| Consumir responsábel e conscientemente |
| Aninara Legarreta | |
| Xoves, 19 de Febreiro do 2009 | |
Aninara Legarreta e R. Carmelo Rguez. Padín-. Once colectivos galegos forman unha rede de consumo alternativo ao modelo antinatural e especulativo imperante
O xoves 27 de novembro pasado, tras seis longos meses de xestación, nacía en Santiago de Compostela a Rede Galega de Consumo Responsábel e Consciente, con once colectivos que agrupan máis de 1.500 asociados e asociadas e que facturan ao longo do ano preto dun millón de euros.
Facendo unha primeira caracterización de ditas organizacións podemos dicir que 1) son promovidas desde a cidadanía de forma colectiva e no ámbito local; 2) teñen un modelo de funcionamento democrático fundamentado en que cada socio ou socia ten un voto; 3) interveñen na economía tratando de acadar prezos xustos desde a produción ao consumo, eliminando intermediacións, promovendo a economía local e a mellora nas condicións laborais; 4) potencian a sustentabilidade condicionando a mudanza dos sistemas de produción e a través de circuítos curtos de comercialización; 5) son iniciativas non capitalistas, xa que a acumulación de capital non é o fin senón que o capital é un dos medios para satisfacer as necesidades das persoas e da sociedade como obxectivo prioritario e 6) a información e concienciación da súa base social e da sociedade a través de estratexias de cooperación en rede, na procura da transformación social do modelo socioeconómico e ambiental. Na Galiza as primeiras iniciativas de consumo responsábel baixo estas características xorden na segunda metade da década dos noventa do século XX, no eido do comercio xusto cos países de Sur e do consumo de produtos agroecolóxicos de carácter local. Son iniciativas que se formalizan a través de cooperativas e asociacións, mais moi poucas delas sobreviven até a actualidade, como son os casos da ONGD Amarante, presente hoxe en cinco localidades galegas, e das asociacións A Cova da Terra de Lugo e Panxea de Compostela. No novo milenio tense producido un novo proceso de creación de novas iniciativas froito da maduración de procesos anteriores de diversos colectivos sociais (ecoloxistas; dereitos dos animais…); do medre na concienciación de persoas e colectivos de intervir de xeito colectivo a través do consumo na transformación do modelo socioeconómico e ambiental; da referencia das experiencias xa consolidadas dentro e fóra da Galiza, e da promoción e apoio desde organizacións representativas do cooperativismo galego como a Federación Sinerxía. Como exemplos no ámbito do consumo ecobiolóxico podemos destacar as cooperativas de consumo Árbore de Vigo; A Xoaniña de Ferrol e Eirado de Compostela e a asociación de consumo Semente de Ourense. No ámbito do comercio xusto cos países de Sur destacar a creación da cooperativa de traballo Mundos de Vigo. Todas estas organizacións confluíron nun proceso de cooperación en rede como consecuencia do desenvolvemento de diversas iniciativas e actividades de divulgación, análise e debate con carácter permanente desde o ano 2004 en diversas localidades da xeografía galega onde existe interese en abordar esta temática, nomeadamente desde colectivos sociais. Os novos froitos deste proceso son a creación da dita Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel a finais do ano 2008, e a constitución no 2009 de dúas novas cooperativas de consumo ecobiolóxico n’A Coruña (Zocamiñoca) e en Pontevedra. A REDE POR DENTRO
- Representar e apoiar os intereses das organizacións de consumo responsábel e ecolóxico integrantes ante organizacións privadas, organismos públicos e sociedade civil, exercendo un papel de presión política diante dos mesmos. - Celar que a sociedade galega sexa receptiva aos principios da rede. - Promover actividades e iniciativas que divulguen un consumo crítico e responsábel, a agroecoloxía e a economía social. - Fortalecer e impulsar a organización de consumidores/as a través da formación, a cooperación comercial e o intercambio de experiencias, apoiando tamén a consolidación de novos grupos e colectivos. - Favorecer a intercooperación entre os grupos e con organizacións de produtoras, transformadoras, distribuidoras ecolóxicas sobre os valores e principios do comercio xusto; a equidade e a complementariedade de intereses. - Promover un sistema de información verídico e independente sobre os produtos e procesos de produción e distribución, que axuden os colectivos locais a tomar decisións responsábeis. COOPERATIVASA Xoaniña. Ferrol. +INFO: www.cooperativaxoaninha.org Eirado. Santiago de Compostela. +INFO: eirado.wordpress.com | www.eirado.org Zocamiñoca. A Coruña. +INFO: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver Cooperativa de Consumo Responsábel de Pontevedra . Pontevedra. +INFO: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver Cooperativa de Traballo Asociado Promundos. Vigo. +INFO: www.tiendamundos.com Árbore. Vigo. +INFO: www.arbore.org ASOCIACIÓNS Semente. Ourense. +INFO: www.semente.info Panxea. Compostela. +INFO: www.panxea.org A Cova da Terra. Lugo. +INFO: www.acovadaterra.org Amarante Setem para o Ecodesenvolvemento. Pontevedra, Vigo, Ourense, Ribadeo e Compostela. +INFO: www.amaranteong.org O FEITO E O QUE QUEDA POR FACERPartindo dos anteriores principios e obxectivos e dun diagnóstico definido pola necesidade de coñecemento mutuo, da curta idade das nosas organizacións, da insuficiente concienciación social no ámbito do consumo responsábel e da economía social, da insuficiente oferta e organización de produción ecobiolóxica local, entre outras causas, nos últimos dous anos as organizacións conformantes da Rede teñen intensificado o desenvolvemento de actuacións de forma conxunta como programas de fomento do cooperativismo e como fórmula para organizar o consumo responsábel; xornadas e talleres de consumo responsábel, de intercooperación no eido da comercialización e representación de intereses comúns, de mellora da xestión produtiva e da distribución; encontros con produtoras ecolóxicas para crear alianzas estratéxicas no produtivo e no político; encontros con outras experiencias similares doutros territorios. Tamén a Rede ten dado os seus primeiros pasos no ámbito representativo coa súa presentación como organización ante a Consellaría de Medio Rural para abordar a problemática dos transxénicos e o Plan de Fomento da Agricultura Ecolóxica 2008-13; a súa adhesión a Plataforma Anti-transxénicos de Galiza e a súa participación nas xornadas do Foro Social Galego celebradas o mes de decembro pasado en Compostela. Como adianto para 2009 do plano de traballo da Rede agárdase priorizar no ámbito interno a consolidación do modelo organizativo da mesma e apoiar a consolidación das organizacións asociadas. E no ámbito externo apoiar novos proxectos de consumo responsábel; potenciar e afianzar as relacións coas produtoras agroecolóxicas galegas no ámbito político e económico; apoiar a creación e consolidación de novas produtoras agroecolóxicas en territorio galego e cooperar con outras organizacións afíns aos nosos princípios no desenvolvemento de actividades de concienciación e educación no ámbito do consumo responsábel.
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|























Aninara Legarreta e R. Carmelo Rguez. Padín-. Once colectivos galegos forman unha rede de consumo alternativo ao modelo antinatural e especulativo imperante
A iniciativa nace nunha contorna xeral no que a progresiva conciencia polas persoas de que o consumo ten fortes consecuencias culturais, sociais, económicas e ambientais, e a posta en cuestionamento dun sistema de produción antinatural e especulativo desenvolvido pola industria desde a segunda metade do século XX, ten provocado por un lado varias loitas en todo o mundo contra algunhas das corporacións que son responsábeis dun modelo consumista e explotador e polo outro, o nacemento de organizacións que propoñen outro modelo de consumo, un consumo consciente e sustentábel.
As organizacións integrantes pretenden a través da Rede crear e consolidar sinerxías que permitan mellorar o seu traballo individual e conxunto baixo os principios de sustentabilidade, consumo consciente e responsábel, de desenvolvemento local e arraigamento social, o comercio xusto, a soberanía alimentar, a agroecoloxía, a economía social, a loita contra os transxénicos e a transformación social non capitalista. Estes principios tradúcense na consecución dos seguintes obxectivos estratéxicos:
Frei Betto-. Estou gravemente enfermo. Gostaria de manifestar publicamente minhas escusas a todos que confiaram cegamente em mim. Acreditaram em meu suposto poder de multiplicar fortunas. Depositaram em minhas mãos o fruto de anos de trabalho, de economias familiares, o capital de seus empreendimentos.
João Pedro Stédile-. Nos numerosos casos em que os camponeses foram ganhos para a agricultura industrial e adquiriram factores de produção produzidos pelas grandes corporações, agora confrontam-se com um encarecimento desses factores de produção muito superior à inflação.