O Bloqueo: un desastre da Casa Branca
Elizabeth Noriega   
Domingo, 12 de Outubro do 2008

Alberto Velazo San JoséElizabeth Noriega-. "De repetirse un resultado similar ao de anos anteriores será a décimo sexta vez que a administración norteamericana asista ao repudio da súa guerra silenciosa contra Cuba sen distinción de raza, sexo ou idade", apuntou o embaixador de Cuba no Estado español.

Na súa pretensión de aniquilar ao proceso cubano, o cerco imposto desde 1962 e mantido polos sucesivos gobernos norteamericanos exhibe un fracaso máis clamoroso aínda cando chega outubro e a comunidade internacional, reunida durante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, manifesta o seu rexeitamento cunha votación convincente. Este ano a resolución cubana 62/3 transcende xa ante a opinión pública polo peso da denuncia que anticipa outra desfeita de Wáshington fronte ao concerto das nacións.

Recentes declaracións á prensa do embaixador cubano en España, Alberto Velazco San JoséAlberto Velazco San José, detallan con cifras o que cualificou dunha aplicación brutal da política do bloqueo. Só nun ano (2007-2008) as afectacións contra a saúde pública en Cuba calcúlanse en máis de 25 millóns de dólares debido ao emprego de intermediarios para a adquisición de produtos e equipos que tamén se encarecen ao proceder de mercados distantes.

Semellantes disquisicións son incomprensíbeis entre nenos con problemas cardiovasculares que integran unha lista de espera para ser sometidos a cirurxía a corazón aberto debido á negativa da empresa Boston Scientific e Amplatzer, que non quixo negociar a venda dos dispositivos requiridos ao realizar cateterismos intervencionistas e outras técnicas de peche de defectos congénitos do corazón. A angustia compartida entre pacientes, familiares e doutores é só un dos exemplos palpábeis sobre os danos que acreditan a dimensión criminal do bloqueo.

As múltiples afectacións explican o título da resolución cubana ante a ONU: "Necesidade de pór fin ao bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos de América contra Cuba" e cuxa votación está prevista para o próximo 29 de outubro. "De repetirse un resultado similar ao de anos anteriores será a décimo sexta vez que a administración norteamericana asista ao repudio da súa guerra silenciosa contra Cuba sen distinción de raza, sexo ou idade", apuntou o diplomático cubano.

A pesar do pau, Estados Unidos mantivo o bloqueo máis longo da historia e até o 2007 provocara na illa perdas económicas superiores a 93 mil millóns de dólares. Cuba respondeu con vontade propia a ese asedio e bota por terra a fantasiosa eficacia do urdido para dobregala. En consecuencia o bloqueo tamén é un fracaso da Casa Branca.


Elizabeth Noriega
Sobre o autor ou autora:
Xornalista
Ler máis >>

 
< Ant.   Seg. >