| Quen asume a débeda ecolóxica de ENCE no Uruguai? |
| Verdegaia | |
| Sábado, 27 de Xuño do 2009 | |
Verdegaia-. Coincidindo coa manifestación contra ENCE en Pontevedra o 13 de Xuño, organizacións sociais de Uruguai e o Estado español pronúncianse sobre a venda das operacións do Grupo ENCE en Uruguai, denunciando os impactos sociais e ambientais que ENCE xerou nos últimos 10 anos no país sulamericano.
O pasado 18 de Maio a papeleira sueco-finlandesa Stora-Enso e a chilena Arauco anunciaron a compra das accións maioritarias das operacións da española ENCE en Uruguai por un valor de 253 millóns de Euros, os cais inclúen unha débeda de 33 millóns de Euros. A venda inclúe a adquisición de 130.000 hectáreas de terras e plantacións, 6.000 hectáreas de terras arrendadas, así como a totalidade das sociedades uruguaias propiedade de ENCE: Eufores S.A., Celulosa, Energía Punta Pereira S.A. e Zona Franca Punta Pereira S.A. Coa devandita venda, Arauco/StoraEnso converteranse na principal empresa forestal en Uruguai.
Entre os principais impactos sociais e ambientais non recoñecidos nen reparados por ENCE en Uruguai destacan:
O conxunto de danos sinalados implican unha Débeda Ecolóxica vixente, e non recoñecida nin asumida por parte de ENCE en Uruguai. Posto que a empresa española mantén a propiedade de 30.000 hectáreas de monocultivos de eucalipto en Uruguai, así como unha planta de chipeado con estaleiro en Montevideo para fornecer a demanda das plantas españolas como aquela de Huelva, dita Débeda séguese a incrementar polo que demandamos ao Goberno español actuar en consecuencia para dar cumprimento á Lei de Responsabilidade Ambiental. Perante esta situación, Ecologistas en Acción, Verdegaia e o Observatorio da Débeda na Globalización pregúntanse se os accionistas de Stora-Enso e de Arauco están dispostos a asumir, conxuntamente coa adquisición anunciada, os pasivos socioambientais de ENCE no Uruguai. Cuéstionase así mesmo, se ENCE reparará ás comunidades afectadas polas súas actividades empresariais, e se o Goberno español pagará compensacións ao pobo uruguaio polo súa co-responsabilidade ante os danos causados, ao apoiar con diñeiro público estas actividades prexudiciais en repetidas ocasións. En ocasión da manifestación en Pontevedra contra a contaminación de ENCE na ría pontevedresa o 13 de Xuño, faise un chamamento para unha mudanza do modelo de produción de papel, así como para unha redución drástica do seu consumo. Así mesmo, demándase a ENCE e ao Goberno español que recoñezan a Débeda Ecolóxica xerada en Uruguai e que os danos causados non só sexan restituídos, senón que ademais, se deteña a xeración deste tipo de danos. | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|























Verdegaia-. Coincidindo coa manifestación contra ENCE en Pontevedra o 13 de Xuño, organizacións sociais de Uruguai e o Estado español pronúncianse sobre a venda das operacións do Grupo ENCE en Uruguai, denunciando os impactos sociais e ambientais que ENCE xerou nos últimos 10 anos no país sulamericano.
Ante esta nova, organizacións da sociedade civil do Estado español expresan a súa crecente preocupación pola omisión nesta operación dos custos sociais e ambientais xerados por ENCE no país sulamericano desde hai 10 anos. De feito, unha extensa rede de organizacións de Uruguai e o Estado español denunciaron contínua e publicamente tanto os impactos socioambientales que reflicten unha total irresponsabilidade social corporativa demostrada por ENCE no seu actuar en Uruguai, como os posibeis danos que causaría o proxecto dunha nova planta de celulosa en Punta Pereira. Para o devandito proxecto, a Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación (CESCE) contemplara desde 2007 brindar apoio, con fundos públicos. Véxase por exemplo a
Catro potencias comerciais (G-4), Brasil, Estados Unidos, India e a Unión Europea, anunciaron este xoves na cidade alemá de Potsdam que desistían de seguir na procura dun acordo para a Rolda de Doha.
Boletín FSM 7 de maio de 2007. O proceso FSM 2008 estará caracterizado en 2008 por un conxunto de actividades conducidas rexionalmente e/ou localmente en todo o mundo e un día común de impacto global.