Plan Director de Acuicultura Litoral, Lei de Costas, Plan Sectorial de Actividades Extractivas, Lei de Montes, Lei de Augas, cultivos enerxéticos, transxénicos, xeoenxeñería… Barra libre.
Plan Director de Acuicultura Litoral, Lei de Costas, Plan Sectorial de Actividades Extractivas, Lei de Montes, Lei de Augas, cultivos enerxéticos, transxénicos, xeoenxeñería… Barra libre.
A crise do capitalismo e o capitalismo mesmo, a privatización dos servizos públicos e a fin do estado do benestar, a ofensiva neoliberal e o desemprego, as deficiencias democráticas e a corrupción, a Europa dos mercados e a pobreza, o consumismo e o deterioro do medio ambiente… Vivimos tempos de crise. Tempos en que se fan evidentes as relacións entre “fenómenos” até entón disimuladas, tenues ou incipientes. Neste contexto, iniciouse un proxecto que busca facer posible a necesaria relación entre a indignación política e a tensión na rúa, coa construción de respostas e alternativas sociais e a defensa dos dereitos e as liberdades.
ECOAR))), “Espazo de (Contra)discurso, Construción e Coordinación de Alternativas e Resposta social”, é unha nova plataforma onde conflúen persoas e colectivos da comarca de Vigo con distinta traxectoria e diferentes eidos de especialización na resposta social, que teñen como obxectivo activar e dinamizar a acción política e social popular. ECOAR))) é independente, autofinanciada, asemblearia e conta cuns principios metodolóxicos e ideolóxicos definidos. Despois de meses de construción, ECOAR))) fixo o seu acto de presentación á cidadanía o pasado xoves 21 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Ensalle de Vigo.
Esta plataforma é un espazo aberto no que cada persoa ou colectivo pode achegar as súas propostas e iniciativas. ECOAR))) busca analizar, denunciar e criticar a tiranía dos antisociais, desa pequena parte da poboación que quere converter en mercadoría ao resto da xente (e ao planeta mesmo!); pero tamén busca xerar un espazo no que propor e construír a resposta solidaria e iniciativas concretas, para acadar unha sociedade inclusiva, diversa, horizontal, non violenta e sostible.
Os principios ideolóxicos de ECOAR))) son froito das inquedanzas sociais e políticas dos seus integrantes. Baixo estas ideas a plataforma pode desenvolver unha acción colectiva congruente e efectiva. Os puntos ideolóxicos básicos da plataforma son: anticapitalismo, antiglobalización, consumo responsábel, defensa do público, defensa dos dereitos humanos, ecoloxismo, estado social e laico, horizontalización da sociedade, multiculturalismo e non violencia.
Os principios metodolóxicos de ECOAR))) procuran que a vida da plataforma, dos seus membros e da sociedade na que se integran sexa “saudable”, democrática e independente, sen manipulacións e instrumentalizacións. Todos/as sumamos, fraternidade e transparencia son os principios xerais de funcionamento da plataforma, ao tempo que o asindicalismo, apartidismo e aconfesionalismo aseguran a súa independencia como colectivo social.
A participación en ECOAR))) é aberta e flexible. Cada membro, individual e colectivo, é libre de participar nas iniciativas que queira, sexan de ECOAR))) ou non. Cadaquén escolle o seu nivel de compromiso na vida da organización: dende a colaboración puntual até a integración nalgún dos Grupos Estruturais –grupos autónomos que sosteñen as accións e ferramentas da plataforma.
Un novo sistema só é posible mediante o traballo de toda a cidadanía. Por esta cuestión ECOAR))) comeza agora unha nova etapa na que espera que todas as persoas participen na construción dunha nova realidade social.
ECOAR))) é un espazo que busca o funcionamento conxunto e a converxencia entre colectivos e cidadanía, entre accións e alternativas… Por esta cuestión, unha das tarefas que vertebra este proxecto é a xeración de ferramentas sociais. Actualmente ECOAR))) conta con catro ferramentas.
A primeira delas é a Asemblea. É o lugar onde se propoñen, debaten e deciden as iniciativas a través do consenso. Pero a finalidade última da plataforma é unha contorna dinámica. Que unha acción non se desenvolva “nominalmente” dentro de ECOAR))), non significa que moitos dos/das seus/súas membros non participen no proceso da creación, construción e desenvolvemento dunha iniciativa.
A segunda ferramenta son as Mesas informativas. Co obxectivo de achegar á cidadanía a temática social de xeito directo, as mesas informativas móntanse varias veces ao mes na vía pública. Distribúense textos informativos, transmítense convocatorias de mobilizacións e campañas…; pero tamén son lugar para que os/as cidadáns/ás participen activamente no movemento social (asinar, denunciar, involucrarse no traballo de colectivos e campañas…). Por outra banda as mesas buscan ofertar un espazo a todos aqueles colectivos e iniciativas individuais que, por cuestións estruturais, non poden estar na rúa.
Unha terceira ferramenta é a Web. O portal www.ecoar.eu busca converterse nun punto de converxencia e coordinación entre colectivos e entre colectivos e cidadanía. Cada colectivo a través dunha clave “sube” os seus propios contidos: manifestos, convocatorias, vídeos… A web está pensada de xeito útil (dispón dun almanaque onde centralizar e “publicitar” as convocatorias do movemento social vigués, apartados onde consultar cuestións de tipo legal, estratexia social…).
E por último, a Revista. “A Boia. Contracultura dende a Ría”, é outra canle de comunicación da cidadanía vencellada a ECOAR))). Trátase dunha publicación mensual sen ánimo de lucro, que incluirá materiais achegados por individuos, colectivos e o Grupo de (Contra)discurso de ECOAR))). Centrada en asuntos sociais e políticos, busca a converxencia destes coa cultura popular e alternativa. N’A Boia confluirán o informativo co artístico. Cada mes A Boia sairá á rúa a un prezo de 0’50 euros e poderá atoparse en kioskos, centros sociais, bares e cafés da Ría de Vigo e a súa contorna. Os puntos de venda poderán atoparse na páxina web e o primeiro número sairá en Abril.
A man nun duplo valor; como elemento de traballo, como símbolo do traballo comunitario e a man como elemento de decisión nas asembleas, como símbolo do asemblearismo. Este é o sentido do título do noso proxecto de documental “En todas as mans”. Porque é sobre isto do que queremos tratar. De comunitarismo, de participación directa, de xestión do territorio, de patrimonio cultural, de monte veciñal.
É duro dicilo, pero parece que a ultradereita grega comprendeu mellor a Gramsci que a maior parte da esquerda europea. Unha crónica publicada recentemente mostraba á Aurora Dourada como un "Estado dentro do Estado". Escribía a xornalista:
En febreiro de 2009, durante o Foro Social Mundial en Belem do Pará (Brasil), tiven a sorte de formar parte da delegación internacional nun acto organizado polo Movemento dos Traballadores Rurais Sem Terra (MST) no ximnasio da Universidade Estadual Paraenese. Tratábase dun encontro de movementos sociais cos presidentes do Ecuador, Paraguai, Bolivia e Venezuela. Faltaba un quinto, o presidente Lula da Silva, excluído publicamente do antedito acto polo MST, por mor das políticas contrarias á reforma agraria que el mesmo prometera en chegando ao Planalto en 2002. Meses máis tarde, o movemento camponés, que agrupa a centos de milleiros de familias labregas en loita, decidía apoiar a Dilma Rouseff, aposta persoal de Lula, para a presidencia do país.
“O chamam democracia e não é ” tem sido a frase dita reiteradamente em praças, manifestações… E na medida que o tempo passa esta consigna ganha cada vez mais sentido. A estigmatização e a repressão contra aqueles que lutam por seus direitos nas ruas não tem feito senão intensificar-se nos últimos tempos.Temos mais crise, mais apoio popular a quem protesta, mais criminalização e mais mão dura. As ânsias de liberdade parecem estar em conflito com a atual “democracia”.
Aínda que, como o personaxe de Melville, preferise non facelo, volvo sobre a disputa que, aos ollos dalgúns, enfrontaría ao 15M e ao movemento mineiro.
Dentro do movemento do 15 de maio -e dentro doutras moitas iniciativas- hai, se así se quere, dúas grandes posicións. A primeira entende que o labor principal do movemento estriba en elaborar propostas que se espera sexan escoitadas, nun grao ou outro, polos nosos gobernantes. A segunda, moi diferente da anterior, aspira, así a todo, a crear espazos de autonomía nos cales procedamos a aplicar regras do xogo diferentes das que nos impón o sistema que padecemos. E a facelo, por riba, sen agardar nada deses gobernantes que veño de mencionar.
A pós o longo periodo de crise, auto-inquérito e experimentaçom iniciado polo movimento o 15F de 2003 –ciclo de loitas contra a Guerra em Iraq–, um ciclo de ruptura chegou à península ibérica procedente da Praça Tahrir. Com efeito, o 15 de Maio do ano passado tivo lugar a mutaçom definitiva no repertório de acçom colectiva que inaugura umha fase alcista, sinérgica e empoderadora. Podemos afirmar sem hesitar: umha nova vaga de mobilizaçons global está em curso.
Entendemos por economía social o conxunto de actividades de organizacións de produtores, consumidores, aforristas, traballadores… que operan rexidos polos principios de participación democrática, autonomía de xestión e primacía do ser humano sobre o capital. E cómpre diferenciala da economía estatal do sector público e da economía privada de natureza capitalista onde se encadraría a economía de mercado.
Despois de 500 anos de colonialismo, por primeira vez as recentes Constitucións aprobadas por Ecuador e Bolivia recollen como alicerce a perspectiva ancestral dos seus pobos: o Sumak Kawsay, o Suma Qamaña, o Vivir Ben en harmonía integral.
Laiábanse estes días atrás pensadores tan respectábeis como Carlos Taibo, Joan Martínez Alier ou Serge Latouche do erro que supón poñer á cidadanía na disxuntiva de aceptar ou ben o axustamento das dispoñibilidades económicas da señora Merkel, isto é, os recortes que empobrecen todos os dominios sociais para cobrar “o que nos deben eses cidadáns malgastadores”; ou ben o crecemento do emerxente Hollande, como se non existisen outras opcións.
Como a miúdo acontece, a lóxica argumental do sistema obríganos a escoller entre dúas opcións que non poden ser as nosas. Se a primeira -falo do principal debate que se revela hoxe nos países que teñen o euro como moeda- sinala que non queda máis remedio que asumir recortes dramáticos do gasto público, a segunda entende que o anterior é un erro e que eses recortes deben limarse para permitir que as economías recuperen a senda do crecemento. Mentres a señora Merkel abrazaría a primeira posición, o recentemente escolleito presidente francés, Hollande, postularía a segunda. Entrampados como estamos entre esas dúas opcións, parece coma se non houbese ningún horizonte diferente.
Un ano despois, o espírito do 15M segue vivo. Parece evidente que ten que ser así. A situación económica non mellorou, senón que vai a peor. O marco político democrático, co recorte de dereitos e liberdades democráticas dos que teoricamente gozabamos está en fase terminal…Asemade , introducíronnos o medo, que é o mellor xeito de previr protestas, revoltas ou revolucións.
Intempestivo e inesperado. Assim foi a emergência deste movimento de indignação coletiva no Estado espanhol. Se o 14M tivesse nos dito que no dia seguinte milhares de pessoas sairiam às ruas e que nas semanas sucessivas se ocupariam as praças, se organizariam as assembléias, se desafiariam o poder com atos de desobediência civil massivos permanecendo nas praças… não teríamos acreditado. Mas assim foi. As pessoas, dois anos e meio depois do estouro da “grande crise”, disseram “Já basta”.
Se nas filas do 15M hai unha figura persoal que me amola, esa é a do agoireiro: a de quen non ve senón problemas e insuficiencias nun movemento que, ao meu entender, é o mellor, e o máis esperanzador, que tivemos en decenios. A pesar de todos os efectos que podamos atribuírlle, as súas virtudes despuntan con claridade: propiciou a forxa dunha nova identidade contestataria, deu ás a moitas iniciativas afíns, colocou na axenda debates que o sistema intentara esquecer ou agachar, conferiu dignidade á perspectiva da asemblea e da autoxestión, e, por riba de todo, permitiu que moitas xentes descubran que poden facer cousas que parecían non estar ao seu alcance.
Segundo Alberto Garzón, en 2010 Repsol –con YPF no bandullo– pagou ao Estado español a abraiante cifra de 949 millóns de euros en impostos. A este ritmo, en pouco máis de 10 anos a exemplar compañía estaría en disposición, por exemplo, de financiar os 10.000 millóns de euros que o goberno de Rajoy acaba de acernar da educación e da sanidade públicas. Ou podería, por si mesma, deixar sen efecto os 900 millóns que se calcula reducirá o Estado en Axuda ao Desenvolvemento neste ano. Velaí a súa vital importancia para o futuro do Reino.