Autor/a

Antón Gómez-Reino Varela, coñecido como Tone. Activista en diversos centros sociais galegos. Membro de FugaEmrede e da Rede de Dereitos Sociais da Coruña. Membro do Consello do Foro Social Galego. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Categorías

Conquistar o dereito á cidade
Conquistar o dereito á cidade

"Hai outros mundos…, pero están neste" Paul Éluard

A situación socioeconómica actual, co estoupido da burbulla inmobiliaria e financeira como actor principal e a polarización social como telón de fondo, evidencia a necesidade dun cambio total de paradigma sistémico. No que atinxe á organización social e espacial do ecosistema urbano, a proliferación de inxustizas sociais -con  manifestacións espaciais- que sufrimos nas nosas cidades, demostra que non ten sentido o modelo de evolución urbana sostido ate o momento no planeta en xeral, e no país en particular. Un modelo de crecemento desmesurado baseado na especulación do solo e na inflación inmobiliaria, que permite que os responsables da planificación do hábitat humano actúen como meros xestores do territorio e axentes de mercado. En suma, e asumindo o como metáfora da ideoloxía dominante, un modelo que afonda na situación de crise medio-ambiental, económica e social: destrución do patrimonio (natural e construído), deseño de novos planeamentos especulativos e segregación urbana como elementos na vangarda.

De modo contrario, cremos que unha alternativa para a mellora da calidade de vida nas nosas cidades pasa pola detección de oportunidades para a redistribución da renda pública e a posta en común do patrimonio (social, arquitectónico, cultural ou natural) existente, isto é unha forma social de rexeneración urbana. É neste punto onde toman sentido as palabras de Ramón Fernández Durán “existe a necesidade de frear e reverter o proceso incontrolado de urbanización planetaria. Destrución global versus rexeneración local”.

Comprendemos a rexeneración urbana como unha alternativa social de intervención integral, contraposta á fría e cirúrxica rehabilitación. Unha rexeneración colaborativa e comunitaria que foxe do paradigma da plusvalía, que non concentra os seus obxectivos en elementos urbanos de valor de mercado, senón en reforzar e articular ecosistemas sociais consolidados sobre o territorio. Unha alternativa popular que entendemos como un proceso experimental, no que deben despregarse alianzas de suxeitos sociais activos (asociacións veciñais, tecido asociativo político-social,..) que saiban presionar e xogar, cando menos nun plano de horizontalidade con diversos axentes (públicos e privados), para transformar desde abaixo a complexidade dos tecidos urbanos.

Falamos dunha rexeneración que deserte das asimétricas transformacións sociais e económicas da rehabilitación (especulación e xentrificación) e que lonxe de desactivar o conflito social ou desprazalo á periferia, potencie a reactivación de mecanismos comunitarios de decisión, amplíe as canles para a xestión social do hábitat e active, fronte ás ilusións e capturas da política representativa, resortes de solidariedade e autonomía na sociedade.

Toda rexeneración consecuente debe operar nun plano dende o que pensar a cidade de forma decrecementalista, tratando de establecer unha nova e equilibrada relación entre o ser humano e o seu entorno. A este respecto, pensamos que é preciso revisar a consideración socio-política do habitar nunha lóxica ecosófica, en palabras de Félix Guattari “non podemos pretender recompoñer unha terra humanamente habitable sen reformular as finalidades económicas e produtivas, os planes urbanísticos e as prácticas sociais, culturais, artísticas e mentais. […] unha concatenación da ecoloxía ambiental, da científica, da económica, da urbana, e das ecoloxías sociais e mentais”.

Con todo, é fundamental enfrontar as dinámicas que dificultan a posibilidade de repensar a transformación da cidade en clave de defensa do ben común.

No ámbito xeral, estamos a vivir unha dramática tentativa de privatización do espazo público, amparada na limitación dos usos colectivos e acompañada de micropolíticas securitarias (normativas cívicas,..). Parece preciso facer unha defensa da cidade popular e diversa, da cidade non regulada lembrando que, a heteroxeneidade na composición da metrópole é un dos grandes valores na análise da súa riqueza.

Pero que hai dos novos protagonismos sociais e experiencias de autoorganización que conforman a cidade? Lonxe de estar nun momento de ofensiva, os sectores que conformamos o mapa dos antagonismos sociais atopámonos nun impas marcado pola atomización e falta de capacidade para camiñar desde a protesta ao contrapoder.

Pola contra, novos dispositivos institucionais atravesan as nosas cidades buscando reconstruír un poder político erosionado pola perda de lexitimidade da representativa. Dispositivos e institucións que buscan desesperadamente reducir os conflitos que emerxen nas cidades precarizadas. Da súa capacidade para comprender o conflito como regulador das sinerxías na cidade depende que manteñan certas cotas de popularidade. Entendemos a cidade como un ente complexo, formado de relacións desexos, e contradicións tanto como de materia construída; polo tanto pensamos que non é posible nin desexable tentar controlar ou delimitar as súas dinámicas.

Pensamos pois, que lonxe da búsqueda da asepsia, o control e a seguridade forzada, é necesario indagar en mecanismos que permitan xerar novos equilibrios entre institucións e habitantes, sempre tratando de desprazar o polo de decisión no favor de novas hexemonías sociais a esquerda baseadas en experimentos de soberanía barrial. Iniciativas nas que comprendamos a diversidade da cidade contemporánea, atravesando ensaios de urbanismo popular e planeamento partillado que favorezan o enriquecemento mutuo en moitos dos casos, e a mera convivencia da diferencia noutros.

Pero, a que nos referimos pois con Dereito a Cidade?

Existe, no marco normativo unha Carta Mundial polo Dereito a Cidade lanzada por Habitat International Coalition (HIC). Un documento recollido sobre tres eixos: exercicio pleno da cidadanía, xestión democrática da cidade e función social da propiedade e da cidade.

Con todo, debemos camiñar máis lonxe e afastarnos da retórica. A nosa crítica ás estruturas de gobernabilidade nas cidades galegas é de forma, pero é tamén de fondo. Desde os movementos sociais temos que ser quen de encetar un conflito dialéctico radical: confrontar a realidade dun sistema de libre mercado que descansa na propiedade privada e na posesión monopolista do solo urbano e que trae parellas as enormes contradicións que residen na concepción capitalista dos dereitos.

É preciso situar o Dereito á Cidade lonxe do paradigma de asimilación sistémica. Como nos lembraba David Harvey, “o dereito a cidade non é simplemente o dereito de acceso ao que xa existe, senón o dereito a transformalo a partir dos nosos desexos máis profundos”. Entender o dereito a cidade na súa plenitude como unha busca necesaria por e para unha sociedade igualitaria.

*Henri Lefebvre (1901-1991) Sociólogo e filósofo francés, publicou o seu libro Le Droit à la ville no ano 1968.

O artigo está asinado por Antón Gómez-Reino Varela (Tone) e Xiao Varela Gómez, da Rede de Dereitos Sociais. (rede.blogaliza.org)
Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning