Chico Whitaker fixo a finais do pasado ano unha proposta radical, disolver o Consello Internacional do FSM. Velaquí os tres textos nos que explica a súa visión.
Venezuela acometerá o próximo 7 de outubro unhas eleccións presidenciais que, unha vez mais, defínense como decisivas. Neste sentido, estes comicios denotan escenarios abertos que focalizan basicamente nas perspectivas dunha nova reelección presidencial para un Hugo Chávez que de novo comparece como candidato presidencial tras aprobarse en febreiro de 2009, vía referendo popular, unha reforma constitucional que permite a reelección indefinida.
As expectativas por alcanzar un acordo de paz duradeiro tras medio século de conflito en Colombia comezarán a traducirse a partir do próximo 8 de outubro en Oslo (Noruega), coa primeira rolda de negociacións entre representantes do presidente colombiano Juan Manuel Santos e comisionados das dúas principais guerrillas dese país, as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Exército Popular (FARC-EP) e o Exército de Liberación Nacional (ELN). Posteriormente, estas negociacións se trasladarán á capital cubana, La Habana.
Resulta indubidable que o MERCOSUR afronta unha nova etapa co recente ingreso de Venezuela, oficializado o pasado 31 de xullo. Entre outras variables, o ingreso dun socio estratéxico como Venezuela implicaría unha necesaria revitalización deste organismo de integración suramericano, anelado baixo a sensación de certa parálise nos derradeiros anos e visiblemente desprazado pola vitalidade doutras iniciativas de integración como UNASUR, a ALBA e a CELAC. Así e todo, este novo escenario non estará exento de complexidades e tensións.
Artigo escrito a dúas mans por Alfredo Iglesias Diéguez e mais Xabier Ron, traballadores do ensino, militantes comunistas e membros do Consello Editorial de Altermundo.
CARA A UNHA XESTIÓN EMPRESARIAL DO PÚBLICO
As eleccións lexislativas celebradas o pasado domingo 6 de maio en Grecia confirmaron o anunciado escenario de fragmentación política nun país sumido na súa máis grave crise socioeconómica desde que en 2010 fora obxecto do rescate financeiro propiciado pola “troika” conformada pola Comisión Europea, o Banco Central Europeo (BCE) e o Fondo Monetario Internacional (FMI). Os comicios gregos expresaron unha forte contestación social non só cara a súa clase política tradicional senón contra os programas de austeridade económica impulsados dende Bruxelas e Berlín.
Christos Kefalis-. As eleccións lexislativas do 6 de maio produciron un resultado sensacional, abrindo un novo capítulo na historia política de Grecia. Así mesmo, repercutirán significativamente na situación política europea.
O próximo domingo 22 de abril, Francia celebrará a primeira volta das súas eleccións presidenciais nun contexto de atomización política e coa eventual perspectiva dun cambio de goberno. Paralelamente, estes comicios son relevantes para dirimir a actual xeopolítica europea, principalmente ante a posibilidade de que a non reelección do actual presidente Nicolás Sarkozy (Unión por un Movemento Popular, UMP) signifique o retorno ao poder do Partido Socialista (PS), desta vez da man do seu candidato François Hollande.
O fracaso e as contradicións da estratexia empresarial de "argentinización" de YPF, que fan que Repsol non sexa capaz de asumir financieramente a posta en explotación das reservas de hidrocarburos da zona de Vaca Muerta, expoñen en toda a súa crueza as esixencias do autoabastecimiento enerxético sustentábel de Arxentina.
Silenciada e escasamente atendida polos mass media, a peculiar revolución popular que vive Islandia a resultas da crise financeira de 2008 desenvolveuse a través dunha masiva e pacífica rebelión cidadá destinada a reconducir os poderes públicos nacionais e sanear a súa economía mediante a nacionalización do seu sistema financeiro, a negativa a pagar a débeda externa e a vontade de reescribir a Constitución nacional.
Após um ano da posse de Dilma Rousseff na Presidência da República, penso que vale a pena um balanço, de uma perspectiva da cidadania. Claro que é um ponto de vista a partir do lugar que ocupo numa organização de cidadania ativa, como o Instituto Brasileiro de Análises Econômicas e Sociais. Não tenho a pretensão de ser uma voz representativa de quem quer que seja. Defendo só a legitimidade de minha análise.
Como unha auténtica “revolución política” na dinámica de cambios derivada da “Primavera árabe”, o ascenso ao poder dos partidos islamitas no Magreb confirma un novo escenario, principalmente tralas súas recentes vitorias electorais en Tunisia e Marrocos, así como o seu previsible ascenso no prolongado proceso electoral constituínte en Exipto e a posibilidade de inserción de elementos islamitas, algúns deles de carácter máis radical, na Libia post-Gadafi.
Estamos nun momento, como país, de máxima importancia para a nosa propria supervivencia; o nacionalismo galego poucas veces tivo un momento nos últimos trinta anos de tanta convulsión interna que podemos diagnosticar en catro síntomas evidentes:
Cando explicamos desde o socialismo marxista a relación de dominación que as estruturas capitalistas exercen sobre as sociedades e como lexitímase desde toda instancia o capitaneo dos intereses privados das oligarquías económicas sobre a sociedade, a través de mecanismos de adaptación das percepcións, explicacións, valores e crenzas, estamos a falar, do facer hexemónico de dominación dunha clase social, que expande como norma universal en toda a sociedade o que a ela, e só a ela, en maior grao beneficia.
O próximo domingo 23 de outubro celebraranse comicios presidenciais en Arxentina. As enquisas practicamente amosan un consenso sobre a eventual reelección da actual presidenta Cristina Fernández de Kirchner, quen gobernaría así nun segundo período presidencial, 2011-2015. A única incógnita electoral céntrase en coñecer se a anunciada vitoria de Cristina K se realizará con maioría absoluta, evitando a celebración dunha segunda volta electoral prevista para o próximo 20 de novembro.
O próximo 23 de setembro, o presidente da Autoridade Nacional Palestina (ANP), Mahmud Abbas, elevará ante a ONU a lexítima petición palestina de ser recoñecida como unha entidade estatal independente e con asento permanente na ONU “dentro das fronteiras de 1967”, neste caso os territorios de Xerusalén Oriental, Cisxordania e Gaza. O momento, por tanto, anúnciase histórico para Palestina.
Un balance da primeira década dos atentados terroristas acaecidos o 11 de setembro de 2001 en Nova York transmite un resultado contraditorio, especialmente para os dous principais actores implicados, a rede terrorista Al Qaeda e EEUU, país que sufriu uns atentados que transformaron o panorama internacional.
Caiu Muammar Khadaffi e Europa e os EUA falam de reconstruçom e de grandes somas de dinheiro para reflotar a economia líbia. Podemo-nos sentir fachendosos do bom fazer e obrar dos nossos dirigentes sempre atentes a exportar a "democracia" lá onde o ouro preto sai da terra. Queiramos ou nom a guerra de Líbia, sob a camuflagem de guerra incivil, configura o novo modus operandi do imperialismo dos direitos humanos. A diferença do iraque supom umha nova forma de interferir num Estado soberano para benéficio das elites ocidentais em que o desgaste do império é menor, a sua imagem nom se resente e os benefícios correrám a regueiros.
A sorprendente retirada militar da milicia islamita Al Shabaab a comezos de agosto, tras fortes combates polo control da capital somalí Mogadiscio enmarcada dentro dunha conxuntura que fortalece a autoridade do Goberno Federal de Transición (GFT), engade un factor político inédito ao inestable escenario somalí e do Corno de África, determinado pola oficialización por parte de Nacións Unidas da peor crise humanitaria das últimas décadas, e que afecta ó redor de 13 millóns de persoas, produto das secas, da fame e da inestabilidade política e militar.