Para salvar os eucaliptos, sacrifiquemos as abellas; e con elas non só o medio de vida dos apicultores, senón un elemento chave dos ecosistemas que permite a polinización de numerosas plantas, incluídas moitas das que nos alimentamos. Ese é o plan que xorde no seo de ASPAPEL (Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón), entidade presidida por ENCE e que presume de sustentable, e que bota a andar en primavera coa colaboración da Xunta de Galicia, asociacións forestais galegas e concellos gobernados polo Partido Popular.


