| Os gobernos son os responsábeis do clima |
| Amigos da Terra | |
| Martes, 27 de Maio do 2008 | |
|
S.O.S. Clima-. Amigos da Terra Europa trata de obter compromisos dos gobernos para reducir as emisións de gases invernadoiro. S.O.S. Clima é parte da campaña de cambio climático de Amigos da Terra Europa "The Big Ask" (www.thebigask.eu), que ten por obxectivo conseguir que a Unión Europea e os seus países membros se comprometan a reducir as emisións de gases causantes do efecto invernadoiro nun 30% en 2020 e nun 90% en 2050. Para alcanzar este obxectivo os cidadáns e cidadás da UE poderán pórse en contacto tanto cos seus representantes políticos como coas institucións europeas para pedirlles:
A campaña arrancou en Galiza presentándose en roda de prensa o 22 de abril pasado en Santiago de Compostela, con motivo do Día da Terra. O día 30 de abril en Ourense a campaña saía á rúa. Tratábase de pingüíns afectados polo cambio climático percorrendo a cidade das burgas, escenifando os problemas e as solucións necesarias para minimizar o risco do quecemento global e pedindo a acción urxente dos gobernos. O grupo de ecoteatro foi dirixido por Daniele Tomassini. Neste verán a campaña ten previsto estar presente en festivais de música como Benicassim e Daydream. AntecedentesEn maio de 2005 o grupo de Amigos da Terra de Inglaterra, Gales e Irlanda del Norte (EWNI) lanzou por primeira vez a campaña "The Big Ask" co obxectivo de lograr unha lei de ámbito nacional que se compromete a reducir as emisións de CO2 ano a ano. Desde entón máis de 200.000 persoas contactaron cos seus representantes políticos, conseguindo que dous de cada tres apoien esta lei. Isto supón un éxito formidábel. En marzo de 2007 o Goberno de Reino Unido acordou introducir a nova lei. + INFO: Cristina Gómez | Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver | www.sosclima.org |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

S.O.S. Clima é parte da campaña de cambio climático de Amigos da Terra Europa "The Big Ask" (www.thebigask.eu), que ten por obxectivo conseguir que a Unión Europea e os seus países membros se comprometan a reducir as emisións de gases causantes do efecto invernadoiro nun 30% en 2020 e nun 90% en 2050. Para alcanzar este obxectivo os cidadáns e cidadás da UE poderán pórse en contacto tanto cos seus representantes políticos como coas institucións europeas para pedirlles: