O lerio do finanzamento (IV)
Xosé Manuel Beiras   
Luns, 16 de Xuño do 2008
X. M. Beiras-. O capital privatizado entre 1996 e 1999 forneceulle ao Estado uns ingresos de 2,7 billóns de pts. Os beneficios no exercizo de 1999 de só nove das empresas privatizadas ascenderon a 650 mil millóns. Ou sexa que, en só catro anos, o monto dos beneficios equivalería ao total dos ingresos obtidos pola venda de tódalas empresas públicas privatizadas nese período.
 
O lerio do financiamento (III)
Xosé Manuel Beiras   
Luns, 09 de Xuño do 2008
X. M. Beiras-. Eran catro os grupos parlamentares que naquela altura compuñan a cámara galega. Era maioritario o do PP, que gobernaba na Xunta. Era segundo en dimensión o do BNG, que sobardara eleitoralmente ao PSOE (PSdG).
 
O lerio do financiamento (II)
Xosé Manuel Beiras   
Domingo, 01 de Xuño do 2008
 X. M. Beiras-. Dende a nosa perspectiva, a análise do finanzamento público debe ter como obxectivo primordial acadarmos unha Facenda pública galega que garanta" a cobertura do "exercizo dos poderes proprios, e compatíbel coa inserción política nun Estado español cunha configuración plurinacional, de corte federal ou confederal".
 
O lerio do financiamento (I)
Xosé Manuel Beiras   
Luns, 26 de Maio do 2008
X. Manuel Beiras-. O rexime tributario é un instrumento decisivo para unha estratexia de desenvolvemento endóxeno do potencial dun país coma o noso. Éo asimesmo para a orientación social da política económica, é dicir, para a distribución do benestar na sociedade.