banner_consello_peq

Categorías

Categoría: Eivas
insectos

A Organização das Nações Unidas para a Alimentação e a Agricultura (FAO) publicou na semana passada um relatório que causou certo alvoroço: “Insectos comestibles.

Share
 
oxfam_folleto2

É a terra un ben mercantil? É lícito especular con ela?

Share
 
consumismo

A abertura de um grande centro comercial, um supermercado… sempre vem associada à promessa de criação de emprego, dinamização da economia local, preços acessíveis e, definitivamente, ao progresso. Mas será esta a realidade? A distribuição comercial massiva se sustenta em uma série de mitos que, geralmente, sua prática desmente. 

Share
 
soberania_alimentar

Vivemos em um mundo de abundância. Hoje se produz mais comida do que em nenhum outro período na história.

Share
 
alimentos

Estase a converter nunha inaceptábel rutina. Cada dous anos, máis menos, sacódenos unha crise alimentar pola forte subida do prezo dos cereais. Din os indicadores que novamente nos vén unha enriba e que promete ser tormentosa. O ollo do furacán sitúase esta vez nas malas colleitas dos Estados Unidos, en concreto apuntan que a súa colleita de millo pode caer un 17% sobre o previsto e un 8% a colleita de soia.

Share
 
fome_jogos

A crise alimentar açoita o mundo. Trata-se de uma crise silenciosa, sem grandes anúncios, que não interessa nem ao Banco Central Europeu, nem ao Fundo Monetário Internacional, nem à Comissão Europeia; mas que atinge a 870 milhões de pessoas, que passam fome, segundo indica o relatório "O estado da insegurança alimentar no mundo – 2012”, apresentado no dia 9 de outubro passado pela Organização das Nações Unidas para a Agricultura e a Alimentação (FAO).

Share
 
londres_rebelion

"A dívida: paga-se ou paga-se”. Ela foi gravada em nós a ferro e fogo; é como uma dessas máximas que, ao ser repetida inúmeras vezes, se converte em verdade absoluta. Porém, isso é correto? E se a dívida hipoteca nosso futuro? E se a dívida não foi contraída por nós? Então, por que pagá-la?

Share
 
25s
A Miguel Quinteiro –a quen aprecio persoal e intelectualmente-
e ás demais persoas detidas o 25S,
así como ás compañeiras e aos compañeiros do
partido,
entendendo por
partido a facción do pobo
que está a loitar por unha transformación radical da sociedade.
Share
 
rebelion

Ignacio Ramonet saúda novas mobilizações sociais e sustenta, em diálogo com Zygmun Bauman: “são caminho para novo sistema político”.

Share
 
silencio

O intre no que nos atopamos é singularmente delicado para o ensino público, en xeral, e para o ensino público universitario, en particular.

Share
 
cartos

A Conferencia de Nacións Unidas sobre Desenvolvemento Sustentable (CNSD), mellor coñecida como Río+20, veu e marchou. Puido ser un acto importante. En lugar diso, estableceu un novo estándar en como facerse irrelevante. A receita é sinxela: pretenda vostede que nunca oíu falar da crise global.

Share
 
eu_nazi

A democracia, un barco no medio dun océano salvaxe e encrespado, o treboento ultraliberalismo. E diríxeno de forma organizada cara ás rochas. Sabendo que hai opcións nihilistas, queremos impedir que o barco siga ese rumbo, cómpre reparar as fugas e redireccionar a nave á espera de que sexamos quen de navegar nas augas doutro modelo produtivo. Nese impedir está o noso futuro. O problema: liberar o barco do peso que o escora cara á dereita máis extrema.

Share
 
cara

Manhá vou trabalhar. Entrarei na aula, onde com seguridade faltaram alguns nenos e nenas. As suas famílias sim querem que manhá as aulas estejam baleiras.

Share
 
aznar_gonzalez

Neste artigo analisam-se as relações desvergonhadas das transnacionais com os governos e os casos que se dão no Estado espanhol, de raivosa utilidade, quando Bankia recebe 7.000 milhões do Estado espanhol que é o que leva recortado em sanidade (ou 10.000 milhões em educação) ou quando Nova Caixa Galicia poderia ser vendida por 1€ junto com as poupanças dos galegos.

Share
 
londres_rebelion

0. “No vacilaremos en tomar las medidas oportunas para lograrlo. Nuestro primer objetivo es el déficit, el segundo es el déficit y el tercero, el déficit”, así xustificaba o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, o maior recorte orzamentario da democracia no estado español, que se sitúa nos 27.300 millóns de euros. Sirva o mantra de Montoro para introducir as presentes liñas que falan da coartada para o recorte, o déficit e, unido a el, a débeda pública.

Share
 
fmi_fora

O tristemente célebre Fondo Monetario Internacional (FMI) ten como unha das súas principais "virtudes" o feito de existir unha correlación provada entre as súas intervencións e o descenso da esperanza de vida. Así se corroborou coas políticas ultraliberais en América Latina e na Asia. Tamén é coñecido por repetir o vello mantra ultraliberal There is no alternative como no 1984  de Orwell repetia o Grande Irmán aquilo de "I waching you!" ou o Nevermore do corvo de Poe.

Share
 
deus_mercado

Todo acontecera un venres. Todo se fixo para honrar ao Deus Mercado e aos seus profetas. Son poucos, pero a súa caste domina o mundo. Entraron no xogo democrático para desvirtualo, para dominar á súa vontade á masa. E puxeron o diñeiro necesario para construir imperios mediáticos e financeiros quen de dominar os escenarios de decisión supostamente democrática.

Share
 
merkel

Queriamos outra Europa, verdade? Non este modelo no que o paradigma do mercado interior primara sobre a xustiza social ou os dereitos laborais e sociais das persoas e dos pobos. Tamén do galego.

Share
 
independencia

Asinan este artigo: Raúl Asegurado Pérez, Manoel Santos e Antom Fente Parada*

 
Erguéstesvos cedo / aquel día. – A costume do / do traballo – / mañá – cediño / pra facernos / coa vosa / morte.

As recentes detencións de persoas ligadas co independentismo galego e os movementos sociais impélennos a manifestar a nosa preocupación polo emprego do “terrorismo” como arma do Estado español para cauterizar o tecido social da nosa nación.

Share
 

Unha primeira advertencia: prefiro deixar o título en alemán. O título castelán, ¡Frenad el desastre del euro! (Ariel, Barcelona, 2011, tradución de Lluís Miralles de Imperial) focalízao todo ao redor da moeda única, e deixa entrever como unha certa positividade debido á necesidade de salvala.

Share
 
g20

Na cúpula de 2009, o G20 definiu como prioridades a reforma do sistema financeiro e o combate aos paraísos fiscais. De lá para cá o balanço é vergonhoso. Os paraísos fiscais são só estão mais ativos do que nunca, como, sobretudo, seguem funcionando ativamente em países como Suíça e Luxemburgo e em potências mundiais como EUA, Japão e Inglaterra. Cerca de 800 bilhões de euros saem dos países do Sul todos os anos para esses paraísos fiscais.

Share
 

Onte, en coincidencia co arranque da reunión cimeira do G-20 que se realiza en Cannes, Franza, cuxa axenda foi practicamente monopolizada pola crise en Grecia, o primeiro ministro deste país, Giorgios Papandreou, decidiu dar marcha atrás na súa intención de realizar un referendo sobre o rescate aprobado a semana pasada polos gobernos da Unión Europea, o cal supostamente salvaría á nación mediterránea da quebra económica, e chamou á oposición conservadora, articulada no partido Nova Democracia, a integrar un goberno de unidade que impulse unha solución á crise.

Share
 

A II Restauração bourbónica está rematando numa voragem que lembra as condições de conflituosidade social que levaram para a irrupção da ditadura de Primo de Rivera e a posterior queda da monarquia há por volta dum século. 

Share
 
caracol_decrecemento

Este texto resume unha exposición máis completa e documentada sobre as teses do decrecimiento que publicarei nun libro próximo. Aquí tratarei de mostrar da maneira máis breve e intuitiva posíbel algunhas inconsistencias que ao meu modesto modo de ver presenta o concepto de decrecimiento, aínda que quixese sinalar primeiro de nada que teño unha grande simpatía polas persoas que o defenden. Comparto a súa paradigma de cambio social anticapitalista baseado no desenvolvemento de novas formas de producir, de distribuír, de consumir e de pensar. Simplemente discrepo do concepto de decrecimiento que utilizan para definir tales estratexias porque creo que carece de rigor, que non pode facerse operativo, porque creo que non responde á realidade do capitalismo dos nosos días e porque, por esas razóns, paréceme que só pode servir para estimular unha crenza ou simples accións testimonialistas pero non para combater eficazmente o capitalismo.

O mito do crecemento mais ao revés

Quen defenden o decrecimiento poden dicir que están a pensar noutra cosa pero é innegábel que cando utilizan ese termo están a falar de diminuír os indicadores que miden a dimensión cuantitativa e monetaria da actividade económica e máis concretamente o PIB.

É verdade que os decrecentistas dinnos que ademais diso, ademais de reducir o PIB, a produción e o consumo, o decrecimiento é algo máis (redistribución, decrecimiento só para os ricos, valores de austeridade…) pero iso non nega a maior: o decrecimiento é, primeiro de nada, a diminución da magnitude que mide a produción, o consumo ou ambas as cousas á vez.

Para os defensores ortodoxos da economía convencional, todo o que teñen que facerse para que as economías funcionen ben é recorrer ao "termómetro" do crecemento e facelo crecer. Naturalmente, como lles pasa aos decrecentistas no lado contrario, ningún economista ortodoxo defensor do mito do crecemento admitiría que se limita a promover soamente que creza a actividade porque afirmaría que non é suficiente con crecer senón que sempre fai falta algo máis: unha combinación apropiada de mercado e estado, institucións eficientes, incentivos adecuados, etc.

Quéirase ou non, defender o concepto de decrecemento é recorrer ao mesmo instrumento, ao termómetro, aínda que -a diferenza dos ortodoxos- para dicirlle agora ao enfermo que os seus males desaparecen simplemente se baixa a súa temperatura, a taxa de crecemento.

O concepto de decrecimiento ou non se pode pór en práctica ou significa o contrario do que propón

O segundo grande problema que expón o concepto de decrecimiento é que hai que facelo operativo. Se se lle di á sociedade que a solución aos seus problemas é que decreza a produción e o consumo debe dicírselle en que contía concreta deben baixar porque, loxicamente, non pode dar igual que baixe un 5 que un 50 ou un 500%.

Para ser consecuente coa proposta de decrecimiento que se fai, este ten que manifestarse nunha determinada variación negativa dunha magnitude concreta que o reflita. Máis exactamente, nunha magnitude que exprese a cantidade total da produción e do consumo que ten que decrecer para poder determinar así en que cantidade propoñen que se reduza.

É dicir, o decrecimiento necesita exactamente o mesmo tipo de indicador que necesitan os partidarios do crecemento e, de feito, nos exemplos que utilizan refírense mesmo ao mesmo termo: o Produto Interior Bruto. Un indicador sobre cuxas carencias e limitacións non creo que sexa necesario insistir aquí.

Os partidarios do crecemento utilízano porque asumen unha ficción: que a actividade económica é só o proceso de produción/consumo de bens e servizos con expresión monetaria. E o problema do concepto de decrecemento é que, ao utilizar tamén o PIB como magnitude de referencia, está a asumirse tamén esa ficción, aínda que os decrecentistas non queiran recoñecelo.

Para responder a esta obxección, os decrecentistas responden que entón, en lugar de utilizar o PIB, poderían recorrer a outro indicador.

Porén a cuestión estriba en que é sinxelamente imposíbel dispor dun indicador que proporcione ese "cómputo final" que nos indique o que ocorre "coa economía en conxunto".

A razón desta imposibilidade é que os factores que inevitabelmente temos que tomar en consideración se queremos pór sobre a mesa unha proposta política integral de progreso social (monetarios, materiais, físicos, enerxéticos, éticos, emocionais…) e non unha puramente economicista (baseada nunha simple medición da actividade con expresión monetaria), son heteroxéneos e non se poden integrar nunha magnitude homoxénea que proporcione un resultado de crecemento ou decrecemento que sexa inequivocamente satisfactorio ou indiscutíbel.

Un concepto "ricocéntrico"

Cando se expón a estratexia do decrecemento adóitase pór coidado en sinalar que se trata de que diminúa a produción e o consumo dos ricos. Porén tamén aquí aparecen varios problemas.

En primeiro lugar, é moi difícil, por non dicir imposíbel, poder separar a produción e o consumo de "ricos e pobres" (ou de mulleres e homes, que tamén sería pertinente, por certo) sobre todo, cando non se está facendo por parte dos seus defensores unha análise de clases sociais ou de xénero do decrecemento.

En segundo lugar, eu creo que, aínda que analiticamente fose posíbel (que creo que non o é e desde logo os defensores do decrecemento non demostran que o sexa), discernir entre a produción e o consumo dos ricos e o dos pobres que debe subir ou baixar independentemente un do outro, a poboación empobrecida tería moitas dificultades para asumir como propio un proxecto que se presenta como de redución xeral da posibilidade de satisfacer en maior medida as súas necesidades.

Direino máis claro anticipándome ao que sinalarei máis adiante: o que necesita a inmensa maioría da sociedade que hoxe día está insatisfeita e que se supón é o que debería apoiar un movemento como o do decrecemento é que creza a produción de bens e servizos á súa disposición, e non ao contrario. Aínda que iso haxa que facelo, iso si, con outro modo de producir, de consumir e de pensar.

Neste punto poderíaseme argumentar que unha grande parte das clases traballadoras son consumistas e que están dominadas pola ideoloxía do consumo e o gasto e que o que acabo de dicir contribuiría a exacerbar aínda máis ese fenómeno. Porén, aínda que non podo desenvolver este asunto aquí, creo que se podería argumentar facilmente que o consumismo non ten que ver coa cantidade de bens dispoñíbeis ou efectivamente dispostos. Pódese ser consumista cun salario de 700 euros mensuais pero o que precisamente demostra iso é que para combater o consumismo non basta con diminuír a provisión de bens, senón que máis ben é necesario, pola contra, é que creza a daqueles que poden contribuír á mellor formación, á autonomía persoal, ao bo criterio, etc. dos seres humanos. Aínda que, loxicamente, procurando que iso leve a cabo sen provocar danos engadidos á vida, ao equilibrio social e ao do planeta.

Un concepto alleo á realidade do capitalismo actual

No transfondo da proposta do decrecimiento latexa a idea de que o capitalismo provocou un crecemento da produción inmenso e insustentábel que se debe deter. E quen escoita a proposta do decrecimiento en xeral non pode senón confirmar a idea de que a abundancia sen límite da nosa sociedade vai provocar unha xigantesca desfeita que hai que tratar de parar.

Na miña opinión, iso é outro erro de graves consecuencias políticas porque non me parece certo que a Humanidade viva na civilización da abundancia. O dano ao medio ambiente, o perigo indubidábel que o noso modo de vivir e de organizar a sociedade produce no planeta hipotecando a vida e o benestar das xeracións futuras non se deben a que se produza demasiado para todos e haxa, por tanto, que deter a produción e o consumo de todos, senón a que se produce e consómese mal e dunha forma moi desigualmente distribuída entre os distintos seres e grupos humanos.

Os datos que nos indican que unha parte importantísima da poboación mundial carece dos bens máis esenciais son ben coñecidos e non me vou a deter neles.

Nin sequera é correcto afirmar que as economías capitalistas estexan a rexistrar taxas elevadas de crecemento. De feito, o que vén ocorrendo é o contrario e convén explicalo ben á poboación e á hora de facer propostas políticas. As políticas ultraliberais provocaron precisamente unha diminución dos ritmos de crecemento da actividade económica mesmo medidos a través do PIB provocando así máis desemprego e carencias de todo en grande parte da poboación (e non só na posesión de bens superfluos senón na disposición de educación, sanidade, coidados, cultura…).

Non nos confundamos: o capitalismo ultraliberal produce moito mais para poucos, moi pouco para moitos e, sobre todo, bastante mal para todos.

O erro que eu encontro no discurso dos partidarios do decrecimiento é que confunden a insostenibilidad que produce un mal modo de producir e unha lóxica desigual de repartición cun problema de cantidade. Fállase ao caracterizar a realidade e entón aplícase a terapia inadecuada.

Por iso, a alternativa non pode ser simplemente diminuír cuantitativamente a actividade económica senón producir o necesario doutro xeito e distribuír con xustiza, e para iso reorientar a actividade económica cara á satisfacción que ten que ver coa vida humana no oikos, liberándoa da escravitude que lle impón o mercado ao universalizar o intercambio mercantil e o uso do diñeiro (a "puta universal", como Marx lembraba que o chamou Shakespeare) como equivalente xeral.

Nin sequera debería darnos medo o verbo crecer. Todo o contrario. É desexábel crecer (e mesmo creo que iso comporta unha mensaxe máis humana e optimista) na satisfacción das necesidades humanas, na produción de todo aquilo que as satisfai dun modo equilibrado e natural. Facer crecer a satisfacción solidaria e pacífica das necesidades humanas non é algo indesexábel senón unha aspiración lóxica que non temos dereito a frustrar, aínda que, iso si, temos que aprender a conxugala na práctica coa austeridade, co equilibrio, co amor á especie e á natureza e, sobre todo, co respecto indeclinábel ao dereito que todos os seres humanos temos a estar igual de satisfeitos que os demais e que é o que obriga a negociar e establecer dun modo democrático a pauta da repartición da riqueza.

Unha proposta desmovilizadora e politicamente inocua, aínda que estea chea de boas intencións

O problema de confundir a natureza do capitalismo dos nosos días non só leva a propor unha estratexia inadecuada para resolver o problema obxectivo da destrución ambiental e do mal uso dos recursos. Ademais, comporta un discurso que confunde á poboación, que lle impide entender a natureza do mundo en que vive e que, ao proporlle medidas que nunca poden resultar atractivas cando á maioría dela ten insatisfeitas a maior parte das súas necesidades, non permite concitar apoio nin xerar mobilización política suficientes para cambiar os estados de cousas actual.

Como di José Manuel Naredo, un termo con pretensións políticas (como o de decrecemento) que pretende articular un enfoque económico alternativo ao actualmente dominante "necesita ter á vez un respaldo conceptual e un atractivo asegurados, dos que carece o termo decrecimiento (…) Por iso é polo que o movemento ecoloxista que defende o decrecemento ten que empezar a pórlle apelidos para que o obxectivo resulte intelixíbel e razoábel desde fóra do enfoque económico ordinario" (José Manuel Naredo, Luces en el labirinto, A Catarata, Madrid 2009, pp. 214-217).

Conclusión

Todo o que acabo de sinalar non quere dicir que a actividade que despregan os defensores do decrecemento sexa inútil. Entendo, como dixen ao comezo deste texto, que o discurso engadido á proposta do decrecemento e que implica a posta en práctica de novas relacións de consumo (formas distintas de produción, e novos valores humanos de solidariedade, austeridade, xustiza, cooperación, etc.) é hoxe día imprescindíbel. Porén mentres a formulación que dea pé a este discurso e a estes valores sexa a do decrecemento tal e como hoxese mantén, e á que dediquei este texto, o que na miña opinión se estará xerando será un movemento ao redor dunha crenza e non ao redor dun concepto rigoroso e que poida ser levado á práctica de modo coherente coa devandita filosofía. estar a promover un movemento testemuñal, moi necesario sen dúbida e exemplar se se quere desde o punto de vista do compromiso persoal e colectivo, pero que nunca poderá promover unha solución efectiva, operativa e politicamente viábel fronte aos problemas contra os que se quere actuar. En definitiva, co precario arsenal teórico do que hoxe día dispón o decrecemento poderá ser un movemento atractivo mais que só pode ofrecer unha crenza, unha aposta moral, unha filosofía ou unha prática persoal, como acabo de dicir, moi valiosas mais incapaces de concretarse nun proxecto político e, por tanto, nunha acción social colectiva realmente transformadora.

Traducido por:

Share
 
mandela_eta

Polo Funambulista coxo, sobre o fin de ETA.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning