Israel un estado terrorista
Adolfo Pérez Esquivel   
Sábado, 15 de Xullo do 2006

[Tirado de altercom . Traducido por altermundo.org] 

Sempre apoiei ao pobo xudeu; un pobo que sufriu o Holocausto, a diáspora, persecucións, torturas e morte, pero que tivo dignidade , resistiu á opresión e loitou polos seus valores relixiosos, culturais e unidade do pobo.

Sinalei en forma reiterada, e engadin a miña voz a moitas outras no mundo, que o pobo de Israel ten dereito á súa existencia ; pero que tamén ten os mesmos dereitos o pobo palestino, hoxe oprimido e masacrado polo Estado de Israel.

É doloroso ter que sinalar os comportamentos aberrantes que o Estado de Israel vén cometendo contra o pobo palestino, atacando, destruíndo, oprimindo e masacrando á poboación, mulleres, nenos, mozos son vítimas desas atrocidades que non podemos calar e debemos denunciar e reclamar ¡ BASTA!

Derribouse o Muro de Berlín, pero se levantaron outros muros como o que Israel levantou para dividir ao pobo palestino. Crendo que iso lles dá máis seguridade, pola contra xera maior enfrontamento, dor e división.

Pero os muros máis difíciles de derribar son os que existen na mente e o corazón, os muros da intolerancia e o odio. Os ataques a destrución e morte en Gaza e o Líbano e as ameazas permanentes a outros pobos, levaron ao Estado de Israel a transformarse nun Estado terrorista, utilizando as torturas, os ataques á poboación civil onde as vítimas son mulleres e nenos. ¿Ata cando continuará esa política do terror?

Sabemos que non todo o pobo de Israel está de acordo coa política de destrución e morte levada adiante polo goberno israelí, apoiado polos Estados Unidos e o silencio dos gobernos europeos; cómplices do horror desatado no medio Oriente. Están aqueles, tanto dentro de Israel e de Palestina, que desexan o diálogo, a resolución do conflito e o respecto á existencia dos dous pobos.

Iso é posible se existe a vontade política e dos pobos en logralo, co apoio da comunidade internacional.

Lamentablemente as Nacións Unidas perderon presenza, coraxe e decisións para poder aportar á solución do enfrontamento entre os dous pobos, situación que pon en serio risco a Paz mundial. A ONU foi avasallada polas grandes potencias e úsana cando responden aos seus intereses e non ás necesidades da humanidade. É necesaria unha reforma profunda e democratizar as súas estruturas e facela máis operativa e eficaz en ben dos pobos.

É certo que hai ataques e feitos de violencia desatados por sectores do pobo palestino que reclaman os seus dereitos. Non é a través da violencia, que xera máis violencia entre as partes, como se resolverá o conflito. O Mahatma Gandhi dicía que se se aplica o "ollo por ollo, terminaremos todos cegos".

Os gobernantes do Estado de Israel estanse quedando cegos e arrastrando ao pobo ao abismo. É necesario que a comunidade internacional reaccione e deteña a tolemia dos gobernos, antes que sexa tarde. Pero máis necesario é que os israelitas e os palestinos reaccionen e comprendan que non poden seguir matándose.

Os responsabeis da barbarie teñen que parar a tolemia na que se atopan, sen saída algunha. Deben facelo en ben dos pobos e a humanidade.

Adolfo Pérez Esquivel

Premio Nóbel da Paz.Arxentino, arquitecto e escritor.

Altercom

Axencia de Prensa de Ecuador. Comunicación para a Liberdade.

 
< Ant.   Seg. >