A dereita odia a América Latina. Antes de nada porque a súa mentalidade colonial e seus intereses a vinculan aos países do centro do capitalismo, aos Estados Unidos en particular, que ten unha relación histórica de conflitos co noso continente. A dereita nunca agacha a súa posición subservinte en relación aos EUA, encantáballe cando os países latinoamericanos eran o patio traseiro do imperio, e cando, por exemplo, na década dos 90 do século pasado, non expresaban ningún interese distinto do de Wáshington e buscaban reproducir as súas políticas.


