"Sentín unha sensación de indefensión no xuízo, agora teño razóns para pensar que seremos absoltos"
Jone G. Lurgain   
Martes, 09 de Febreiro do 2010
 Sete longos anos de incerteza que está a piques de concluír. O xesuíta e xornalista Txema Auzmendi, procesado no 'caso Egunkaria, móstrase optimista de cara á sentenza que dite o xuíz da Audiencia Nacional Javier Gómez Bermúdez nas próximas semanas"
 
"O PP quíxolle dar un aviso ao pobo vasco co peche de Egunkaria"
Fernando Arrizado   
Martes, 09 de Febreiro do 2010

 Vieiros entrevista ao actual máximo responsábel de Berria, unha vez visto para sentenza o xuízo pola súa suposta "integración en organización terrorista".

 
Dende o banquiño dos acusados
Joan Mari Torrealdai   
Mércores, 13 de Xaneiro do 2010
 Joan Mari Torrealdai-. Miro con incerteza o futuro, sentado como estou no banquiño dos acusados, na Audiencia Nacional. Espero que o tribunal escoite e entenda a verdade histórica do meu caso, do noso caso, o caso Egunkaria.
 
"Egunkaria" era parte da miña vida e como o pecharon inxustamente trato de denuncialo"
Rosa Rodríguez   
Domingo, 20 de Decembro do 2009
Rosa Rguez. / Galicia Hoxe-. Entrevista a Imanol Dorca, vicepresidente de Altermundo, con motivo do xuízo a Egunkaria. Para o economista vasco non hai xeito de recuperar o tempo perdido: "Ó xornal matárono e iso non ten volta atras". Só cabe que tras o xuízo que se está a celebrar agora "os acusados sexan absoltos" e que "o Estado pague polos danos feitos... mais isto último dubido que se cumpra".
 
Egunkaria
Paul Rios   
Mércores, 16 de Decembro do 2009
Neste xuízo están en xogo valores fundamentais nun estado de dereito. O peche e clausura de Egunkaria afectaba a un dereito básico, como é a liberdade de expresión. Xa entón alertamos das graves consecuencias que esta medida implicaba. Unha decisión tan radical non ten volta atrás
 
Egunkaria: un xuízo infame
Juan Carlos Latxaga   
Mércores, 16 de Decembro do 2009
Non habería razón algunha para temer pola sorte dos procesados. A súa libre absolución debería ser a conclusión deste atropelo. Pero iso sería en condicións normais e nun país normal. Lamentablemente, non é o caso.
 
O inxusto xuízo a Egunkaria
Jabi Zabala   
Martes, 15 de Decembro do 2009
 Aínda que nos pareza que os argumentos da acusación non teñen base argumentativa algunha, aínda que vexamos fortes aos da defensa, non debemos esquecer que nestes xuízos nunca se sabe, de que son fortes condenas as que están en xogo, que bastante sufriron xa os procesados, unhas persoas cuxo único delito foi pór en marcha un diario en éuscaro.
 
Faq sobre o caso Egunkaria
Imanol Murua   
Martes, 15 de Decembro do 2009
FAQ do caso, recopilado polo xornalista de Egunkaria Imanol Murua para  Sustatu.
 
Egunkaria e Santa Lucía
Mariano Ferrer   
Martes, 15 de Decembro do 2009
 Quen non estea ao tanto da marcha do proceso poderá pensar, e non lo culpo, que esaxero, que fago unha interpretación interesada do caso. Eu, no seu lugar, sospeitaría o mesmo porque custa crer que tras sete anos de instrución a acusación contra Egunkaria siga sustentada no escrito naqueles papeis de principios dos noventa sen que nada novo se puidera engadir.
 
É lexítimo o lehendakari López?
Manoel Santos   
Martes, 12 de Maio do 2009
 Manoel Santos-. Co asalto á Lehendakaritza consumado, nada parece indicar que o ilexítimo goberno PP-PSOE vaia solucionar os males euscaldúns polo simple feito de ter afastado o PNV do poder…
 
Egunkaria: cinco anos de vergonza
Imanol Dorca   
Martes, 26 de Febreiro do 2008
 O 5 de febreiro cumpríronse 5 anos do peche, a mans a Guardia Civil e por orde da Audiencia Nacional, do que naquel intre era o único xornal en eusquera Egunkaria, e de cuxas cinzas xurdiu o actual Berria.
 
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 16 de 17