| "O que vai pasar no meu país é un acto lexítimo e popular" |
| Elizabeth Noriega | |
| Xoves, 12 de Febreiro do 2009 | |
Elizabeth Noriega-. Entrevista a David Nieves Banch, cónsul xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo con motivo do referendo pola emenda á Constitución.
Este domingo o pobo venezolano acode novamente ás urnas para decidir se aproban ou non que calquera cidadán ou cidadá en exercicio dun cargo de elección popular poida volver presentar a súa candidatura en procesos continuos, pero só serán os electores quen determinarán cos seus votos aos elixidos. Pregunta: Para o futuro venezolano cal sería a dimensión dun triunfo do si o vindeiro domingo? O presidente Hugo Chavez declarou que debemos derrotar o triunfalismo porque aprendendo dos nosos erros nós comprendemos que nas eleccións anteriores un dos principais desacertos foi o presaxio dunha vitoria segura. Con esa crenza o movemento chavista non desenvolveu unha campaña eficiente e a realidade demostrounos despois que perdemos aquel proceso por unha pequena cantidade de votos e cando revisamos a fondo atopamos que o chavismo foi un dos principais abstencionistas nese momento. Como consecuencia desa abstención gañou a dereita. A vitoria do vindeiro domingo pasa por derrotar primeiro ao abstencionismo. Pregunta: E no caso desta campaña que estratexia se seguiu? RESPOSTA: Fundamentalmente o contacto directo cos electores. Os activistas do Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) foron casa por casa e segundo as últimas enquisas o SI esta gañando cun resultado que oscila entre o 54% e o 56% contra o NON (entre o 36% e o 39%). Estas son as informacións que temos e cremos que esta vitoria consolidará o proceso revolucionario ademais de que representa un triunfo na loita contra o imperialismo. Aquí no consulado estamos seguros de que imos gañar as eleccións. Eu debería facer unha valoración neutral pero ante todo fago gala da verdade e por iso dígoo dun xeito contundente. Pregunta: Xa que menciona o consulado: Cales son os preparativos para este domingo? RESPOSTA: En Venezuela hai ao redor de 18 millóns de electores, dos cales 57 mil están repartidos polo mundo. Na cidade de Vigo temos 1.284 venezolanos inscritos que poden vir votar desde as 9:00 ata as 18.00. As portas do consulado estarán abertas para que acudan a votar. Nós só os animamos a que participen e dean resposta a un deber cívico establecido na constitución. Pregunta: A oposición expón que esta consulta perpetuará a presidencia de Hugo Chávez? RESPOSTA: A emenda non persegue iso. A emenda brinda a posibilidade de que Chávez poida presentarse a un próximo proceso electoral pero finalmente será o pobo o que determine quen será o presidente da república. A continuidade das postulaciones non é un invento venezolano. Así é, por exemplo, en 17 países da Unión Europea. Chavez tería entón a posibilidade de ser candidato á presidencia noutras oportunidades. En España Felipe González foi electo e reelecto en 1982, 1986, 1989 e 1993. Este é unha formulación perfectamente democrática. Polo tanto o que vai pasar no meu país, é un acto lexítimo e popular. Ler tamén: Poden os españois censurar a emenda venezolana? | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


RESPOSTA: A vitoria do si, sería unha vitoria non só de Venezuela senón de toda a América Latina porque sería a consolidación dun proceso que conta con moitos aliados no continente: Ecuador, Bolivia, Paraguai, Arxentina, Brasil, Honduras, Nicaragua e Cuba. De aí o interese do pobo venezolano e a emoción que provocaría gañar este proceso.