Autor/a

banner_consello_peq

Categorías

Chamamento de Yakarta
Chamamento de Yakarta

Chamamento da VI Conferencia da Vía Campesina Egidio Brunetto – 9 ao 13 de xuño.

(Yakarta, o 12 de Xuño de 2013) Nós, A Vía Campesina, vimos estender o noso chamamento urxente a tecer fío a fío a unidade a nivel global entre organizacións do campo e da cidade para participar activa, propositiva e decididamente na construción dunha nova sociedade, baseada na soberanía alimentar, a xustiza e a igualdade. Atopámonos aquí convocados polo espírito dos nosos amigos e líderes, e todos aqueles cuxo coraxe e compromiso coas nosas loitas nos inspira. A Vía Campesina, un movemento internacional labrego que reúne a máis de 200 millóns de campesiñas e campesiños, pobos indíxenas, pescadores, recolectores e traballadores agrarios. Coa creatividade das mulleres e o entusiasmo dos nosos mozos e mozas vimos de 150 organizacións e 70 países. Estamos en Asia, fogar da meirande parte de labregas e labregos do mundo para festexar os nosos primeiros vinte anos de loita.

Comezamos o noso camiño en Mons (Bélxica) no ano 1993 e articulamos a nosa visión radical da Soberanía Alimentar en 1996 en Tlaxcala (México), logrando reposicionar ao campesiñado, homes e mulleres como actores sociais centrais nos procesos de resistencia contra a axenda de comercio neoliberal e na construción de alternativas. Os pobos da terra somos actores indispensábeis na construción, non só dun modelo de agricultura distinto, senón dun mundo xusto, diverso e igualitario. Somos nós quen alimentamos á humanidade e coidamos a natureza. As xeracións futuras dependen de nós para o coidado da terra.

Hoxe máis ca nunca, outro mundo é urxente e necesario. A destrución do noso mundo a través da sobrexplotación e desposesión dos pobos e a apropiación dos bens naturais está producindo a actual crise climática e profundas desigualdades que ameazan á humanidade no seu conxunto e á vida mesma. A Vía Campesina di un rotundo NON a esta destrución impulsada polas corporacións.

Nós estamos construíndo novas relacións entre os seres humanos e coa natureza sobre a base da solidariedade, a cooperación e a complementariedade. No corazón da nosa loita está na formulación dunha ética para a vida que atravesa todas as nosas accións e procuras. A Vía Campesina comprometeuse a dar visibilidade a todas as loitas locais ao redor do mundo, asegurando que sexan entendidas desde unha perspectiva internacional e contribúe a involucralas nun gran movemento global pola soberanía alimentar, a mudanza social e a autodeterminación dos pobos do mundo.

Chamamos a todas as nosas organizacións, aos nosos aliados e amigos, amigas, irmás e irmáns na loita, e a todos aqueles comprometidos cun futuro mellor a continuar camiñando xuntos e xuntas, a rexeitar a axenda da “Economía Verde” e a continuar construíndo a Soberanía Alimentar.

As nosas loitas

Soberanía Alimentar xa – Transformando o mundo

A Soberanía Alimentar é o eixe central da loita por un proxecto de xustiza social que hoxe convoca a amplos sectores do campo e da cidade. A soberanía alimentar é o dereito fundamental de todos os pobos, nacións e estados a controlar os seus alimentos e os seus sistemas alimentares e a decidir as súas políticas asegurando a cada un alimentos de calidade, adecuados, accesíbeis, nutritivos e culturalmente apropiados. Iso inclúe o dereito dos pobos para definir as súas formas de produción, uso e intercambio tanto a nivel local como internacional. 

Durante as últimas dúas décadas a nosa visión da Soberanía Alimentar inspirou a unha xeración de activistas comprometidos co cambio social. A nosa visión do mundo implica unha revolución agrícola que significa profundas transformacións agrícolas, socioeconómicas e políticas. A Soberanía Alimentar enfatizou a importancia crucial da produción local e sustentábel, o respecto polos dereitos humanos, prezos xustos para os alimentos e a agricultura, comercio xusto entre países e a salvagarda dos nosos bens comúns contra a privatización.

Hogano estamos fronte á maior crise da nosa historia e a mesma é unha crise sistémica. As crises alimentar, laboral, enerxética, económica, climática, ecolóxica, ética, social, política e institucional están levando ao colapso en moitas partes do mundo. En simultáneo, a crise enerxética agudízase día a día fronte ao esgotamento dos combustíbeis fósiles e é enfrontada con falsas solucións que van desde os agrocombustíbeis á enerxía nuclear, que demostrou ser unha das peores ameazas para a vida sobre a terra. 

Rexeitamos o capitalismo, que neste intre se caracteriza por un agresivo fluxo do capital financeiro e especulativo cara á agricultura industrial, a terra e a natureza. Isto xerou un inmenso acaparamento de terras, a expulsión de campesiñas e campesiños da súa terra, a destrución de pobos, comunidades, culturas e os seus ecosistemas, creando migracións e desemprego masivos. Isto xera masas de migrantes económicos e refuxiados climáticos e desempregados, incrementando as inequidades existentes. 

As transnacionais en complicidade cos gobernos e as institucións internacionais están impoñendo, baixo o pretexto da Economía Verde, monocultivos de transxénicos, a megaminaría, as grandes plantacións forestais, a imposición de plantacións de agrocombustíbeis, a construción de grandes represas, o fracking e os oleodutos ou a privatización dos nosos mares, ríos, lagos e os nosos bosques. A Soberanía Alimentar recupera o control sobre os nosos bens comúns devolvéndoos a mans das comunidades.

A Agroecoloxía é a nosa opción para o presente e para o futuro

A produción de alimentos baseada na agricultura labrega, o pastoreo e a pesca artesanal segue a ser a principal fonte de alimentos no mundo. A agricultura campesiña de base agroecolóxica constitúe un sistema social e ecolóxico que está conformado por unha gran diversidad de técnicas e tecnoloxías adaptadas a cada cultura e xeografía. A agroecoloxía elimina a dependencia dos agrotóxicos; rexeita a produción animal industrializada; utiliza enerxías renovábeis; permite garantir alimentación sa e abundante; baséase nos coñecementos tradicionais e restaura a saúde e integridade da terra. A produción de alimentos no futuro estará baseada nun crecente número de persoas producindo alimentos en forma diversa e resiliente.

A agroecoloxía protexe a biodiversidade e arrefría o planeta. O noso modelo agrícola non só pode alimentar a toda a humanidade senón que tamén é o camiño para deter o avance da crise climática arrefriando o planeta a través da produción local en harmonía cos nosos bosques, alimentando a biodiversidade e a reincorporación da materia orgánica aos seus ciclos naturais. 

Xustiza social e climática, e solidariedade

A medida que avanzamos e construímos a partir da nosa diversidade cultural e xeográfica, o noso movemento pola soberanía alimentar vese reforzado, integrando a xustiza e a igualdade social. Practicando a solidariedade por sobre a competencia, rexeitamos o patriarcado, o racismo, o imperialismo e loitamos por sociedades democráticas e participativas, libres de explotación das mulleres, os nenos, os homes ou a natureza.

Demandamos xustiza climática xa mesmo. Quen máis sofren este caos climático e ecolóxico non son os que o provocaron. As falsas solucións da economía verde para continuar o crecemento capitalista están empeorando a situación. Créase unha débeda ecolóxica e climática que debe ser corrixida. Por esta razón demandamos a inmediata detención dos mecanismos de mercados de carbono, xeoenxeñería, REDD e os agrocombustíbeis.

Ratificamos a necesidade e o noso compromiso de loitar en forma permanente contra as corporacións transnacionais, entre outras cousas, boicotando os seus produtos e rexeitando cooperar coas súas prácticas de explotación. Os Tratados de Libre Comercio e os acordos de investimento crearon condicións de extrema vulnerabilidade e inxustizas para millóns. A implementación destes tratados trae como resultado a violencia, a militarización e a criminalización da resistencia. Outra consecuencia tráxica dos mesmos é a creación dunha masa masiva de migrantes mal pagos, con traballos inseguros e insalubres e con violacións dos seus dereitos humanos e discriminación. A Vía Campesina logrou colocar os dereitos dos campesiños e campesiñas na axenda do Consello dos Dereitos Humanos da ONU e chamamos aos gobernos a poñelos en práctica. A nosa loita polos dereitos humanos está no corazón da solidariedade internacional e inclúe os dereitos e protección social dos agricultores migrantes e traballadores da alimentación.

As loitas polo dereito á terra, á alimentación, ao traballo digno, contra a destrución da natureza, son criminalizadas. Son centos os compañeiros e compañeiras que foron asasinados nos últimos anos e outros moitos ven ameazadas as súas vidas ou son perseguidos e encarcelados, a miúdo co apoio ou a complicidade das autoridades públicas. 

Un mundo sen violencia e discriminación contra as mulleres

A nosa loita é para construír unha sociedade baseada na xustiza, a igualdade e a paz. Esiximos o respecto de todos os dereitos das mulleres. Rexeitando o sistema capitalista, patriarcal, a xenofobia, a homofobia e calquera tipo de discriminación, reafirmamos o noso compromiso en lograr unha equidade total entre homes e mulleres. Isto require o fin de toda forma de violencia contra as mulleres, doméstica, social e institucional, tanto nas zonas rurais como nas zonas urbanas. A nosa Campaña contra a Violencia cara ás Mulleres está no corazón das nosas loitas.

Paz e desmilitarización

Vivimos un incremento de conflitos e guerras para a apropiación, proliferación de bases militares e criminalización da resistencia. A violencia é intrínseca a este sistema capitalista mortal baseado na dominación, a explotación e a pillaxe. Nós estamos comprometidose comprometidas co respecto, a dignidade e a paz.

Dóennos e hónrannos os centos de campesiñas e campesiños que foron ameazados, perseguidos, encarcelados, asasinados polas súas loitas. Continuaremos esixindo rendición de contas e castigo para quen violan os dereitos humanos e os dereitos da natureza. Demandamos tamén a liberación inmediata de todos os presos políticos.

Terra e territorios

Defendemos unha Reforma Agraria Integral que ofreza plenos dereitos sobre a terra, recoñeza os dereitos legais dos pobos indíxenas aos seus territorios, garanta ás comunidades pesqueiras o acceso e o control das zonas e ecosistemas de pesca e recoñeza o acceso e o control das terras e as rutas de migración de pastoreo. Este é o único xeito de asegurar un futuro para os mozos e mozas do campo.

A Reforma Agraria Integral, vista como unha distribución masiva de terras xunto co apoio con recursos para a produción e o sustento, debe garantir o acceso permanente aos mozos e mozas, ás mulleres, aos desempleados, aos sen terra, para complementar ás pequenas leiras, aos desprazados e todos aqueles que estean dispostos a participar na produción a pequena escala de alimentos agroecolóxicos. A terra non é unha mercadoría. Deben reforzarse as leis existentes e crear novas para protexernos da especulación e un marco xurídico que impida a especulación con elas e o seu acaparamento. Continuaremos a nosa loita en defensa das terras e dos territorios.

Sementes, bens comúns e auga

Enaltecemos ás sementes, o corazón da Soberanía Alimentar, co principio Sementes Patrimonio dos Pobos ao Servizo da Humanidade, reafirmado hoxe por centos de organizacións en todo o mundo. O noso desafío pasa hoxe por seguir mantendo as nosas sementes vivas en mans das nosas comunidades, por multiplicalas no marco dos nosos sistemas labregos. Continuaremos a loita contra a súa apropiación a través de diversas formas de propiedade intelectual e a súa destrución pola súa manipulación xenética e outras novas tecnoloxías. Opoñémonos aos paquetes tecnolóxicos que combinan transxénicos co uso masivo de pesticidas.

Seguimos hoxe enfrontando a Leis de sementes que, da man dos intereses das corporacións, son privatizadas e mercantilizadas. Seguimos enfrontando aos transxénicos e loitando por un mundo libre de transxénicos. 

Os ciclos da vida flúen a través da auga e ela é unha parte esencial dos ecosistemas e a vida. A auga é un ben común e como tal debe ser protexido.
Construíndo desde as nosas fortalezas

A nosa gran fortaleza é crear e manter unidade na diversidade. Nós temos unha visión do mundo inclusiva, ampla, práctica, radical e esperanzada como convite a unírmonos na transformación da nosa sociedade e a protección da Nai Terra.

  • As mobilizacións populares, a confrontación cos poderosos, a resistencia activa, o internacionalismo, o compromiso cos movementos de base locais son esenciais para lograr mudanzas sociais efectivas.
  • Na nosa heroica loita pola Soberanía Alimentar continuaremos construíndo alianzas esenciais cos movementos sociais, os traballadores e organizacións urbanas e das periferias, con migrantes, con quen loitan contra a megaminaría e as megarepresas, entre outras.
  • As nosas principais ferramentas son a formación, a educación e a comunicación. Estamos fomentando o intercambio de coñecementos acumulados até o presente con metodoloxías e contidos de formación cultural, política e ideolóxica e técnica; multiplicando as nosas escolas e experiencias de educación das nosas bases e desenvolvendo as nosas ferramentas de comunicación desde as nosas bases. 
  • Comprometémonos a crear espazos especiais para potenciar aos nosos mozos e mozas. A nosa maior esperanza cara ao futuro é a paixón, enerxía e compromiso dos nosos mozos e mozas articulada nos mozos e mozas do noso movemento.

Marchamos desta VIN Conferencia Internacional da Vía Campesina dando a benvidsa ás novas organizacións que se integraron ao Movemento, seguros das nosas fortalezas e cheos de esperanzas cara ao futuro.

Pola terra e a soberanía dos nosos pobos!

Con solidariedade e loita!


Ler tamén: 
Declaración de Maputo: V Conferencia Internacional da Vía Campesina


 

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning