"Retrato do colonizado": retrincos e glosas (II)
Xosé Manuel Beiras   
Luns, 08 de Marzo do 2010
X. M. Beiras-. Pois hoxe, ano de des-gracia do 2010, a brigada de demolicións e limpeza étnica empoleirada na Xunta de Galicia ven de eliminar o requisito de saber galego para ser profesor/a no ensino medio público e oficial dunha "comunidade autónoma" que no seu Estatuto declara ao galego idioma co-oficial... e "propio de Galicia".
 
"Retrato do colonizado": retrincos e glosas (I)
Xosé Manuel Beiras   
Luns, 01 de Marzo do 2010
 X. M. Beiras-. O texto que veño de transcribir para vós non é dun sociolingüista nacionalista galego radical do século pasado. Ben podería ser, mais non. É un retrinco tirado do Retrato do colonizado, do tunesino Albert Memmi: un clásico na escorrentía do pensamento desalienador que tánto contribuíu á gomariza de procesos africanos de auto-descolonización e liberación nacional dende meiados do s. XX.
 
In memoriam: Arrighi e Gowan en galego
Xosé Manuel Beiras   
Domingo, 21 de Febreiro do 2010
X. M. Beiras-. Con poucos días entremedias, un e outro finaron no mes de xuño do pasado ano. Prematuramente, dende o punto de mira da miña actual idade: un diles era práticamente do meu tempo, o outro dez anos máis novo ca min.
 
Eloxio da loucura
Xosé Manuel Beiras   
Domingo, 14 de Febreiro do 2010
 X. M. Beiras-. Socialmente, loucura e explotación de clase van de par. Non quer dicir isto que a segunda determine á primeira, senón que é un factor de xeración social dese síndrome e, sobre todo, un determinante da forma de resposta do poder -social e institucional- a esa conduta como problema.
 
A rebeldía en rolda
Xosé Manuel Beiras   
Domingo, 07 de Febreiro do 2010
 X. M. Beiras-. Había ben tempo que non me sentía tan reconfortado no meu labor político: "Déchedesme a primeira grande alegría destes últimos dez anos" -foi o que lles dixen, o meu xeito de lles transmitir a miña ledicia polo que viña de acontecer ao longo de aquela intensa xornada de diálogo e debate sen cancelas.
 
As nogueiras
Xosé Manuel Beiras   
Domingo, 31 de Xaneiro do 2010
X. M. Beiras-. Metérase en internet, e por ese vieiro achara programas de información na materia e conectara con asociacións que promovían e difundían na rede unha nova cultura forestal, máis racional e axeitada ás condicións do medio natural en cada caso.
 
O lamazal -ou "A traizón dos menestrais"
Xosé Manuel Beiras   
Domingo, 24 de Xaneiro do 2010
 X. M. Beiras-. Fora a atmosfera contaminada pola cobiza dun efémero poder. Fora a intoxicación do veleno inoculado dende tempo atrás en relacións que deberan ser fraternas. Fora a indignación represada día tras día e máis ao longo de toda a xornada, a impotencia fronte ao roubo das nosas propias mensaxes para prostituílas, o noxo perante a treizoeira conduta hipócrita dalgúns pretensos compañeiros pretensamente copartícipes de proxectos e morada na casa común.
 
"O primeiro século despois de Béatrice"
Xosé Manuel Beiras   
Luns, 18 de Xaneiro do 2010
X. M. Beiras-. Sentín anguria e melanconía. Tróuxome á memoria outro texto dun xénero ben diferente, pero igualmente aguniante: a segunda parte do Informe Lugano de Susan George.
 
Manifesto a prol d"O Castro e Sargadelos
Xosé Manuel Beiras   
Domingo, 10 de Xaneiro do 2010
X. M. Beiras-. O complexo "O Castro-Sargadelos" é o resultado dun insólito proceso de creación colectiva inspirado, propulsado e catalizado por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane. Encetouno Isaac xa hai máis de meio século. Hoxe constitúe un Patrimonio cultural da Galiza enteira.
 
Crónica dun referendum insólito. III. Un de cada catro
Xosé Manuel Beiras   
Luns, 04 de Xaneiro do 2010
X. M. Beiras-. O informe, moi enxoito e conciso, relataba e avaliaba, en cadanseu apartado, o desenvolvemento da xornada eleitoral, o territorio percorrido e colexios visitados polos observadores, a orgaización das mesas eleitorais, o proceso de escrutinio e reconto dos votos, e a comunicación e anuncio dos resultados.
 
Crónica dun referéndum insólito. II. Votan os "sen papeis"
Xosé Manuel Beiras   
Mércores, 30 de Decembro do 2009
X. M. Beiras-. Seica na beiramar do Baix Penedès chove unha vez ao ano e vai frío cada tres. Pois o domingo da consulta cadraron os dous fenómenos xuntos…
 
Crónica dun referendum insólito. I. "Por Santa Lucía...", en Catalunya
Xosé Manuel Beiras   
Domingo, 20 de Decembro do 2009
X. M. Beiras-. O movemento cívico orgaizador da consulta refugara en todas partes ter apoio institucional ningún, nen económico nen loxístico. O traballo fixérano moitos milleiros de voluntari@s por todo o país adiante…
 
O enguedello das "caixas" V. "Blow up"
Xosé Manuel Beiras   
Domingo, 13 de Decembro do 2009
X. M. Beiras-. Outono do 1995. O Parlamento de Galiza enceta o proceso de tramitación e debate dun proxecto de lei da Xunta de Fraga regulador das Caixas de Aforros.
 
O enguedello das "caixas" IV "Flash-back"
Xosé Manuel Beiras   
Luns, 07 de Decembro do 2009
X. M. Beiras-. No vran do 1985, portanto aínda na primeira lexislatura da recén estreada Autonomía política galega, o Parlamento de Galiza madrugou en aprobar unha lei -Lei 7/1985 de 17 de xullo- reguladora das Caixas de Aforros.
 
O enguedello das "caixas" III. Capital "do norte", capital "do sur"
Xosé Manuel Beiras   
Martes, 01 de Decembro do 2009
X. M. Beiras-. Non me non reprendades. Non esquecín aquilo de que "o capital non ten patria" -nin falla que lle fai.
 
O enguedello das "caixas" II. Fisión, que non fusión
Xosé Manuel Beiras   
Domingo, 22 de Novembro do 2009
X. M. Beiras-. …no canto de encetaren unha liña tan sequer reformista, de retorno a esquemas neo-keynesiáns -por caso, na versión green new-deal propugnada polo Nobel Stiglitz e compañeiros mártires- de regulación macroeconómica da demanda e oferta globais, o sistema monetario e os mercados de capitais, no canto diso, digo, teiman no recetario ultra-liberal que fracasou clamorosamente nos tres últimos decenios.
 
O enguedello das ‘caixas’. I. Fusión ou fisión?
Xosé Manuel Beiras   
Luns, 16 de Novembro do 2009
 X. M. Beiras-. A fusión implica un cambio de estado da materia; a fisión atinxe á sua estrutura nuclear. A fusión muda un corpo sólido nun fluido líquido; a fisión desintegra os seus átomos.
 
"Soberanos e intervenidos" (V). Epílogo provisório: "L"Espagne est en vente"
Xosé Manuel Beiras   
Luns, 09 de Novembro do 2009
X. M. Beiras-. Desque o proceso constituinte do post-franquismo español tivo como desenlace -espriqueivolo o dia pasado- unha paradóxica "eutanasia constitucional" do Estado-nación, imponse estoutro interrogante: "Cabe falarmos de independencia cando o Estado é un referente nominal, do pasado?".
 
"Soberanos e intervenidos" (IV) Eutanasia constitucional
Xosé Manuel Beiras   
Luns, 02 de Novembro do 2009
X. M. Beiras-. Ben pode chamarse así, sen apenas metáfora, ao fenómeno resultante como desenlace do proceso descrito nas entregas anteriores desta minha mesma série.
 
"Soberanos e intervenidos" (III) Os cravos do cristo
Xosé Manuel Beiras   
Luns, 26 de Outubro do 2009
X. M. Beiras-. Disimulade a aparente irreveréncia -que non é tal- deste rótulo reversíbel: podería igualmente ser "o cristo dos cravos". Porque os "cravos" son -xa o adiviñárades- os caraveis bermellos da revolución de abril portuguesa, día 25, santa Herminia -o dia do "santo" da miña nai.
 
"Soberanos e "intervenidos" (II) O TNT de 1974
Xosé Manuel Beiras   
Martes, 20 de Outubro do 2009
 X. M. Beiras-. De modo que o destino do "pueblo soberano español" estaba predeterminado e precociñado o mesmiño que o fast-food dos McDonalds.
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 25 de 181