4.300 organizacións do mundo enteiro comunicarán a súa participación a seis días da inauguración. O programa integral do FSM, feito público unha semana antes do arranque, rexistra máis de 1000 actividades auto-xestionadas, que se completarán, en paralelo, con eventos moi variados tanto en Túnez como noutros países.

Apenas dous anos atrás, case na mesma data día por día, Túnez, reunira xa a milleiros de representantes da sociedade civil internacional. A calidade do contido e da organización levou aos movementos sociais tunisianos e do Magreb a propoñer novamente a realización dun novo encontro cidadán no mesmo recinto central (a capitalina Universidade El Manar). E motivou ao Consello Internacional do Foro –a instancia facilitadora do mesmo– a aceptar esta proposta de repetir o escenario.

A complexa dinámica que vive o mundo árabe –en xeral– e as vicisitudes dos procesos nados catro anos antes coa “primavera árabe” confiren á capital tunisiana, en pleno Magreb, unha importancia significativa para a reflexión sobre o presente e futuro. Os sucesos sanguentos do mércores 18, non son máis ca outro exemplo demostrativo.

2015: innovar na metodoloxía

Nesta ocasión a comisión de Metodoloxía do FSM 2015 definiu seis espazos de loita onde se integrarán as actividades do Foro. Esta nova proposta significa unha innovación con respecto aos tradicionais “eixes temáticos” que marcaron o ritmo de foros anteriores. Eses espazos son: o Barrio O planeta; o Cruzamento Máis aló da Fronteira; a Praza da Xustiza social; o Barrio da Igualdade, a Dignidade e os Dereitos; a Praza da Economía e das Alternativas e o Cruzamento da Cidadanía. O emprazamento xeográfico destes espazos en distintos corpos da Universidade El Manar garantirá a proximidade xeográfica das actividades con temas afines. 

Segundo os organizadores: “Estes espazos (denominados Espazos de Loita) están deseñados para permitir unha transversalidade aínda máis grande no método de formulación das cuestións e facilitar os encontros entre os diferentes participantes, individuos e grupos de traballo nos diversos temas”. Son, antes ben, lugares de xuntanzas, de debates e de pasaxes. Concretízanse por unha banda, no programa do FSM, e pola outra, no Campus Farhat Hached El Manar, afirman. 

FSM 2015, organizado en barrios, prazas e cruzamentos

No barrio O planeta, estarán as actividades relacionadas co medio ambiente, a explotación dos recursos naturais e o cambio climático. No cruzamento Máis aló da Fronteira, trataranse temas relacionados co territorio, o colonialismo, os movementos de liberación, as guerras e os conflitos armados, ademais da liberdade de circulación, as migracións e o tema dos refuxiados. O barrio da Igualdade, da Dignidade e dos Dereitos acollerá as actividades relacionadas coa loita contra as discriminacións, a igualdade de xénero e os dereitos das mulleres, os dereitos das minorías, as loitas dos pobos indíxenas… A praza da Xustiza social reunirá as actividades relacionadas co reforzo da defensa do traballo, os dereitos sociais, a protección social, a saúde, a educación, as loitas sindicais, o traballo ilegal, e sitio de expresión dos novos movementos sociais. A praza da Economía e das Alternativas está aberta ás actividades que tratan sobre os procedementos financeiros das multinacionais, a contestación da débeda, a loita contra a corrupción pero tamén ás alternativas ao sistema económico dominante, como os sectores unidos… O cruzamento da Cidadanía reunirá actividades relacionadas coa mobilización cidadá na transición democrática, nos modos alternativos da organización política, no futuro do proceso dos foros…

Máis info: FSM2015, páxina oficial

Share
 
terra_petroleo

Até hai pouco tempo, a dispoñibilidade de recursos enerxéticos, en particular petróleo, supoñía para un país unha garantía de certa independencia enerxética a curto prazo e situábao nunha determinada posición na estratexia xeopolítica mundial.

Share
 
muro_altermundo

A pronunciada viraxe que marcou 2013 será nos vindeiros anos o crisol que reflicte a crise dos poderes dominantes tradicionais que deberán optar entre o arbitrio de políticas de compromiso que teñan en conta a pluralidade non só de intereses senón tamén de culturas ou primar unha rivalidade á defensiva que non exclúe o agravamento dunha tensión desprazada dos escenarios habituais a esa Asia emerxente onde se disputa o liderado do século XXI.

Xulio Ríos, director do IGADI
Share
 
rbismais

Vivimos nunha situación de emerxencia social. As cifras do desastre soan coma unha ladaíña.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning