8-M: a igualdade non pode esperar
Alfredo Iglesias Diéguez   
Martes, 09 de Marzo do 2010
Alfredo I. Diéguez-. Hai cen anos, no transcurso da II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas celebrada en Copenhaguen os días 26 e 27 de agosto de 1910 baixo a presidencia de Clara Zetkin, aprobouse unha iniciativa proposta polas socialistas norteamericanas: a celebración dun día da muller, que tería carácter internacional, co obxectivo de "reclamar o dereito ao voto para as mulleres e chamar a atención sobre as condicións laborais da muller".
 
As Medusas, ao Mar
Eva Cañizares   
Luns, 08 de Marzo do 2010
Eva Cañizares-. A violencia machista contra as mulleres non é un mito. Os malos tratos e o asasinato están presentes todos os días na nosa sociedade. E as mulleres necesitan todo o apoio e a protección posibles dende o Estado e a sociedade en xeral para defenderse e protexer a vida.
 
Para quen a traballa?
Marga Tojo   
Xoves, 18 de Febreiro do 2010
 Marga Tojo-. A FAO denuncia a discriminación universal no acceso á terra das donas, "unha forma histórica de violencia e desempoderamento contra elas", asegura Eve Crowley, responsábel da área.
 
Feminismo en Haití
Marga Tojo   
Mércores, 17 de Febreiro do 2010
Myriam Merlet, feminista haitianaMarga Tojo-. Un mes despois do sismo, a cooperación segue sen priorizar a perspectiva de xénero. Moitas activistas morreron e o movemento internacional instalou un campamento base na fronteira.
 
Mesmo can, distinto colar
Marga Tojo   
Martes, 16 de Febreiro do 2010
Marga Tojo-. A muller xa non elixe entre traballo e familia, senón entre proxección profesional e ser nai. A represión afectou máis a sectores "masculinos", como a construción, pero o paro volverá ser feminino.
 
Minaretes fálicos no diván de Europa
Eva Cañizares   
Luns, 01 de Febreiro do 2010
Eva Cañizares-. Estamos a vivir unha oleada de xenofobia en toda Europa, arroupada polas dereitas, que baixo discursos de protección paternalistas non dubidan  en aproveitarse de valores que lle son alleos históricamente e que desencadean unha sensación social de ambigüedade e de confusión. Confusión que está a contaxiar perigosamente cuestións tan serias e universais como a discriminación contra as mulleres.
 
Nacer muller
Gustavo Duch Guillot   
Mércores, 13 de Xaneiro do 2010
 Gustavo Duch-. Vivimos baixo unhas regras establecidas -o patriarcado- que se asentan na opresión sobre as mulleres e sobre a [muller] Natureza, das que espera: produción e reprodución. Para evitalo feminismo e ecoloxía: ecofeminismo.
 
O dereito á saúde sexual e reprodutiva
Alfredo Iglesias Diéguez   
Mércores, 23 de Decembro do 2009
 Alfredo I. Diéguez-. O pasado 17 de decembro o Congreso dos Deputados aprobou a Lei orgánica de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, pola que se regulan dous dereitos que permanecían sen regular: o dereito á saúde sexual e reprodutiva e o dereito da muller a decidir libremente sobre a súa maternidade, pois non o esquezamos, en todo o proceso do embarazo o único suxeito realmente existente é a muller.
 
Cambio climático: "Feira de falsas solucións"
Daniela Estrada   
Xoves, 10 de Decembro do 2009
 A conferencia sobre cambio climático parece unha "gran feira de solucións", onde a xente evita falar do problema de fondo, que é o cambio do modelo de desenvolvemento, dixo a IPS Miriam Nobre, coordinadora do secretariado da Marcha Mundial das Mulleres.
 
Patriarcalismo político e lingüístico na Galiza: história dumha dupla subordinaçom
Antom Fente Parada   
Mércores, 28 de Outubro do 2009
 Antom Fente Parada-. Mediante a seguinte reflexom procuramos fazer um percurso por diversas ópticas que desde a Galiza junguírom a questom da emancipaçom de género com a da língua, para além de focar a necessária actualizaçom do discurso e da praxe feminista que, em nossa opiniom, deveria incorporar tamém ao home.
 
As máquinas (Romance do capitalismo e o patriarcado)
Gustavo Duch Guillot   
Xoves, 06 de Agosto do 2009
 Gustavo Duch-. A man de obra feminina a máis golpeada pola crise. É a lei patriarcal, e o capitalismo en réxime patriarcal ten un mandato para as mulleres: converterse en súper máquinas. Máquinas para servir, coidar e sufrir.
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 16 de 39