banner_consello_peq

Categorías

Categoría: Que é o que di…
boaventura02

Concertar unha cita con Boaventura De Sousa Santos é, xa a priori, unha especie de agasallo inesperado. O preámbulo á entrevista promete. Racha co concepto de pensador ‘autista’. Pregunta por AGE e Xosé Manuel Beiras. Interésase por vir a Galicia e inicia a conversa sabedor de que imos empregar os mesmos códigos e parámetros culturais.

Share
 
turiel

Esta entrevista, realizada por Manuel Casal Lodeiro, membro do Consello Editorial de Altermundo, é unha versión estendida, moito máis ampla, da publicada no suplemento Altermundo publicado en novembro de 2012 na revista Tempos Novos. A versión curta, pódese baixar en pdf aquí.

Share
 
apague_luz

Carlos Taibo fala con Pedro Maceiras sobre "Que non se apague a luz. Un diario de campo do 15M" (Catarata, Madrid, 2012)

Share
 
assange

Cando o mércores 15 de agosto deste ano resultaba inminente que Julian Assange obtería o asilo político que solicitara, de parte do goberno do Ecuador, escribinlle ao profesor Noam Chomsky, un dos pensadores máis importantes da actualidade, para que me respondese unhas preguntas sobre o antedito asilo, sobre a xeopolítica que rodea este caso e sobre a liberdade de expresión.

Hai varios meses mantivera unha breve correspondencia co profesor Chomsky, que aínda non puidera materializar nunha entrevista para GkillCity. Con todo, cruzamos un par de correos e, aínda que me advertiu que tiña unha cola de solicitudes de entrevistas que adoita programar para meses despois, ía facer o posíbel por respondelas. O domingo 19 recibín un correo electrónico ás 10:08 da mañá, cunha breve introdución de Chomsky, quen devolvía o cuestionario contestado.

Queremos coñecer as súas impresións sobre o último affair diplomático que puxo ao Ecuador no centro da atención internacional: o asilo a Julian Assange. O goberno dos EUA emitiu unha declaración na que expresa que este é un problema entre británicos, ecuatorianos e suecos. Cre que é un argumento honesto? Están os EUA interesados realmente no destino de Assange?

A afirmación non pode ser tomada en serio. A sombra que axexa sobre todo este asunto é a expectativa de que Suecia envíe de forma rápida a Assange aos EUA, onde as oportunidades de que reciba un xuízo xusto son, virtualmente, cero. Iso evidencíase polo trato brutal e ilegal a Bradley Manning e a histeria xeneralizada do goberno e os medios sobre Assange. Máis aló disto, para aqueles que cren que os cidadáns teñen o dereito a saber que é o que o seu goberno planea e fai –isto é, quen teñen un persistente afecto pola democracia– Assange non debería enfrontar un proceso xudicial senón, pola contra, ser condecorado cunha medalla á honra.

Nunha entrevista con Amy Goodman, de Democracy Now! afirmou que a maior razón para existiren os segredos gobernamentais é protexer eses mesmos gobernos da súa xente. Por primeira vez o mundo está a ver a verdadeira cara da diplomacia?

Calquera que estude documentos desclasificados axiña advirte que o segredo gobernamental é un esforzo para protexer aos facedeiros de políticas públicas do escrutinio cidadán, non para protexer o país de inimigos. Ese segredo é ás veces xustificado, pero é algo raro, e no caso de Wikileaks non vin un só exemplo que así o merecera.

Con todo, esta non é –de ningún xeito– a primeira vez que documentos filtrados expuxeron a “verdadeira cara da diplomacia”. Os Papeis do Pentágono é un caso famoso pero a verdade é que este é un asunto constante. Os rexistros expostos, mesmo os documentos desclasificados oficialmente, son polo xeral bastante impresionantes; aínda que é moi raro que esta información sexa coñecida polo público en xeral e, incluso, pola maioría da academia.

No asunto do asilo a Assange, argumentouse que o goberno ecuatoriano mostrou ambigüidade cara á liberdade de prensa: por unha banda manteñen unha constante confrontación retórica –que foi levada ás cortes, como os casos do Diario O Universo e os xornalistas Juan Carlos Calderón e Christian Zurita, autores do libro Gran Irmán– e pola outra, outórganlle o asilo a Assange. Ve vostede tamén contradición nisto? Ou ten unha lectura diferente?

Persoalmente, penso que só en extremas circunstancias debe ser utilizado o poder estatal para restrinxir a liberdade de prensa, sen importar o desgrazado e corrupto que sexa o comportamento dos medios. E sen dúbida houbo moitos abusos severos –por exemplo, houbo un escándalo internacional hai uns anos cando as leis británicas sobre calumnias foron utilizadas por unha gran corporación mediática para destruír a un pequeno diario disidente por publicar unha crítica a unha nova publicada pola gran corporación. Iso non xerou, virtualmente, ningunha crítica. O caso ecuatoriano debe ser examinado individualmente, pero máis aló de calquera conclusión, non ten porque pesar no outorgamento do asilo a Assange, así como a antedita vergoñosa supresión da liberdade de expresión no caso británico non tería porqué pesar se Inglaterra outorgase asilo a alguén que tema ser perseguido. E ninguén diría o contrario en casos de calquera Estado occidental poderoso.

Xa que falamos de ambigüidade, hai un dobre estándar na aplicación da lei por parte dos británicos, xa que no caso Pinochet a extradición solicitada por Garzón foi rexeitada?

O estándar gobernante é a subordinación aos intereses do poder. De cando en cando hai unha desviación.

Cal é, na súa opinión, o futuro inmediato do caso Assange? Vai a policía británica a asaltar a Embaixada ecuatoriana? Poderá Assange saír do Reino Unido e permanecer fóra de todo risco até chegando ao Ecuador?

Virtualmente, non hai ningunha posibilidade de que Assange poida saír do Reino Unido, nin da Embaixada de Ecuador. Dubido moito de que Inglaterra vaia asaltar a Embaixada, que sería unha violación radical do Dereito Internacional, pero tampouco creo que esa opción deba ser descartada. Paga a pena lembrar, por exemplo, o asalto á Embaixada do Vaticano feita por forzas estadounidenses logo de invadir Panamá, en 1989. As grandes potencias considéranse a si mesmas inmunes ao dereito Internacional e as clases educadas polo xeral protexen esa postura. A miña previsión é que os británicos esperarán até que Assange non tolere máis estar confinado a un pequeno cuarto na Embaixada –que de feito é un departamento de tamaño modesto.

Nun aspecto máis amplo, e para rematar a entrevista, Slavoj Zizek dixo que non estamos destruíndo o capitalismo, senón testemuñando como o sistema se destrúe a si mesmo. Son os movementos Occupy, as crise financeira en Europa e EUA, o xurdimento de Latinoamérica e outras rexións antes reputadas marxinais e o caso Wikileaks signos do derrube do sistema capitalista?

Lonxe diso. A crise financeira en Europa podería ser resolta, pero está a ser utilizada de panca para socavar o contrato social europeo; é, basicamente, un caso de loita de clases. Os rexistros da Reserva Federal dos EUA locen mellor que os do seu par europeo, pero son aínda demasiado limitados, e hai outras medidas que poderían adoptarse para paliar a crise nos EUA, que é unha crise de desemprego, principalmente. Para a poboación en xeral, o desemprego é a maior preocupación pero as institucións financeiras, que teñen unha posición dominante na economía e o sistema político, están máis interesadas en recortar o déficit e os seus intereses prevalecen. En xeral, hai unha fenda xigante entre o interese público e as políticas públicas. Este é un só caso. O xurdir de América Latina é un fenómeno con significado histórico, pero está lonxe de remover o sistema de estado capitalista. E malia que Wikileaks e os movementos Occupy son irritantes para os poderosos –e unha gran axuda para o público–, non son unha ameaza para os poderes fácticos dominantes. •

Entrevista cedida polo medio alternativo ecuatoriano Gkillcity a Altermundo, para ser publicada en lingua galega.
Share
 
eleccions_movementos

Son importantes as eleccións galegas? Hai posibilidades de mudar o goberno? E as políticas? Cal debería ser o papel dos movementos sociais de contestación? Hai que votalos?

Share
 
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Venezuela, as eleccións e o seu impacto xeopolítico. Entrevista con Germán Mundaraín, embaixador de Venezuela na ONU/Xenebra. Por Sergio Ferrari, desde Xenebra, Suíza.

Share
   
vivas_esther

Marcos P. Pena-. Esther Vivas, activista, investigadora e membro de Izquierda Anticapitalista, presenta este xoves na Asociación Cultural Bou Eva o seu libro Planeta indignado. Ocupando el futuro. A obra, escrita xunto con Josep Maria Antentas, analiza a construción dos movementos de indignación en todo o mundo, dende o 15M á resistencia en Grecia ou as revolucións árabes. O venres participa tamén en Vigo no Congreso Internacional de Agricultura Ecolóxica, onde presentará un relatorio sobre Crisis alimentaria: causas, consecuencias e perspectivas, como membro do Centro de Estudios sobre Movimientos Sociales da Universidad Pompeu Fabra.

Share
 
taibo_carlos2

Entrevista de Pedro Maceiras a Carlos Taibo sobre "España, un gran país. Transición, milagre e quebra" (Catarata, Madrid, 2012).

Share
 

Entrevista feita por Miguel Pardo (Praza)-. Xavier Simón dirixiu a investigación sobre o impacto económico da enerxía eólica en Galicia elaborada polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (Gieea) da Universidade de Vigo. No seu último informe queda clara a escasísima renda que os parques eólicos deixan no medio rural do país. Os propietarios dos montes onde se asentan estas instalacións perciben tan só un 1,4% da facturación total das compañías. O economista galego acusa o marco regulador e á escasa información que os donos das terras recibiron desde que as firmas enerxéticas chegaron a Galicia para quedar de vez. 

Share
 
meadows

Vén de se celebrar o 40 aniversario do libro The Limits to Growth (Os límites do crecemento), obra de referencia da literatura ambiental. Utilizando a teoría da dinámica de sistemas e  a modelización informática, un grupo de investigadores do Massachusetts Institute of Technology (MIT) desenvolveron entre 1970 e 1972, por encargo do Clube de Roma, un proxecto para analisar as causas e as consecuencias a longo prazo do crecemento da poboación e da economía material no noso planeta. O resultado sería The Limits to Growth.

Share
 
toussaint_filosofia

A actual situación dos cidadáns dos estados europeos é o resultado de tres décadas dun estudado comportamento piramidal. E, aínda que ás veces se esqueza, ten moito que ver coa débeda pública, froito dunha política deliberada, social e fiscalmente inxusta, consistente en privilexiar aos que máis ingresos e benestar posúen. Pero hai solución: "Rexeitala como ilexítima". Polo menos iso é o que defendeu en Pontevedra Éric Toussaint, presidente de CADTM (Comité de Abolición da Débeda do terceiro Mundo) e membro do Foro Social Mundial e de Attac na primeira xornada da Semana Galega de Filosofía, que este ano a Aula castelao dedica a repensar Europa.

Share
 
grecia_poli

Entrevistado por Kostis Damianakis, columnista da axencia brasileira Carta Maior, o deputado grego polo partido da Esquerda Radical, Michalis Kritsotakis, destacou a importancia dos movementos que xurdiron nos últimos meses no país, mais dubida que eles substitúan o potencial dunha esquerda unificada. Para o membro do Foro Social grego, os ajustadores do sistema ultraliberal usan a Grecia como o coello de indias para avaliar o comportamento e resistencias das sociedades nunha crise sistémica como a actual.

Share
 
wallerstein_inmanuel

As raízes da crise são, de muitas maneiras, a incapacidade de reproduzir o princípio básico do capitalismo, que é a acumulação sistemática de capital. Esse é o ponto central do capitalismo como um sistema, e funcionou perfeitamente bem por 500 anos. Foi um sistema muito bem sucedido no que se propõe a fazer. Mas se desfez, como acontece com todos os sistemas.

Share
 
taibo_obradoiro

Entrevista de Diego Cobo (Periodismo Humano) a Carlos Taibo, catedrático de Ciencias Políticas e autor do libro "O 15M en sesenta preguntas". "A esquerda tradicional non entende o que é un movemento asembleario".

Share
 
toni_negri

Entrevista a Toni Negri en Público, traducido por A Revolta entre a Mocidade. Toni Negri. Filósofo. Aterra na Tabacalera e o Museo Reina Sofía para dialogar coas redes e asociacións do 15-M.

Share
 
Tone

Ricardo Rodríguez-. Fala dende algún porto grego e faino ás présas. A presión que Israel está a exercer para evitar que a Frotiña da Liberdade II poida facerse ao mar rumbo a Gaza estalles a xerar traballo extra aos activistas que dende hai semanas preparan a expedición humanitaria. “Hai unha guerra moi forte para que non poidamos saír de porto”, asegura Antón Gómez, un dos cinco activistas galegos que participa na expedición. “Non é definitivo pero é moi posíbel que a saída [prevista para hoxe] se adíe horas e mesmo uns días”, engade. Non dá data concreta por razóns de seguridade. “E iso é o máis lóxico vendo as sabotaxes e as presións dos últimos días para que non soltemos amarras”, apostila.

Share
 
HOBSBAWM

Economicamente, as grandes crises são ambas muito parecidas, nas aquisições para a União Europeia desde os anos 1970s –Grécia, Portugal, Irlanda, por exemplo. Mesmo politicamente, as diferenças entre os antigos estados comunistas e os antigos estados não comunistas da Europa enfraqueceram a capacidade de a Europa continuar a desenvolver-se. Não sei se a Europa continuará a conseguir manter-se como está.

Share
 
reimondez_maria

Manuel Vidal Villaverde-. “A desconexión consiste en non vincular o consumismo no norte coa explotación do sur”.

Share
 
manimekalai2

Durante o pasado mes de abril, Implicadas no Desenvolvemento organizou a I Escola Feminista co título 'Centros e periferias', co obxectivo de reflexionar, den de o ollar da cooperación ao desenvolvemento, sobre a importancia que a diversidade de voces ten para as teorías e o activismo femista. A doutora Manimekalai foi unha as docentes convidadas.

Share
 
omar

Xa hai anos que unhas 180 colectividades, entre organizacións, movementos, partidos e sindicatos de Palestina reuníronse o 9 de Xullo do 2005 para lanzar o Chamamento unificado da sociedade civil palestina para o Boicot, Desinvestimentos e Sancións, ofertando un novo xeito de encamiñarse para desafiar as múltiples formas de presión colonial e racista de Israel sobre os pobos nativos de Palestina.

Share
 
viejo_raimundo

“O modelo dos partidos e dos sindicatos está máis que esgotado, é incríbel o seu autismo”, cre o politólogo, que explica a acción dos ‘indignados’ a través do maio do 68.

Share
 
domenech

En cumpríndose un ano do radical xiro neoliberal da política económica do goberno Zapatero, e no contexto dos aterradores datos sobre paro xuvenil en España –un 43%– e de respostas sociais como a convocatoria de manifestacións en 50 cidades do Estado español este 15 maio, o xornalista Ander Carazo entrevistou a Antoni Domènech, catedrático de Filosofía do Dereito, Moral e Política na Universitat de Barcelona e editor da revista Sin Permiso.

Share
 
toussaint_0

Para o jornalista, economista e historiador Eric Toussaint, “se os povos do Norte de África se opuseram aos seus governos absolutistas, porque não oporem-se aos governos como os que na Europa não respeitam a vontade popular?” Entrevista realizada por David Murator.

Share
 
taibo_carlos_montaxe

Rosabel Candal-. Defende a "Teoría do decrecemento" e chama a romper "coas ilusións ópticas" que "nos fan pensar que seremos máis felices cantas máis horas traballemos, máis diñeiro gañemos e máis bens consumamos" porque senón "non poderemos entregarlles ás xeracións vindeiras un planeta vivible".

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning