As Bolivias de Evo Morales
Roberto Mansilla   
Mércores, 07 de Abril do 2010
Roberto Mansilla-. Diversas lecturas se derivan das eleccións rexionais e municipais levadas a cabo en Bolivia o pasado 4 de abril. Basicamente, estes comicios reafirmaron a hexemonía política do presidente Evo Morales e do gobernante Movemento ao Socialismo (MAS), á vez que se consolida a fragmentación política e territorial boliviana ante a vitoria opositora nos departamentos orientais de Santa Cruz, Beni e Tarija.
 
Evo Morales, persoeiro do ano 2009 para Altermundo
Manoel Santos   
Xoves, 24 de Decembro do 2009
Manoel Santos-. Evo Morales, que irradia unha sinceridade e unha coherencia tan simples, tan da xente, que asustan a todos e cada un dos líderes mundiais, está sen dúbida na vangarda desa loita por salvar o planeta que cada vez máis persoas do mundo queren ver en quen lles goberna.
 
O triunfo de Evo... e o de Lobo
Alfredo Iglesias Diéguez   
Xoves, 17 de Decembro do 2009
Alfredo I. Diéguez-. Por que gañou Evo en Bolivia? Obviamente, Evo Morales e o Movimiento Al Socialismo (MAS) que preside, gañaron as eleccións do pasado 6 de decembro por unha simple razón: as políticas desenvolvidas polo goberno masista beneficiaron á maioría da poboación, que acudiu masivamente a votar e votou maioritariamente por Evo Morales e polo MAS.
 
Medio-Evo
Roberto Mansilla   
Xoves, 10 de Decembro do 2009
Roberto Mansilla-. O aplastante triunfo de Evo Morales nas pasadas eleccións presidenciais bolivianas marca un punto de inflexión e o remate dunha etapa política, caracterizada polas expectativas orientadas a un proxecto de cambios con marcado acento indixenista, así como a polarización socio-territorial manifestada por unha oposición tan politicamente debil como notoriamente radical nos seus procedementos.
 
Bolívia rumo ao século XXI
Flávio Aguiar   
Xoves, 10 de Decembro do 2009
Flávio Aguiar-. A vitória de Evo Morales na eleição passada, com maioria no Parlamento Nacional, pode significar a definitiva arrancada do país para fora do aprisco de sua pesada herança colonial de 500 anos, rumo ao século XXI.
 
Evo Morales e o MAS conseguen unha vitoria esmagadora e os dous terzos da Asemblea
Katu Arkonada   
Martes, 08 de Decembro do 2009
Katu Arkonada-. O MAS gañou as eleccións cunha porcentaxe do  63% a falta do reconto oficial por parte da Corte Nacional Electoral.
 
Bolivia: outra reelección para Evo Morales
Igadi   
Venres, 04 de Decembro do 2009
Igadi-. Bolivia apréstase a celebrar o próximo 6 de decembro unhas eleccións presidenciais que de novo medirán o pulso político nacional, así como a consistencia e viabilidade do proxecto nacionalista, socialista e indixenista impulsado polo presidente Evo Morales Aima e o seu partido Movemento ao Socialismo (MAS).
 
Entrevista con Adolfo Mendoza, candidato do MAS a primeiro senador por Cochabamba
Katu Arkonada   
Luns, 23 de Novembro do 2009
 Nacido en Cochabamba hai 45 anos, o seu pai é de Potosí e a súa nai de Beni. Profesor de Socioloxía na Universidade Maior de San Simón, en Cochabamba, traballou no Centro de Desenvolvemento Andino (CENDA), e foi asesor do Pacto de Unidade durante todo o proceso constituínte. foi designado por Evo Morales como candidato a primeiro senador por Cochabamba polo Movemento ao Socialismo, para converterse en nexo de unión coa clase media e urbana, así como sectores intelectuais.
 
Construíndo a Bolivia autonómica e plurinacional
Katu Arkonada   
Luns, 23 de Novembro do 2009
Katu Arkonada-. A menos de dúas semanas para as eleccións en Bolivia, o panorama electoral vaise aclarando. Sen ningunha dúbida de que o MAS gañará as eleccións en primeira volta e cunha ampla maioría, os puntos de interese están en se se lograsen os dous terzos da Asemblea Plurinacional, nos resultados na media lúa, e en Santa Cruz especialmente e na convocatoria de referendos autonómicos. O 8,15% do territorio boliviano busca a autonomía indíxena.
 
Entrevista com Vice-Presidente da Bolívia: ‘Precisamos de uma Internacional de movimentos sociais'
Elena Apilánez e Vinicius Mansur   
Mércores, 18 de Novembro do 2009
Elena Apilánez e Vinicius Mansur-. Vice-presidente da Bolívia cobra mais iniciativa dos movimentos sociais latino-americanos, pede visão "continentalizada" da esquerda e afirma que o atual processo político ainda não põe a superação do capitalismo em jogo, mas dele emergem ações comunistas no interior da sociedade.
 
Eleccións en Bolivia. A vitoria do padrón biométrico
Katu Arkonada   
Mércores, 21 de Outubro do 2009
Katu Arkonada-. Cando quedan menos de 50 días para as eleccións do 6 de decembro, xa hai un primeiro gañador, o padrón biométrico e todos os que apostaron polo seu desenvolvemento e implementación.
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 15 de 54