| Elas, as invisibles para os señores da historia |
| Alfredo Iglesias Diéguez | |
| Xoves, 03 de Abril do 2008 | |
O colectivo 8 de marzo cedeu a exposición ‘Mulleres na Historia’ ao STEG para que a difunda polos centros de ensino galegos.
Ao longo da historia as mulleres foron protagonistas dos principais acontecementos sociais e políticos: en 1789, cando foron un elemento decisivo no triunfo da revolución francesa; en 1871, cando defenderon xunto cos homes traballadores a Comuna de París; en 1917, cando en Petrogrado se manifestaron en demanda de “Pan, Paz e República”, dando comezo á Revolución Rusa…
As mulleres, porén, permaneceron invisibles para os señores da historia, que ocultaron a súa participación nos principais acontecementos e as relegaron a un papel secundario no eido político e social; fronte a esa invisibilización das súas loitas e fronte a marxinación a que eran sometidas, as mulleres organizaron a súa loita a partir de 1848, ano no que a Convención de Seneca Falls marcou o inicio da loita das mulleres polo recoñecemento da igualdade de dereitos. Hoxe os logros son moitos; porén, fronte aos logros, aínda queda un gran reto: eliminar a desigualdade salarial no eido laboral e reducir as enormes taxas de pobreza e marxinación que afectan sobre todo ás mulleres. Coa finalidade de achegar ese papel protagonista das mulleres na historia e de facer visible a loita pola igualdade, o Colectivo 8 de Marzo do IES A Pontepedriña de Santiago, elaborou unha exposición didáctica en marzo de 2007 na que, ao longo de 60 paneis de tamaño A3, se pode realizar un detallado percorrido histórico, dende as primeiras reivindicacións feministas durante a Ilustración até as reivindicacións actuais, no que se pode identificar ás diferentes protagonistas da historia no seu axeitado marco histórico. O Colectivo 8 de Marzo, consciente da necesidade de que se coñeza esta historia que apenas aparece nos libros escolares, cedeu a exposición didáctica ao Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) para que a difunda polos centros educativos de Galicia, que a poden solicitar de balde durante dúas semanas nas sedes do sindicato ou no enderezo: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver . | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

O colectivo 8 de marzo cedeu a exposición ‘Mulleres na Historia’ ao STEG para que a difunda polos centros de ensino galegos.
As mulleres, ademais, participaron activamente en todas as loitas nas que a clase traballadora loitou por melloras salariais, laborais e sociais; velaí está a súa participación nas mobilizacións que a clase traballadora protagonizou nos últimos 160 anos.