Volver
Carlos Taibo
É unha das grandes voces que se opoñen á globalización, quer no eido social quer no ambiental. Profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid e colaborador en medios escritos e revistas electrónicas, é tamén un dos meirandes expertos ibéricos en política do centro e leste de Europa. Ten publicados máis de trinta libros en español e galego. No tema que nos ocupa destacan: Rapiña global (Punto de Lectura, 2006); ¿Hacia donde nos lleva Estados Unidos? (Ed. B, 2005); Los movimientos de Resistencia Global (Ed. B, 2005) ou Os movementos de resisténcia fronte á globalización capitalista (Xerais, 2005). Tamén forma parte do consello de redacción do suplemento horizontal Altermundo.