Reporteiros Galegos Socidarios
Único xornal en galego

Web


Volver
Vandana Shiva

Vandana Shiva (1952) física, filósofa, ecofeminista e escritora India, que en 1993 recibiu o Premio Nobel Alternativo.

Shiva naceu en Dehra Dun (Uttaranchal), antigamente parte do estado indio de Uttar Pradesh. Durante os anos 70 participou no movemento Chipko, formado principalmente por mulleres que adoptaron a táctica de denuncia ecoloxista consistente en permanecer abrazadas ás árbores para evitar que foran cortadas.

En 1982 creou a Fundación para a Investigación Científica, Tecnolóxica e Ecolóxica, que conta entre as súas iniciativas o impulso e difusión da agricultura ecolóxica (programa Navdanya), o estudo e mantemento da biodiversidade (Universidade das sementes, Colexio Internacional para a Vida Sustentábel), fomentar o compromiso das mulleres co movemento ecoloxista (Mulleres Diversas pola Diversidade), ou a rexeneración do sentimento democrático (Movemento Democracia Viva).

En 1993, en recoñecemento á súa dedicación aos movementos alternativos e "... por situar á muller e á ecoloxía no corazón do discurso moderno sobre o desenvolvemento", recibiu o Right Livelihood Award, tamén coñecido como o Premio Nobel Alternativo. Outros premios que recibiu son o Global 500 de 1993 do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (UNEP) e o premio internacional do Día da Terra, tamén das Nacións Unidas.

Actualmente é unha líder do Foro Internacional sobre a Globalización, así como un membro destacado do movemento antiglobalización.



Galicia Hoxe
ibase