Volver | ||
| James Petras | ||
[Da Wikipedia] James Petras (nado en 1937) é profesor emérito de socioloxía na Universidade de Binghamton, Nova York. Autodefínese como un militante e escritor « révolucionario e anti-imperialista ». Intelectual emblemático da esquerda americana, traballou con o Movemento dos traballadores sen terra do Brasil e con o Movemento dos parados da Arxentina. É membro do Comité editorial de Canadian Dimension e nais da conferencia « anti-imperialista » Axis for Peace. Partidario do goberno cubano, desenrolou unha vívida polémica sobre a materia con o escritor portugués José Saramago. É autor de inúmeras obras. Varias das súas teses son abondo controvertidas dentro da esquerda alternativa mundial. Petras coida que os atentados do 11 septembre non son da autoría dun grupo islámico radical e que a imputación dese atentado a Al Qaida está inxustificada. Petras reivindica a defensa do patriotismo nos Estados Unidos, cuxa soberanía estaría posta en perigo pola alianza entre o complexo militar-industrial, o AIPAC (American Israel Public Affairs Committee) (Comité Americano-Israelí de Asuntos Públicos) e máis o JINSA (Jewish Institute for National Security Affairs) (Instituto Xudeo de Asuntos de Seguranza Nacional), estas dúas últimas organizacións que el presenta formando parte dun "lobby sionista". Segundo o pensador, a política dos Estados Unidos no Oriente Medio non se corresponde con os intereses do seu país, senón que responde exclusivamente a intereses privados e máis aos do Estado de Israel. Propón a constitución dunha alianza contra tal "lobby" que iría máis aló das relacións habituais entre a esquerda e a dereita. Varias correntes de esquerda son críticas a respeito desta postura que califican de antisemita. Bibliografía básica:
|
- Todos os artigos escritos por James Petras
- Eleccións en EUA: O show moral
- Estados Unidos e Latinoamérica
- América Latina: catro bloques de poder
- A grande dádiva de terras: neocolonialismo por convite























Web
Manoel Santos-. Non son poucos os que critican -e autocritican- a escasa ou nula capacidade da cidadanía organizada en movementos sociais para dar respostas efectivas na rúa diante da crise económica -derivada da financeira- e as solucións de "máis do mesmo" que debullan os gobernos.
Mais de 1.600 organizações e indivíduos de todo o mundo já assinaram o chamado se comprometendo a organizar atividades na semana de mobilização e dia de ação global o 26 de janeiro de 2008 (
¿Que lle di unha semente de soia a un gran de millo?: antes comestibles ca combustibles. ¿Que lle di a cana de azucre á palma africana?: antes comestibles ca combustibles. ¿Que lle di un campesiño ugandés, mexicano ou de Indonesia a un automobilista europeo?: antes comestibles ca combustibles.