Autor/a

banner_consello_peq

Categorías

“Contaminados”
“Contaminados”

Mesma historia en véspera de eleccións, máis unha vez. As institucións españolas arremeten con virulencia contra os "contaminados", e chegan as impugnacións. Ademáis da xigantesca base de datos da policía, os medios axudan na caza de "contaminados".

Arredor de 40.000 persoas non poderán tomar parte nas eleccións no País Vasco porque están "contaminadas". Non teñen débedas coa xustiza, mais a súa presenza como candidatos nas listas, pode supor a anulación das 254 listas de Bildu. E, de paso, convertirían a outras 3.743 persoas en novas "contaminadas". Unha soa pinga abonda para lixar todo un océano, si polo menos no País Vasco. Obxectivo: deixar a un significativo número de cidadáns sen representación política.

Os contaminados da policía

Entre os informes que manexa o Tribunal Supremo, entre outras cousas, é posíbel ler o análise de "contaminados". Segundo os informes da policía, hai cinco xeitos de ser "contaminado": terse presentado como candidato de partidos ilegalizados, ter tomado parte en asociacións ilegalizadas por ter (seica) relación con ETA, ter participado en actos de analtecemento do terrorismo ou ter traballado na dinámica do Herri Programa ( programa de impulso para unha maior representación popular). Deste xeito, o 10,44% das listas de Bildu está "contaminado", 391 persoas de 3.743.

Por se fora pouco, a Fiscalía de España atopou diversas relacións de contaminación máis tras impulsar a investigación sobre cada unha dos candidatos, concello a concello. Avalistas de partidos ilegalizados, membros do TAT (Grupo contra a Tortura), identificados pola policía en altercados, participantes do Gazte Topagunea, desplazados ás manifestacións en Bruselas dos GaztEHerriak, participantes das Gazte Martxak, participantes nas asambleas de Ikasle Abertzaleak, interventores electorais de partidos ilegalizados, participantes no Haikaldia 2001, nos Gudari Eguna, imputados por se enfrontar á autoridade, asinantes do manifesto en favor dos mozos no xuízo Jarrai-Haika-Segi e, o máis curioso, persoas que a Fiscalía di "resulta ser militante de ETA".

É moi probábel que, de se celebrar as eleccións un par de anos antes, as persoas de Egunkaria e Udalbiltza estiveran tamén nese grupo.

A Policía ten unha chea de datos retrospectivos. Por exemplo, as impugnacións presentan como proba de "contaminación" que varios candidatos foran candidatos de HB antes de 1990. Bate todas as marcas o candidato que tomou parte na lista de Arrasate en 1979, sinal de que é posíbel estar "contaminado" desde hai 32 anos.

Os contaminados dos medios

Mentres a Policía debe utilizar criterios legais (glup!) os medios teñen liberdade absoluta para realizar a división entre contaminados e demócratas.

Ter traballado nos xornais Gara e Egin, por exemplo, é moi remarcábel para o diario El Mundo. Esquecen que pecharon o xornal Egin por formar parte da estrutura de ETA e aquela acusación foi rexeitada anos máis tarde.

O diario La Razón, por outra parte, estabelece a "contaminación" xenética. Así, deron a coñecer que unha candidata de Bilbo é a sobriña de Txabi Etxebarrieta, militante de ETA que a Guardia Civil matou en 1968. Outro tío desa persoa traballou como avogado no Proceso de Burgos e, por se todo isto fora pouco, o seu pai formou parte de Herri Batasuna. Non terá sangue negra?!

Adierazi EH e a rede Independentistak tampouco teñen boa pinta e o xornal El País da conta diso. Tamén chamou a atención que outro candidato de Bilbo fora avogado de Herritarren Zerrenda.

Os medios sacaron unha manchea de "probas" para demostrar a conexión "ETA=Bildu". Por iso, que o membro do grupo musical Su Ta Gar Aitor Gorosabel sexa o autor da canción para apoiar a Bildu ten unha consecuencia clara. Para a asociación AVT, "e a confirmación definitiva" para probar que Bildu forma parte de ETA.

E o último exemplo, a caza 2.0: ter entre os "amigos" do Facebook a persoa que están ou estiveron encarcelados. El País dixit.

Este é o espello dun estado que está ao axexo de millleiros de persoas. Dun estado que, máis que contaminado, está afectado por un cancro nas súas entrañas.


Artigo traducido de Joseba Uria en Zuzeu.com
Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning