Autor/a

Creado en 1991, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é unha entidade independente e sen fins de lucro que ten por obxecto principal a investigación dos problemas internacionais e a activación de estratexias que favorezan unha maior proxección de Galicia no mundo en tódolos dominios.

banner_consello_peq

Categorías

Colombia: ás portas da paz?
Colombia: ás portas da paz?

As expectativas por alcanzar un acordo de duradeiro tras medio século de conflito en comezarán a traducirse a partir do próximo 8 de outubro en Oslo (Noruega), coa primeira rolda de negociacións entre representantes do presidente  colombiano Juan Manuel Santos e comisionados das dúas principais guerrillas dese país, as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Exército Popular (-EP) e o Exército de Liberación Nacional (ELN). Posteriormente, estas negociacións se trasladarán á capital cubana, La Habana.

Este proceso de paz foi anunciado por sorpresa polo presidente Santos o pasado 27 de agosto, tras informar do asinamento dun “principio de acordo” do que, contraditoriamente, non se coñecen os seus principais puntos. Segundo diversas fontes([1]), as conversas informais entre o goberno de Santos e as guerrillas comezaron a comezos de 2011 ata sumar unhas 30 reunións tanto en Colombia como no exterior.

Este nivel de intensidade de reunións informais así como a sensación dun clima político nacional e internacional favorable para propiciar un acordo de paz confirman as expectativas por alcanzar un histórico acordo na actual conxuntura. Este clima aparentemente propicio para a negociación tradúcese, igualmente, nunha cláusula establecida no “principio de acordo”, no que ambas partes asumiron o seu compromiso de non suspender as conversas ata alcanzar un acordo definitivo.

Cómpre así calibrar os escenarios que se presentan para as negociacións entre o goberno de Santos e as FARC e ELN. Desde 2008, as FARC manifestan unha crecente debilidade política e militar, con diminución de operacións e retirada de postos estratéxicos. Paralelamente, esta notoria debilidade tradúcese no visible “descabezamento” do seu liderado político e militar, en especial trala desaparición física como consecuencia de operacións militares do Exército colombiano dos comandantes Raúl Reyes (nun campamento das FARC en Ecuador), Víctor Julio Súarez Rojas (alias “Mono Jojoy”) e Alfonso Cano, así como o deceso por causas naturais do histórico fundador das FARC, Manuel Marulanda. Aínda que segue a manter importantes posicións militares a nivel nacional, o debilitamento das FARC corre paralelo ao do seu homólogo ELN.

Por tanto, o momento semella idóneo para un presidente Santos que conta cun elevado respaldo da opinión pública colombiana e unha conxuntura exterior igualmente favorable, en particular ante a condescendencia dos gobernos de Cuba e por dar curso a estas negociacións de paz, especialmente visible no caso venezolano, cuxo presidente Hugo Chávez considera ás FARC como un “actor belixerante”, mantendo fluídos contactos coa guerrilla colombiana. Caracas contará cun representante nas negociacións de Oslo mentres Cuba albergará na súa capital a prolongación das mesmas.

Con todo, as expectativas non anulan as incertezas e contradicións, en particular ante o legado de fracasos anteriores das negociacións de paz e ante o descoñecemento público dos puntos esenciais da actual mesa de negociación. A isto engádese o feito de que as operacións militares do Exército colombiano contra as FARC seguen o seu curso días antes das negociacións, sen mediar un cese ao fogo previo.

Paralelamente, causa polémica na opinión pública colombiana a presenza nas negociacións do ex alto cargo das FARC, Juvenal Ovidio Ricardo Palmera Pineda, alias “Simón Trinidad”, extraditado a EUA en 2005, unha petición política estratéxica para as FARC, cuxo liderado actual está en mans do Comandante Timoleón Jiménez, alias “Timoshenko”. Outros temas álxidos da mesa de negociacións terán que ver co desarme e a desmobilización guerrilleira, a situación dos civís desprazados polo conflito, un eventual proceso de amnistías a comandantes guerrilleiros e militares e as secuelas en materia de dereitos humanos e de vínculos co narcotráfico.

Os claroscuros da mesa de negociación

Sen un alto ao fogo previo e de forma sorprendente, representantes do goberno do presidente colombiano Juan Manuel Santos, altos representantes das guerrillas das FARC-EP e do ELN e outros dos gobernos de Cuba, Venezuela e Noruega acudirán o próximo 8 de outubro en Oslo á apertura dunha mesa de negociacións sobre a paz en Colombia nun clima de elevadas expectativas non exento de incertezas e controversias.

A posta en marcha destas negociacións foi inesperadamente anunciada polo presidente Santos o pasado 27 de agosto, a través dun “principio de acordo” subscrito na Habana coas FARC-EP e o ELN. Sen coñecerse publicamente este texto nin tampouco os puntos chave destas negociacións, o presidente Santos resumiu os mesmos en tres aspectos centrais: “aprender dos erros do pasado para non repetilos”; “asumir o compromiso de que calquera negociación ten que levar á finalización do conflito, non á súa prolongación”; e o de “manter as operacións e a presenza militar sobre cada centímetro do territorio nacional([2]).

Estes tres puntos que aparentemente resumen o “principio de acordo” causan enorme controversia e incerteza dentro da opinión pública colombiana e internacional, ao mesmo tempo que trasladan a impresión de que este texto foi unilateralmente impulsado polo presidente Santos con clara intencionalidade política, moi probablemente aproveitando a conxuntura de debilitade, especialmente militar, das guerrillas colombianas. Con este texto, Santos e o Alto Mando militar colombiano aseguran non só a continuidade das súas operacións militares contra as guerrillas senón tamén a iniciativa principal na mesa de negociacións, moi probablemente inducidos a non repetir eses “erros” do pasado, con probable referencia ao prolongado e fracasado proceso de negociación establecido polo ex presidente Andrés Pastrana entre 1999 e 2002 e que levou á posterior ruptura coas FARC e a revitalización das operacións armadas.

Mantendo a iniciativa política e principalmente militar, o presidente Santos exhibe as súas cartas políticas nesta mesa de negociacións coa perspectiva non só de “pasar á historia”, eventualmente converténdose no presidente que alcanzou a paz tras medio século de conflito en Colombia, senón de acicalar e consolidar as súas opcións de reelección presidencial nos comicios previstos para 2014 como líder indiscutible do gobernante Partido Social da Unidade Nacional (“Partido de la U”).

Este aspecto cobra especial relevancia ante a polémica suscitada nos últimos meses entre Santos e o seu antecesor e ex presidente Álvaro Uribe Vélez, actualmente acérrimo crítico da xestión gobernamental de Santos a través da redes sociais. Santos foi ministro de Defensa na maior parte do segundo mandato de Uribe Vélez (2006-2009) e, por tanto, un dos artífices principais do proceso de acoso militar ás FARC. Por tanto, Santos calibra nesta negociación as súas opcións de consolidarse definitivamente como o líder do Partido da U, afastando a hipótese dunha eventual reaparición política de Uribe Vélez.

Debilitadas política e militarmente, unha perspectiva certificada pola aceptación desta negociación de paz sen un acordo previo de cese ao fogo, as FARC-EP e o ELN buscan nesta mesa de negociacións alcanzar determinadas garantías políticas, moi probablemente centradas en condicionar o proceso de desmobilización guerrilleira e de acreditar na mesa de discusión demandas históricas como a reforma agraria e o freo a diversos proxectos mineiros e de infraestruturas([3]). Ao mesmo tempo e adoptando un notable nivel de pragmatismo, as FARC e o ELN buscan igualmente garantir un proceso de amnistía cara os seus principais comandantes e milicias guerrilleiras. Este aspecto pode supoñer unha controversia capital na mesa de negociacións que pode espallar as friccións así como abrir posibles fendas dentro das guerrillas entre faccións a favor ou en contra do proceso de paz.

Neste sentido, un comunicado do ELN([4]) advertiu das “contradicións” do marco xurídico das negociacións, establecendo que o goberno de Santos “non consultou a opinión da insurxencia” guerrilleira “nin tivo unha verdadeira discusión pública”, significando un espazo que pode eventualmente “abrir a porta da impunidade”, especialmente en materia de dereitos humanos.

Tres actores externos: Cuba, Venezuela e Noruega

Neste marco de negociación cómpre considerar a presenza de tres actores externos, dous deles (Cuba e Venezuela) directa e indirectamente implicados no escenario colombiano e outro (Noruega) que revitaliza o seu peso diplomático como mediador e facilitador da resolución de conflitos, como anteriormente ocorrera cos Acordos de Oslo (1992-1994) entre o Estado de Israel e a Autoridade Nacional Palestina.

A presenza cubana é, por tanto, estratéxica tanto polo feito de albergar na súa  capital La Habana a prolongación das negociacións iniciadas en Oslo como por constituír un referente histórico de apoio exterior para as guerrillas colombianas. Como facilitador e mediador das negociacións, o goberno do presidente cubano Raúl Castro igualmente pode obter un notable rédito político e diplomático que favorece as súas aspiracións de apertura exterior.

Pola súa banda, a presenza venezolana é fundamental desde calquera perspectiva. Desde a chegada de Hugo Chávez á presidencia en 1999 veñen sendo constantes os contactos e as expresións de sintonía política e ideolóxica entre a revolución “bolivariana e socialista” e as FARC, un marco de actuación que espallou as friccións e crises diplomáticas entre Caracas e Bogotá, principalmente durante os gobernos de Pastrana e Uribe Vélez.

En xaneiro de 2008 durante unha alocución na Asemblea Nacional venezolana, o presidente Chávez outorgou ás FARC o status de belixerancia, intensificando o conflito diplomático con Bogotá. Diversos sectores en Colombia e Venezuela argumentan a presunta presenza de campamentos das FARC en territorio venezolano sen prexuízo de que o goberno de Chávez ven sendo un importante actor como facilitador na liberación de personalidades secuestradas polas FARC.

A actual conxuntura amosa un achegamento nas relacións entre Chávez e Santos, o cal evidencia un acordo tácito de Caracas a favor das negociacións de paz en Colombia. Paralelamente, a presión do presidente Santos contra as FARC constituíu indirectamente, unha presión política cara Chávez co cometido de inducir un distanciamento entre Caracas e a guerrilla colombiana. Paralelamente, os comicios presidenciais venezolanos previstos para o próximo 7 de outubro (un día antes do comezo das negociacións de paz en Oslo) e as expectativas dunha nova reelección para un Chávez aínda probablemente con problemas de saúde, persuaden ao presidente venezolano a manter un distanciamento prudencial coas FARC e apoiar o plan de paz de Santos.

IGADI. 26 de setembro de 2012. Igadi Paper nº 90

(1) Segundo confirmaron o presidente da canle televisiva TELESUR, Jorge Enrique Botero, así como a canle pública colombiana Canal Capital. Ver o artigo de VIEIRA, Constanza, “¿Colombia va tras su acuerdo de Oslo?”, Inter Press Service en Español, 27 de agosto de 2012. Consultar en: http://ipsnoticias.net/nota.asp?idnews=101453
(2) Ibid

(3) GROGG, Patricia e VIEIRA, Constanza, “Colombia busca fin de una que nació por reformas”, Inter Press Service en Español, 4 de setembro de 2012. Consultar en: http://ipsnoticias.net/nota.asp?idnews=101506

(4) “ELN afirma que el Marco para la Paz es contradictorio”, Revista Semana (Colombia), 24 de setembro de 2012. Consultar en: http://www.semana.com/politica/eln-afirma-marco-para-paz-contradictorio/185260-3.aspx

Share

1 Comentario
  1. Ummm Read him carefully. I haven’t seen the atucal video, but to judge by the quote, Santos is definitely NOT saying there are no FARC camps in Venezuela. He’s saying the ones they knew were there have been dismantled. Of course they have .. the FARC has every reason to dismantle camps they know have been detected. The key question is where the faracos who were in those camps went to. My bet is most of them are still in Venezuela.

 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning