Iniciativa pola Soberania Alimentar dos Pobos
Artigos de Xosé Manuel Beiras
Foro Social Mundial, a hora da verdade
Esther Vivas   
Martes, 03 de Febreiro do 2009

 Esther Vivas-. A crise do capitalismo e a súa incapacidade para garantir unha vida digna á maior parte da humanidade e un respecto ao medio ambiente marcou de cheo a 9ª edición do Foro Social Mundial.

A crise sistémica do capitalismo coas súas múltiples facetas, financeira, enerxética, social, ecolóxica, alimentaria... e a súa incapacidade para garantir unha vida digna á maior parte da humanidade e un respecto ao medio ambiente marcou de cheo a 9ª edición do Foro Social Mundial (FSM). Un contexto que pon de relevo a necesidade urxente de suscitar alternativas radicais, no sentido de ir á raíz dos problemas, e emancipatorias ao sistema capitalista.

O impacto da crise obriga a profundizar na crítica e a mobilizar a favor dunhas propostas que poñan no centro da política e da economía ás persoas e ao ecosistema. As alternativas xurdidas no marco do FSM apuntan nesta dirección: garantir a soberanía alimentaria e enerxética; nacionalizar a banca sen indemnización e baixo control social; retirada inmediata das tropas de ocupación e desmantelamento das bases militares estranxeiras; redución do tempo de traballo sen disminución do salario; dereito á terra e a unha educación e a unha sanidade pública, entre outros.

Quince anos despois do alzamento zapatista en Chiapas e a case dez da eclosión deste novo internacionalismo das resistencias en Seattle, evidenciouse a necesidade de ir máis aló nos debates estratéxicos e repensar a relación entre a acción política e a acción social. Na medida en que as resistencias á globalización atopaban dificultades ante a profundización das políticas neoliberais, en que o crecemento lineal do movemento se desvanecía, en que se suscitaban novos retos fronte ao cambiante contexto político e económico, como sinala o filósofo Daniel Bensaïd, deuse, nestes últimos anos, un retorno da "cuestión política". Así quedou reflectido nesta edición do FSM.

*Artigo aparecido en Público, 01/02/09.

Esther Vivas
Sobre o autor ou autora:
Coordinadora de sensibilación da Xarxa de Consum Solidari (XCS).
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >
PuntoGal
Ciberirmandade da Fala