Plataforma Galega Antitransxénicos
Artigos de Xosé Manuel Beiras

Web


Volver
Xavier Vence

É coordenador do grupo de investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento Económico) e da Área de Economía do Seminario de Estudos Galegos. O seu último libro é O fracaso neoliberal na Galiza (A Nosa Terra, 2005). Forma parte do Consello de Redacción de Altermundo.

Foi Director do IDEGA entre 1991-95. Foi profesor invitado en diferentes universidades estranxeiras e ten formado parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais.

Participou en diversos proxectos de investigación europeus, leva dirixidos numerosos proxectos de investigación sobre diferentes aspectos da economía galega e europea e leva publicados máis dun centenar de libros e artigos en revistas profesionais de ámbito galego e internacional (sobre economía da innovación e políticas tecnolóxicas, sistema galego de innovación, disparidades rexionais na UE, industria, servizos, mercado de traballo, sistemas produtivos e planeamento estratéxico, desenvolvemento local, etc.).

Entre os seus libros publicados destacan: Capitalismo e desemprego en Galicia (Xerais,1986), Economía de la Innovación y del cambio tecnológico (Siglo XXI, 1995), Wealth from diversity (Kluwer, 1996), Industria e Innovación (Xerais, 1998), Política tecnológica comunitaria y cohesión regional (Civitas, 1998), Unión Europea y Crisis del Estado de Bienestar (Síntesis, 1998), O fracaso neoliberal en Galiza (2005), Salarios e custo da vida (2005), Crecimiento y políticas de innovación (2007), Demanda de solo productivo en Galiza (2007), A situación actual do sistema galego de innovación Informe 2007.

Destaca tamén a súa colaboración en libros colectivos como: L’emploi en Espagne (1991), Informe sobre a pobreza en Galicia (Xunta, 1995), Innovations, Territoires et politiques publiques (L’Harmatan, 1996), Integration and global corporate strategies (Routledge, 2001), Galicia. Unha luz no Atlántico (Xerais, 2002), Tempos de Sermos (U. Vigo, 2003), Sistemas Regionales de Innovación (UPV, 2001), Innovación en la sociedad del conocimiento (2005), Radiografía de la investigación pública en España (2006), Tecnología, conocimiento y territorio (2006). Actualmente dirixe proxectos sobre O sistema galego de Innovación, sobre as pautas de innovación no sector servizos e sobre os Instrumentos de mercado nas políticas de innovación. Participa nunha rede europea sobre Políticas de Propiedade Intelectual (EPIP).



PuntoGal
ibase