Volver | ||
| Ecoloxistas en Acción | ||
Ecoloxistas en Acción é unha confederación de máis de 300 grupos ecoloxistas distribuídos por pobos e cidades. Forma parte do chamado ecoloxismo social, que entende que os problemas ambientais teñen a súa orixe nun modelo de produción e consumo cada vez máis globalizado, do que derivan tamén outros problemas sociais, e que hai que transformar se se quere evitar a crise ecolóxica. |
- Todos os artigos escritos por Ecoloxistas en Acción
- UE: inxusta, militarista, antidemocrática e insostible
- Os maiores impactos da crise estan por vir
























Web
Manoel Santos-. Se atendemos á propaganda dos partidos galegos, neoliberais todos, en 2012 a terra nosa vai dar unha virada global cara á felicidade. Ao paraíso galaico chegará o Tren de Alta Velocidade -TAV- traendo progreso, cartos a moreas -como os que Fraga levou un día nos petos a Muxía despois de vir de cacería- e moitos madrileños a ocupar ese litoral onde hai máis vivendas que xente.
As redes, plataformas e organizacións de Europa e América Latina e o Caribe, reunidas en Madrid do 14 ao 18 de maio, durante o Cume dos Pobos Enlazando Alternativas IV, reivindicamos o noso dereito a expor alternativas ao modelo neoliberal e aos tratados de libre comercio, e cremos na nosa capacidade para construír un dialogo político e social entre os pobos.