|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Luns, 16 de Agosto do 2010 |
|
X. M. Beiras-. Cando se tratar dun proceso de emancipación nacional, o problema do suxeito protagonista e das alianzas precisas para acadárese o trunfo -problema do que o ideoloxema dos "dous mundos", nas loitas pola revolución social, víramos que resultou ser unha vía de solución errada- plantéxase en duas dimensións ou, se preferides, proxéctase en dous eixos de coordenadas diferentes que compre combinar con acerto. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Luns, 09 de Agosto do 2010 |
|
X. M. Beiras-. A primordial relevancia desa rotunda descalificación da doutrina dos "dous mundos" atinxe á estratexia das alianzas de clase cara un proceso revolucionário. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Luns, 02 de Agosto do 2010 |
|
X. M. Beiras-. Remexo nos meus libros, e revisito a Domènech* na procura da sua lucidez. Leo: "E mentras que, na tradición política da democracia social revolucionaria de Marx e Engels no 1848, a tarefa asignada á clase obreira industrial era encabezar o movemento do dêmos todo, de tódolos dominados na "sociedade civil moderna"… |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Xoves, 29 de Xullo do 2010 |
|
X. M. Beiras-. Como seguramente ben sabedes, esas "Mitoloxías" son textos breves escritos por Roland Barthes a meiados dos anos cincuenta do pasado século, publicados mensualmente case todos iles na revista "Les Lettres nouvelles" durante un par de anos, recollidos logo en libro aló polo 1957 e posteriormente aparecidos en sucesivas reedicións. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Martes, 20 de Xullo do 2010 |
|
X. M. Beiras-. A natureza fraudulenta das políticas "de austeridade" radica, para empezar, en que a austeridade non é de ningún xeito o obxetivo que persiguen. Lonxe diso, a finalidade desas políticas consiste en "axustar" o funcionamento económico da sociedade… |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Luns, 19 de Xullo do 2010 |
X. M. Beiras-. Conteivos o dia pasado que estaba recén chegado de Nantes, onde viña de participar no IV Forum Mundial dos Dereitos Humáns. Dito sexa de paso, eu gosto máis da expresión francesa, "Droits de l"Homme". |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Luns, 05 de Xullo do 2010 |
X. M. Beiras-. Escribo a lume de carozo recén chegado de aló, e espelido por intermitentes groliños dun Porto de dez anos, galano da miña irmá Pepa, a do Rompido, no linde oriental do Al-Garb, ou sexa, o confin oucidental do califato de Bagdad, máis logo do de Córdoba. Recén chegado de aló, díxenvos. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Luns, 28 de Xuño do 2010 |
|
X. M. Beiras-. A crise grega confirmou que Europa, como unión política, xa non existe. O euro non resistiu ás ofensivas que sufriu, pesia ser a moeda dunha das rexións máis ricas e industrializadas do mundo, sinxelamente porque non tiña o respaldo dun sistema político sólido e coerente… |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Luns, 21 de Xuño do 2010 |
X. M. Beiras-. Dixéravos o dia pasado que en Maastricht, co parto do TUE (1992), a Europa do capital financeiro encetara a camiñata que acabaría por convirtirnos, aos cidadáns do común, en "escravos do euro". Referírame a certos pronósticos disonantes da reinante eufória "euro-optimista", no entón alcuñados de "catastrofistas", que logo ían resultar premonitórios. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Domingo, 13 de Xuño do 2010 |
|
X. M. Beiras-. "Unha política monetarista contumaz, ao servizo do capital financeiro, dirixida á criación dun Sistema Europeu de Bancos Centrais (SEBC) e un Banco Central Europeu (BCE) reservados aos máis fortes, centrada tan só en impor uniformidades formais e nominais, e desentendida das diverxencias socioeconómicas reais que vai enxendrar ou agravar". |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Luns, 07 de Xuño do 2010 |
X. M. Beiras-. Si, sen dúbida ningunha. O martes pasado, Miguel Anxo Fernán Vello rotulaba coa interrogación Israel, ¿Estado asasino? un valente artigo de urxencia en GH referido ao asasino ataque do exército israelí contra a pacifista "Frotiña da Liberdade" que tentaba levar axuda humanitaria á poboación palestina sometida a bloqueo en Gaza polo Estado sionista. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Luns, 31 de Maio do 2010 |
X. M. Beiras-. Xa era así cando nos coñecimos, inda ben novos il e máis eu. No período da miña mocedade no que vivin e traballei en Vigo, para a editorial Galaxia e a recén constituída Fundación Penzol. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Domingo, 23 de Maio do 2010 |
|
X.M. Beiras-. "There are several ways to love Galiza", ou "Hai varios gheitos de amar a Ghalicia" ou "La maté porque era mía". De xeito que non é que vaia ensaiar eu hoxe eiquí o cómico trilingüismo pra badocos de vila podre. Non é debido a iso o rótulo trilingüe ou cousa así da miña prédica -e digo cousa así por mor do castrapo intercalado, o único modelo lingüistico que se me resiste. Non. É que "hay amores que matan" -en español. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Domingo, 16 de Maio do 2010 |
X. M. Beiras-. Ao comenzo desta crise financeira, Susan George dicía, con razón, que non era unha crise de diñeiro: "hai hoxe no mundo máis diñeiro que nunca antes na historia da humanidade; o problema é que está máis que nunca concentrado nunhas poucas mans privadas, á marxe do control democrático dos cidadáns e utilizado en dirección inversa ás necesidades de benestar da xente do común". |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Domingo, 09 de Maio do 2010 |
|
X. M. Beiras-. Fora un poeta, e non un economista, quen escribira aquilo tan certo de que "solo el necio confunde valor con precio". |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Luns, 03 de Maio do 2010 |
|
X. M. Beiras-. Se é que non vos indixestáchedes coa enchenta de cereixas do outro día, daquela proseguirei. E fareino pasándomos a examinar, sequer sexa ás apalpadas, as diferentes dimensións da crise. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Domingo, 25 de Abril do 2010 |
|
X. M. Beiras-. O actual sistema-mundo constitue un conglomerado de formacións sociais artellado polo modo de produción capitalista, que ocupa nel unha posición e un rol dominantes. É neste senso no que se pode denominar capitalista ao sistema no seu conxunto, inda que en boa parte do seu espazo e das formacións sociais que o integran esteñan vixentes modos de produción non-capitalistas ou pre-capitalistas -primordialmente na periferia do sistema, mais non só… |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Domingo, 18 de Abril do 2010 |
|
X. M. Beiras-. Na procura dunha diagnose, comecemos pola índole ou natureza da crise. Que non é a que parece, non consiste nos síntomas nos que se manifesta -como non consiste na calentura a índole dunha pulmonía- senón na doenza do corpo social que xenera eses síntomas –tais coma o estoupido da burbulla financeira ou da inmobiliaria, ou a proliferación do desemprego. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Domingo, 11 de Abril do 2010 |
|
X. M. Beiras-. A revolta é a única solución non ilusoria para a situación colonial: cedo ou tarde, o colonizado acaba por descubrilo. A sua condición é absoluta e, como tal, reclama unha solución absoluta tamén: unha ruptura, e non un compromiso. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Luns, 05 de Abril do 2010 |
X.M. Beiras-. Retrato do colonizado magrebí de outrora ou retrato actual dos pailáns de cidade de acó modelo "pacovázquez et allia"?. Vós veredes: "Algúns colonizados conseguiron práticamente desaparecer dentro do grupo colonizador; mais é evidente que un drama colectivo nunca poderá ser resolto con base en solucións individuais". |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Domingo, 28 de Marzo do 2010 |
Di Memmi que "a situación colonial fabrica colonialistas do mesmo modo que fabrica colonizados". Permitídeme que hoxe pase da outra banda do espello para vos ofrecer, desta vez, algúns retrincos do retrato do antagonista, ou sexa, do colonizador. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Luns, 22 de Marzo do 2010 |
X. M. Beiras-. Foi polos Santos Inocentes do 2005 cando escribin un texto que daquela tiduara "Un conto de aninovo: "Animal Farm" . Vouno repescar hoxe para vós, inda que interrumpa así a série de glosas que encetara encol do "Retrato do colonizado" de Memmi, mais coido que cheguei a un punto no que me compre refrescarmos a memoria. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Domingo, 14 de Marzo do 2010 |
|
X.M. Beiras-. Coido que o texto deste retrinco é tan elocuente que, en rigor, non precisa glosa ningunha: calquer leitor que coñeza un pouco a nosa realidade histórica e sociolóxica xenuina poderá facer, por si mesmo, as lenes correccións de "diferencias específicas" necesarias para unha transposición axustada ao feitío desa nosa realidade. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Luns, 08 de Marzo do 2010 |
|
X. M. Beiras-. Pois hoxe, ano de des-gracia do 2010, a brigada de demolicións e limpeza étnica empoleirada na Xunta de Galicia ven de eliminar o requisito de saber galego para ser profesor/a no ensino medio público e oficial dunha "comunidade autónoma" que no seu Estatuto declara ao galego idioma co-oficial... e "propio de Galicia". |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Luns, 01 de Marzo do 2010 |
X. M. Beiras-. O texto que veño de transcribir para vós non é dun sociolingüista nacionalista galego radical do século pasado. Ben podería ser, mais non. É un retrinco tirado do Retrato do colonizado, do tunesino Albert Memmi: un clásico na escorrentía do pensamento desalienador que tánto contribuíu á gomariza de procesos africanos de auto-descolonización e liberación nacional dende meiados do s. XX. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Domingo, 21 de Febreiro do 2010 |
|
X. M. Beiras-. Con poucos días entremedias, un e outro finaron no mes de xuño do pasado ano. Prematuramente, dende o punto de mira da miña actual idade: un diles era práticamente do meu tempo, o outro dez anos máis novo ca min. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Domingo, 14 de Febreiro do 2010 |
X. M. Beiras-. Socialmente, loucura e explotación de clase van de par. Non quer dicir isto que a segunda determine á primeira, senón que é un factor de xeración social dese síndrome e, sobre todo, un determinante da forma de resposta do poder -social e institucional- a esa conduta como problema. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Domingo, 07 de Febreiro do 2010 |
X. M. Beiras-. Había ben tempo que non me sentía tan reconfortado no meu labor político: "Déchedesme a primeira grande alegría destes últimos dez anos" -foi o que lles dixen, o meu xeito de lles transmitir a miña ledicia polo que viña de acontecer ao longo de aquela intensa xornada de diálogo e debate sen cancelas. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Domingo, 31 de Xaneiro do 2010 |
|
X. M. Beiras-. Metérase en internet, e por ese vieiro achara programas de información na materia e conectara con asociacións que promovían e difundían na rede unha nova cultura forestal, máis racional e axeitada ás condicións do medio natural en cada caso. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Domingo, 24 de Xaneiro do 2010 |
X. M. Beiras-. Fora a atmosfera contaminada pola cobiza dun efémero poder. Fora a intoxicación do veleno inoculado dende tempo atrás en relacións que deberan ser fraternas. Fora a indignación represada día tras día e máis ao longo de toda a xornada, a impotencia fronte ao roubo das nosas propias mensaxes para prostituílas, o noxo perante a treizoeira conduta hipócrita dalgúns pretensos compañeiros pretensamente copartícipes de proxectos e morada na casa común. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Luns, 18 de Xaneiro do 2010 |
|
X. M. Beiras-. Sentín anguria e melanconía. Tróuxome á memoria outro texto dun xénero ben diferente, pero igualmente aguniante: a segunda parte do Informe Lugano de Susan George. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Domingo, 10 de Xaneiro do 2010 |
|
X. M. Beiras-. O complexo "O Castro-Sargadelos" é o resultado dun insólito proceso de creación colectiva inspirado, propulsado e catalizado por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane. Encetouno Isaac xa hai máis de meio século. Hoxe constitúe un Patrimonio cultural da Galiza enteira. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Luns, 04 de Xaneiro do 2010 |
|
X. M. Beiras-. O informe, moi enxoito e conciso, relataba e avaliaba, en cadanseu apartado, o desenvolvemento da xornada eleitoral, o territorio percorrido e colexios visitados polos observadores, a orgaización das mesas eleitorais, o proceso de escrutinio e reconto dos votos, e a comunicación e anuncio dos resultados. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Mércores, 30 de Decembro do 2009 |
|
X. M. Beiras-. Seica na beiramar do Baix Penedès chove unha vez ao ano e vai frío cada tres. Pois o domingo da consulta cadraron os dous fenómenos xuntos… |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Domingo, 20 de Decembro do 2009 |
|
X. M. Beiras-. O movemento cívico orgaizador da consulta refugara en todas partes ter apoio institucional ningún, nen económico nen loxístico. O traballo fixérano moitos milleiros de voluntari@s por todo o país adiante… |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Domingo, 13 de Decembro do 2009 |
|
X. M. Beiras-. Outono do 1995. O Parlamento de Galiza enceta o proceso de tramitación e debate dun proxecto de lei da Xunta de Fraga regulador das Caixas de Aforros. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Luns, 07 de Decembro do 2009 |
|
X. M. Beiras-. No vran do 1985, portanto aínda na primeira lexislatura da recén estreada Autonomía política galega, o Parlamento de Galiza madrugou en aprobar unha lei -Lei 7/1985 de 17 de xullo- reguladora das Caixas de Aforros. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Martes, 01 de Decembro do 2009 |
|
X. M. Beiras-. Non me non reprendades. Non esquecín aquilo de que "o capital non ten patria" -nin falla que lle fai. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Domingo, 22 de Novembro do 2009 |
|
X. M. Beiras-. …no canto de encetaren unha liña tan sequer reformista, de retorno a esquemas neo-keynesiáns -por caso, na versión green new-deal propugnada polo Nobel Stiglitz e compañeiros mártires- de regulación macroeconómica da demanda e oferta globais, o sistema monetario e os mercados de capitais, no canto diso, digo, teiman no recetario ultra-liberal que fracasou clamorosamente nos tres últimos decenios. |
|
|
Xosé Manuel Beiras
|
|
Luns, 16 de Novembro do 2009 |
X. M. Beiras-. A fusión implica un cambio de estado da materia; a fisión atinxe á sua estrutura nuclear. A fusión muda un corpo sólido nun fluido líquido; a fisión desintegra os seus átomos. |
|